[go: up one dir, main page]

Vodafone é unha empresa británica de telecomunicacións que opera en 30 países directamente e noutros 40 como asociada. É o segundo operador de telecomunicacións mundial, tiña en decembro de 2011 máis de 439 millóns de clientes. En España mercou o operador Airtel para despois empregar o nome de Vodafone.

Vodafone Group Plc
Power to you

Vodafone en Europa
     Vodafone     Filiais     Franquías
Fundación1983 como Racal Telecom, como Vodafone en 1991 Reino Unido Reino Unido
LocalizaciónNewbury, Reino Unido Reino Unido
Persoas claveGerard Kleisterlee (Presidente)
Nick Read (CEO)[1]
IndustriaTelecomunicacións
Produtos2G, 3G, 4G, ADSL, fibra, TV
Número de empregados86.373 (2012)[2]
Na rede
https://www.vodafone.com/
Facebook: thevodafonegroup Twitter: VodafoneGroup Instagram: vodafone_group LinkedIn: vodafone Youtube: UC2RuXpylS8gTPY7yEJbbHkA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Oficinas centrais de Vodafone en Madrid.

O nome da empresa vén de voice data fone, elixido para reflectir o servizo de voz e datos para telefonía móbil. O logo empregado de icona é unha burbulla tridimensional cunha coma simple, para facer referencia ao concepto de "Falar".

As orixes da empresa están en 1982 coa creación da filial Racal Strategic Radio Ltd de Racal Electronics plc, o maior fabricante británico de tecnoloxía de radio militar. A empresa asociouse con Millicom pasando a chamarse Racal Vodafone, para máis tarde trocar o nome a Vodafone.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar