Gran Premio de Italia
O Gran Premio de Italia é un dos máis antigos eventos no calendario da Fórmula 1. O Gran Premio de Italia foi tamén unha das carreiras da primeira edición do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950, e celebrouse cada ano desde entón. A única outra carreira do campionato que se celebrou tódolos anos é o Gran Premio do Reino Unido, e as únicas outras carreiras de F1 inaugurais que aínda están no calendario son o Gran Premio de Mónaco e o Gran Premio de Bélxica. Todos os grandes premios de Italia de Fórmula Un desde 1950 celebráronse en Monza (agás en 1980, cando se celebrou en Imola). O Gran Premio de Italia contaba para a Eurocopa 1935-38. Foi designado como Gran Premio de Europa sete veces entre 1923 e 1967, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a unha carreira de grand prix en Europa.
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 |
Lonxitude | 5,793 km |
País | Italia |
Vixencia | 1921 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | monzanet.it… |
Historia
editarOrixes
editarO automobilismo sempre foi moi popular en Italia, o primeiro Gran Premio de automobilismo italiano tivo lugar o 4 de setembro de 1921 nun circuíto de 17´3 km preto de Brescia. Con todo, a carreira está máis estreitamente asociada coa pista de Monza, un centro de carreiras nos arredores da norteña cidade de Milán, que foi construído en 1922 a tempo para a carreira dese ano, e foi a sede da maioría das carreiras a través dos anos.
O Autodromo Nazionale Monza é un autódromo situado nas proximidades de Monza, en Italia, ao norte de Milán. O circuíto é recoñecido por acolle-lo Gran Premio de Italia de Fórmula 1, e caracterízase pola alta porcentaxe de trazado que os pilotos percorren co acelerador a fondo, debido ás longas rectas. O récord actual da pista, en carreira, foi marcado en 2004 por Rubens Barrichello, cun tempo de 1:21.046. Cabe destacar, que neste circuíto se bateu a velocidade máxima dun monopraza nun gran premio con 372´6 km/h, durante os adestramentos libres do Gran Premio de Italia de 2005, polo piloto Juan Pablo Montoya.
O autódromo consta de tres pistas: o trazado de 5.793 km usado para os Grandes Premios, a pista Júnior que se estende ao longo de 2.405 km, e un circuíto peraltado de velocidade de 4´25 km (Tamén coñecido como o Anel da Velocidade). Entre as principais curvas do autódromo poden salientarse a Curva di Lesmo, a Curva Parabólica e a Variante Ascari.
A pista orixinal foi construída entre os meses de maio e xullo de 1922 por 3500 obreiros, coa financiamento do Milan Automobile Club, que creou a Società Incremento Automobilismo e Sport (SISA) para poder desenvolve-lo autódromo. Inicialmente, utilizouse un terreo de 3´4 km² cunha pista de 10 km de extensión, que se compoñía por unha sección de circunvalación de 4´5 km e outra de 5´5 km transitando rutas. A pista foi inaugurada oficialmente o 3 de setembro de 1922, e 7 días despois foi sede do segundo Gran Premio de Italia.
En 1928, o Gran Premio viuse embazado polo accidente máis grave do deporte automotor italiano, perdéndose a vida do piloto Emilio Materassi e 27 espectadores. Debido a isto, os seguintes Grandes Premios víronse confinados a sección do óvalo de velocidade ata 1932. Novamente ocorreron tres mortes en 1933, tralo cal o trazado foi modificado co agregado de dúas chicanes e a desaparición das rectas máis longas.
Entre os anos 1938 e [1939] realizáronse grandes refaccións, incluíndo a construción de novas tribunas e entradas, o reasfaltado da pista e a creación de dúas novas curvas. O trazado resultante, cunha extensión de 6´3 km, foi utilizado ata 1954.
Debido a guerra, as carreiras foron suspendidas ata 1948 e gran parte da pista viuse deteriorada pola falta de mantemento. Realizouse unha renovación durante dous meses, o cal permitiu que se disputase un Gran Premio o 17 de outubro. En 1955 modernizouse o trazado na súa totalidade, quedando o circuíto cun percorrido de 5´75 km e unha sección de 4´25 km de alta velocidade con curvas peraltadas.
Os Grandes Premios de 1955, 1956, 1960 e 1961 realizáronse en Monza, pero a traxedia volvería facerse presente neste último caso, coa morte nun accidente de Wolfgang von Trips e 11 espectadores. Isto fixo que se agregasen novas barreiras de seguridade, e que a zona de reaprovisionamiento de combustible se distanciase da pista aínda máis. As áreas de escape incorporaronse nas curvas en 1965 tras un accidente na carreira dos 1000 km, pero o trazado da pista non se volvería a modificar ata o ano seguinte, co agregado de chicáns na zona de curvas peraltadas.
Desde 1966, o circuíto acolleu carreiras de automóbiles e tamén de motocicletas, pero en ambos casos as altas velocidades que se alcanzaban levaron ao agregado de novas chicáns cara a 1972. As motocicletas, non obstante, continuaron utilizando o circuíto rápido, ata que 5 mortes en dúas carreiras da tempada de 1973 forzaron a ausencia de dita proba ata 1981. As chicáns de 1972 resultaron ser moi ineficaces na redución de velocidades, ata o punto de que unha delas foi redeseñada en 1974, a outra en 1976, e unha terceira foi engadida nese mesmo ano, levando a extensión do trazado a 5´8 km.
