1988
ano
1988 (MCMLXXXVIII) foi un ano bisesto comezado en venres no calendario gregoriano. Foi o Ano do Dragón no horóscopo chinés. En números romanos foi o ano do século XX que está composto por máis letras (11).
1988 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1988 MCMLXXXVIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2741 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1437 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4684 – 4685 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5748 – 5749 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2043 – 2044 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1910 – 1911 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5089 – 5090 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1366 – 1367 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1409 – 1410 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2238 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editar- Chano Piñeiro inicia a rodaxe da longametraxe galega Sempre Xonxa.
- Acordo entre Irán e Iraq para o intercambio de prisioneiros e a retirada de tropas ás fronteiras existentes antes da guerra nun prazo máximo de 15 días.
- Augusto Pinochet é derrotado no plebiscito celebrado en Chile e perde o poder que ostentaba dende o seu golpe de Estado de 1973.
- Aterraxe do transbordador espacial norteamericano "Discovery" na base aérea de Edwards (deserto de Mojave), culminando con éxito a primeira misión da NASA dende o fatal accidente do Challenger no 1986.
- Fúndase Galiza Nova, organización das mocidades do BNG.
- 29 de febreiro - Un documento nazi implica a Kurt Waldheim, exsecretario xeral das Nacións Unidas, en deportacións durante a segunda guerra mundial.
- 10 de marzo - Presentación pública da Frente Popular Galega.
- 12 de marzo - Aparece Diario de Galicia.
- 17 de marzo - Un Boeing 727 colombiano da compañía Avianca colide co montañas na fronteira coa Venezuela, matando 143 persoas.
- 17 a 20 de marzo - Guerra de Independencia de Eritrea: A Fronte de Libertación Popular da Eritrea derrota o exército etíope e entra na cidade de Afabet.
- 30 de abril - Abertura da Expo'88 en Brisbane, Queensland, Australia.
- 28 de maio - Constitúese en Melide a Asociación de Gaiteiros Galegos. Ocupa a presidencia Ricardo Portela.[1]
- 20 de agosto - Final da Guerra Irán-Iraq: estimase en 1 millón a soma dos mortos dos dous bandos.
Nacementos
editar- 25 de xaneiro - Aurora Jolie, actriz pornográfica estadounidense.
- 6 de marzo - Agnes Carlsson, cantante sueca.
- 5 de maio - Adele, cantante e compositora inglesa de jazz, soul e blues.
- 28 de xuño - Alina Orlova, cantante lituana.
- 18 de xullo - Tomáš Hampl, xogador de baloncesto checo.
- 9 de agosto - Pablo Hasél, rapeiro catalán.
- 21 de outubro - Alexandra Fernández Gómez, política galega.
- 14 de decembro - Vanessa Hudgens, cantante e actriz estadounidense (High School Musical).
Mortes
editar- 11 de xaneiro - Isidor Isaac Rabi, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1898).
- 13 de xaneiro - Chiang Ching-kuo, presidente de Taiwán (n. 1910).
- 15 de xaneiro - Seán MacBride, líder do IRA, Premio Nobel da Paz (n. 1904).
- 1 de febreiro - Enrique Fernández Maneiro, sindicalista anarquista galego (n. 1905).
- 7 de febreiro - Manuel Pesqueira, pintor galego (n. 1911).
- 15 de febreiro - Richard Feynman, físico estadounidense, Premio Nobel de Física (n. 1918).
- 19 de febreiro - André Frédéric Cournand, médico francés, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1895).
- 21 de febreiro - Francisco Vázquez Díaz, escultor galego (n. 1898).
- 25 de febreiro - Kurt Mahler, matemático australiano n. Alemaña (n. 1903).
- 1 de marzo - Carlos Velo, cineasta galego (n. 1909).
- 9 de marzo - Kurt Georg Kiesinger, chanceler alemán (n. 1904).
- 10 de marzo - Andy Gibb, cantante británico (n. 1958).
- 31 de marzo - William McMahon, primeiro ministro de Australia (n. 1908).
- 14 de abril - Daniel Guérin, escritor anarquista francés.
- 2 de maio - Xosé Ramón Fernández-Oxea, escritor galego (n. 1896).
- 12 de maio - Chet Baker, músico de jazz norteamericano (n. 1929).
- 25 de maio - Ernst Ruska, físico alemán, Premio Nobel de Física (n. 1906).
- 28 de maio - Alfredo Volpi, pintor brasileiro (n. 1896).
- 2 de agosto - Raymond Carver, escritor norteamericano.
- 14 de agosto - Enzo Ferrari, fabricante italiano de automóbiles (n. 1898).
- 17 de agosto - Muhammad Zia-ul-Haq, líder do Paquistán (n. 1924).
- 1 de setembro - Luis Walter Álvarez, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1911).
- 14 de novembro - César Torres Martínez, avogado e político republicano galego (n. 1905).
- 6 de decembro - Roy Orbison, cantante estadounidense (n. 1936).
- 16 de decembro - Sylvester, cantante de R&B estadounidense da era disco (n. 1948).
- 27 de novembro - John Carradine, actor estadounidense (n. 1906).
- 21 de decembro - Nikolaas Tinbergen, ornitoloxista holandés, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1907).
- Youssouf Gueye - escritor mauritano (n. 1928).
Día das Letras Galegas dedicado a:
editarOutros
editarNotas
editar- ↑ "25 anos da Asociación de Gaiteiros Galegos". Aturuxo (14). 01/2015.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1988 |