Matra
Nome completo | Mecanique-Aviation-Traction |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Vélizy-Villacoublay, París, Francia |
Tempadas en activo | 6 1967-1972 |
Número de pilotos | Henri Pescarolo Jackie Stewart Jean-Pierre Beltoise Chris Amon |
Debut | Gran Premio de Mónaco de 1967 |
Carreiras | 61 |
Campionatos de Construtores | 1 1969 |
Campionatos de Pilotos | 1 1969 |
Vitorias | 9 |
Pole positions | 4 |
Voltas Rápidas | 12 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio dos Estados Unidos de 1972 |
Mécanique Aviation Traction ou Matra (Mécanique Aviation TRAction) era unha empresa francesa que cubría unha ampla gama de actividades, principalmente relacionadas con automóbiles, bicicletas, aeronáutica e armamento. En 1994, converteuse nunha filial do Grupo Lagardère e agora opera baixo ese nome.
Matra era propiedade da familia Floirat. O nome de Matra fíxose famoso na década de 1960 cando entrou na produción de automóbiles mediante a compra de Automobiles René Bonnet. Automóbiles Matra producía coches de carreiras e coches deportivos, e tivo moito éxito nas carreiras.
Automóbiles Matra de turismo
editarA empresa foi creada tras a adquisición da marca Automobiles René Bonnet en 1965 por Jean-Luc Lagardere e desapareceu en 2003.
O nome de Matra foi utilizado por primeira vez para os coches de estrada co motor Renault Matra Djet (pronúnciase "Jet"), que foi unha actualización do Jet Bonnet, o Djet foi substituído polo Matra 530, o Bagheera, o Murena e Rancho, son un tipo temperán de SUV.
En 1984 Renault puxo en marcha a construción do Matra Espace minivan, o coche converteuse nun grande éxito.
Tras o fracaso do Renault Avantime (deseñado e construído por Matra), o 27 de febreiro de 2003 Matra anunciou a súa intención de pechar a súa fábrica de automóbiles de Romorantin-Lanthenay, pechando a empresa, un mes despois.
En setembro de 2003, Pininfarina SPA adquiriu a empresa de enxeñería Matra Automobile, as probas e os prototipos. A compañía foi nomeada posteriormente Matra Automobile Engineering. O 13 de xaneiro de 2009, Pininfarina vende a súa participación a Segula Technologies.
Modelos de turismos
editarMatra historia nas carreiras
editarMatra foi durante un tempo o único fabricante francés que logrou obter o primeiro recoñecemento mundial na Fórmula 1, a que posteriormente, uniríaselle a escuadra Renault F1.
A mediados de 1960 Matra tivo un éxito considerable na Fórmula 3 e F2 co seu MS5 baseado nun coche monocasco, gañando campionatos franceses e europeos. Na tempada de Fórmula 1 de 1967, Jacky Ickx fixo historia ao establecer o 3º tempo máis rápido de cualificación con 8:14 no circuíto alemán de Nürburgring co seu MS5 de F2 de 1600 cc, o que lle permitiu entrar xunto aos coches de Fórmula Un de 3000 cc na carreira, non puido terminar debido a unha rotura na suspensión.
Matra entrou na Fórmula Un na tempada de 1968 con Jackie Stewart gañando varios Grandes Premios co Tyrrell Matra MS10. O equipo de F1 estableceuse en Vélizy-Villacoublay no suroeste dos suburbios de París, Francia. A característica máis innovadora do coche foi o uso de tanques de combustible estruturais inspirados na aviación. Isto permitiu alixeirar o chasis preto de 15 kg, sen deixar de ser máis forte que os dos seus competidores. A FIA considerou que esta tecnoloxía podía ser perigosa e decidiu a súa prohibición na tempada de 1970.