As novas tecnoloxías permitiron acadar novamente altas velocidades, polo cal a pista debeu ser modificada substancialmente en 1979, co agregado de pianitos, zonas de escape e barreiras de cubertas. A infraestrutura foi mellorada en xeral, e realizáronse traballos adicionais sobre a seguridade do circuíto, todo o cal permitiu a volta do campionato mundial do motociclismo en 1981. Durante os 80, redeseñaronse os paddocks, boxes e tribunas.
Nos 90 os tres curvóns principais foron "apretados" para reducir velocidades, o cal levou a extensión do trazado a 5,77 km. No ano 1997, as tribunas modificáronse para levar a súa capacidade a 51000 espectadores.
Existe unha gran incerteza sobre o feito de que Monza continúe como sede da carreira a partir de 2016. O Autódromo Enzo e Dino Ferrari, coñecido coloquialmente como Imola asinou un acordo con Bernie Ecclestone para albergar o Gran Premio a partir de 2017. Con todo, o acordo debe ser ratificado pola federación italiana de automobilismo para que o evento teña lugar.[1] O circuíto de Imola aloxou previamente o Gran Premio de Italia en 1980 e a Gran Premio de San Marino de 1981 a 2006.[2]
Un total de doce pilotos italianos gañaron o Gran Premio de Italia, dez antes da segunda guerra mundial e tres cando formaba parte do campionato mundial de Fórmula Un. Alberto Ascari gañou a carreira tres veces (unha vez antes da Fórmula Un e dúas veces durante o campionato de Fórmula Un). Elio de Angelis e Riccardo Patrese gañaron o Gran Premio de San Marino en 1985 e 1990, que non se celebraron no pequeno país, senón en Imola preto de Boloña en Italia. Michael Schumacher gañouno 5 veces e Nelson Piquet gañou 4 veces. Ferrari gañou o seu Gran Premio de casa 19 veces.
Patrocinadores
editarGañadores do Gran Premio de Italia
editarGañadores múltiples (pilotos)
editar- Pilotos que están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
- Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
- Fondo crema indica un evento que formaba parte do Campionato de Europa de pre- guerra.
Nº de vitorias | Piloto | Anos |
---|---|---|
5 | Michael Schumacher | 1996, 1998, 2000, 2003, 2006 |
Lewis Hamilton | 2012, 2014, 2015, 2017, 2018 | |
4 | Nelson Piquet | 1980, 1983, 1986, 1987 |
3 | Tazio Nuvolari | 1931, 1932, 1938 |
Alberto Ascari | 1949, 1951, 1952 | |
Juan Manuel Fangio | 1953, 1954, 1955 | |
Stirling Moss | 1956, 1957, 1959 | |
Ronnie Peterson | 1973, 1974, 1976 | |
Alain Prost | 1981, 1985, 1989 | |
Rubens Barrichello | 2002, 2004, 2009 | |
Sebastian Vettel | 2008, 2011, 2013 | |
2 | Luigi Fagioli | 1933, 1934 |
Rudolf Caracciola | 1934, 1937 | |
Phil Hill | 1960, 1961 | |
John Surtees | 1964, 1967 | |
Jackie Stewart | 1965, 1969 | |
Clay Regazzoni | 1970, 1975 | |
Niki Lauda | 1978, 1984 | |
Ayrton Senna | 1990, 1992 | |
Damon Hill | 1993, 1994 | |
Juan Pablo Montoya | 2001, 2005 | |
Fernando Alonso | 2007, 2010 | |
Charles Leclerc | 2019, 2024 | |
Max Verstappen | 2022, 2023 |
Gañadores múltiples (escudarías)
editar- Escudarías que están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
- Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
- Fondo crema indica un evento que formaba parte do Campionato de Europa de pre- guerra.
Nº de vitorias | Construtor | Anos |
---|---|---|
21 | Ferrari | 1949, 1951, 1952, 1960, 1961, 1964, 1966, 1970, 1975, 1979, 1988, 1996, 1998, 2000, 2002, 2003, 2004, 2006, 2010, 2019, 2024 |
11 | McLaren | 1968, 1984, 1985, 1989, 1990, 1992, 1997, 2005, 2007, 2012, 2021 |
9 | Mercedes | 1934, 1937, 1954, 1955, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018 |
8 | Alfa Romeo | 1924, 1925, 1931, 1932, 1933, 1947, 1948, 1950 |
6 | Williams | 1986, 1987, 1991, 1993, 1994, 2001 |
5 | Lotus | 1963, 1972, 1973, 1974, 1977 |
4 | Red Bull Racing | 2011, 2013, 2022, 2023 |
3 | Auto Union | 1935, 1936, 1938 |
Brabham | 1978, 1980, 1983 | |
British Racing Motors | 1962, 1965, 1971 | |
2 | Fiat | 1922, 1923 |
Bugatti | 1926, 1928 | |
Maserati | 1953, 1956 | |
Vanwall | 1957, 1958 | |
Renault | 1981, 1982 |
Ano por ano
editar- Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
- Fondo crema indica un evento que formaba parte do Campionato de Europa de pre- guerra.
Notas
editar- ↑ Parkes, Ian (19 de xullo de 2016). "Monza set to keep Italian GP despite Imola getting F1 race contract". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 20 de xullo de 2016.
- ↑ "San Marino loses Grand Prix race". BBC Sport. 29 de agosto de 2006. Consultado o 4 de setembro de 2016.
- ↑ "Heineken announces global partnership with Formula One Management". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 9 de xuño de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2016.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en italiano)