Nelson Piquet
Nelson Piquet Souto Maior, nado en Río de Xaneiro o 17 de agosto de 1952, máis coñecido coma Nelson Piquet, é un ex-piloto de carreiras brasileiro, campión de Fórmula 1 de 1981, 1983 e 1987.
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1952 (72 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Ideoloxía política | Bolsonarismo (pt) |
Educación | Universidade de Brasília (pt) |
Altura | 174 cm |
Peso | 67 kg |
Actividade | |
Campo de traballo | Carro de Fórmula 1 (pt) |
Ocupación | piloto de automobilismo, empresario, piloto de Fórmula Un |
Nacionalidade deportiva | Brasil |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Fillos | Geraldo Piquet, Nelson Angelo Piquet, Kelly Piquet, Pedro Piquet |
Traxectoria
editarEra fillo dun ministro do goberno brasileiro. Para ocultar a súa identidade, xa nos inicios da súa carreira empezou a utilizar o apelido de solteira da nai, Piquet.
Piquet foi un xove prodixio na Fórmula 3 Británica durante os 70, e a súa promoción á Fórmula 1 marcou o inicio na categoría da que sería unha das súas máis grandes figuras. Xunto ao equipo Brabham, incluíndo o xefe de equipo Bernie Ecclestone e o deseñador Gordon Murray, foi sempre un contendente ao título, a pesar da transición de motores Ford V8 a BMW turbo. Foi nesta escudería na que obtivo os seus dous primeiros campionatos.
O seu pase en 1986 ao equipo Williams marcou o inicio do que sería un dos máis grandes duelos da categoría, fronte a Nigel Mansell. O feito de ter dous pilotos talentosos con semellantes egos no mesmo equipo era un presaxio de futuros conflitos, e así foi. Ese ano Piquet e Mansell chegaron con posibilidades de título á última carreira do ano, pero a súa rivalidade fixo que se quitaran entre si a posibilidade de gañar puntos, o cal permitiu que Alain Prost se alzara co título.
Piquet purgou as súas culpas ao ano seguinte, cando as súas notables condicións técnicas lle permitiron consagrarse campión, a pesar de ter gañado menos carreiras que Mansell.
O cambio do piloto e dos motores Honda ao equipo Lotus en 1988 marcaron unha volta na carreira de Piquet, quen comezou a perder a súa reputación ao non obter vitorias en 1988 e incluso non clasificar nunha carreira en 1989.
A súa utilización da prensa para atacar os seus rivais valeulle a sona de bocalán. Porén, un acordo co equipo Benetton baseado en pago por resultados permitiulle volver ás primeiras planas, con dúas vitorias. O seu último triunfo data de 1991 en Montreal, onde superou a Nigel Mansell, o seu rival de sempre.
Resultados completos na Fórmula 1
editarAs carreiras en letra grosa indican que conseguiu a pole position, as carreiras en itálica indican volta rápida
Predecesor: Alan Jones |
Campión da Fórmula 1 1981 |
Sucesor: Keke Rosberg |
Predecesor: Keke Rosberg |
Campión da Fórmula 1 1983 |
Sucesor: Niki Lauda |
Predecesor: Alain Prost |
Campión da Fórmula 1 1987 |
Sucesor: Ayrton Senna |
Notas
editar- ↑ Up until 1990, not all points scored by a driver contributed to their final World Championship tally (see list of points scoring systems for more information). Numbers without parentheses are Championship points; numbers in parentheses are total points scored.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Nelson Piquet |