O Presidente de Matra Jean-Luc Lagardère tomou unha decisión estratéxica radical para a tempada de Fórmula Un de 1969. O equipo oficial Matra non ía competir na Fórmula Un. Matra centraría os seus esforzos no equipo de Ken Tyrrell(chamado Matra Internacional) e a construción dun novo vehículo propulsado por un DFV con combustible nos tanques estruturais, a pesar de que só serían validos para unha soa tempada. A decisión foi aínda máis radical, xa que Matra estaba buscando unha alianza con Simca, que impedía a utilización dos motores Ford para o ano seguinte. Stewart gañou o título de 1969 facilmente co novo motor Cosworth no Matra MS80, que foi deseñado por Gérard Ducarouge e Bernard Boyer, e corrixía a maior parte das debilidades do MS10. Foi un logro espectacular para un construtor que entrara na Fórmula Un o ano anterior. Francia converteuse no terceiro país (logo do Reino Unido e Italia) que contou cun construtor gañador.
Como Cosworth, Lotus e McLaren, Matra experimentou coa tracción ás catro rodas (4WD) durante a tempada de 1969. Johnny Servoz-Gavin converteuse no primeiro e único piloto en sumar un punto cun coche 4WD, acabando en sexto lugar co Matra MS84 no Gran Premio do Canadá. O MS84, xunto co Brabham BT26A, foi un dos últimos coches con malla espacial en competir na Fórmula Un.
Na tempada 1970, tras o acordo con Simca, Matra pediu a Tyrrell usar o seu V12 en lugar dos Cosworth. Stewart chegou a probar o Matra V12, pero como gran parte do orzamento de Tyrrell era proporcionado por Ford, e o outro patrocinador importante era a empresa petroleira francesa de propiedade estatal Elf, que tiña un acordo con Renault que impedía o apoio a un socio de Simca, a asociación entre Matra e Tyrrell rematou.
O motor Matra V12 propulsou ao equipo Ligier de Fórmula 1 das tempadas de 1976 a 1978, e de novo de 1981 a 1982.
A firma tamén tivo éxito nas carreiras de resistencia con vehículos propulsados polo motor V12. O Matra MS670 gañou as 24 Horas de Le Mans de 1972, 1973 e 1974. Tamén gañou o Campionato Mundial de Resistencia para Matra, tanto en 1973 e 1974.
Modelos de carreiras
editar- Matra MS7
- Matra MS9
- Matra MS10
- Matra MS11
- Matra MS80
- Matra MS84
- Matra MS120
- Matra MS120 B
- Matra MS120 C
- Matra MS120 D
- Matra MS630
- Matra MS640
- Matra MS650
- Matra MS670 B
- Matra MS670 C
Éxitos
editar- 334 carreiras, en todas as categorías, que abarcan 10 anos
- 124 vitorias, 104 récords de volta
- 1 Campionato Mundial de Pilotos de Fórmula Un (1969, Jackie Stewart, MS80)
- 1 Campionato do Mundo de Construtores de Fórmula 1 (1969, Matra-Elf Internacional)
- 5 Campionatos francés de Fórmula Dúas (1966-1967-1968-1969-1970)
- 3 Campionato de Europa de Fórmula Dúas (1967-1968-1969)
- 3 Campionato de Francia de Fórmula Tres (1965-1966-1967)
- 2 Campionato Mundial de Resistencia (1973-1974)
- 3 vitorias nas 24 Horas de Le Mans (1972-1973-1974)
- 2 vitorias no Tour de Francia Automobilístico (1970-1971)
Resultados completos na Fórmula Un
editarResultados en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida
Monoprazas
editarA seguinte galería mostra os diferentes modelos que usou Matra na Fórmula 1.
- 1966-1967
- 1967-1969
- 1969-1969
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matra |
Ligazóns externas
editar- http://www.matra.com/
- https://web.archive.org/web/20080624152727/http://www.matraclub.com/
- http://www.matrasport.dk/
- http://www.matra-automobile.com/en/Arquivado 05 de xullo de 2008 en Wayback Machine.
- A historia de Renault Espace inclúe unha opinión sobre a desaparición de Matra
- http://www.epaf.fr Restoration & rebuild of Matra competition cars