1 de febreiro
día do ano
<< | Febreiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | |||
2024 Todos os días |
O 1 de febreiro é o 32º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 333 días para finalizar o ano, 334 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 705 - Xoán VII é electo papa
- 772 - Hadrian I é electo papa
- 1192 - Afonso VIII de León e Galicia outorgalle os seus primeiros foros a Vilafranca do Bierzo.
- 1327 - en Londres, o adolescente Eduardo III accede ao trono de Inglaterra, pero o país é controlado pola súa nai Isabel de Francia e o amante desta, Roger Mortimer.
- 1796 - A capital do Canadá Superior trasládase de Newark a York.
- 1861 - Guerra civil norteamericana: Texas segrégase dos Estados Unidos de América.
- 1908 - O rei Carlos I de Portugal e o seu primoxénito Luís Filipe, Duque de Bragança son asasinados no Terreiro do Paço en Lisboa por militantes republicanos. Manuel II ascende ao trono.
- 1913 - Inaugúrase a Grande Estación Central de Nova York, a maior do mundo.
- 1918 - Rusia adopta o calendario gregoriano.
- 1920 - Organízase a Policía Montada do Canadá.
- 1938 - Indonesia: Un tremor de magnitude 8,5 no mar de Banda xerou varios tsunamis, causando grandes danos en Banda e Kai, illas volcánicas no leste da Indonesia.
- 1946 - O noruegués Trygve Lie, designado primeiro Secretario Xeral das Nacións Unidas.
- 1958 - Exipto e Siria únense para formar a República Árabe Unida, que dura até 1961.
- 1960 - Catro estudantes negros protagonizan unha sentada no mostrador dun restaurante en Greensboro, Carolina do Norte.
- 1968 - Guerra de Vietnam: O oficial do Vietcong Nguyen Van Lem é executado por Nguyen Ngoc Loan, un xefe de policía de Vietam do Sur. A execución, filmada e fotografada por Eddie Adams, contribúe a mobilizar a opinión pública contra a guerra.
- 1978 - O director de cinema Roman Polanski burla a fianza e escapa para Francia tras confesarse culpábel de manter relacións sexuais cunha rapaza de 13 anos.
- 1979 - Ayatollah Khomeini retorna a Teherán, Irán despois de 15 anos de exilio.
- 2003 - O Transbordador espacial Columbia desintégrase sobre o estado do Texas no retorno á Terra, morrendo os sete astronautas.
- 2012 - Comeza a editarse o xornal dixital Praza Pública.
Nacementos
editar- 1805 - Louis Auguste Blanqui, revolucionario socialista francés.
- 1844 - Manuel Vázquez Castro, xornalista e escritor galego (m. 1885).
- 1857 - Vladimir Bexterev, neurólogo, neurofisiologo e psiquiatra ruso (m. 1927).
- 1874 - Hugo von Hofmannsthal, escritor austríaco.
- 1880 - Francesco Balilla Pratella, compositor e musicólogo italiano (m. 1955).
- 1882 - Marie Majerová, escritora e xornalista checoslovaca (m.1967)
- 1895 - John Ford, director de cine (m. 1973).
- 1901 - Clark Gable, actor (m. 1960).
- 1905 - Emilio Gino Segrè, físico italo-americano, Premio Nobel de Física en 1959.
- 1917 - José Luis Sampedro, economista e escritor español.
- 1927 - Berta Tapia, política galega. Foi alcaldesa da Coruña entre 1978 e 1979.
- 1930 - María Elena Walsh, escritora e cantautora arxentina (m. 2011).
- 1931 - Boris Eltsin, político ruso (m. 2007).
- 1931 - Iajuddin Ahmed, presidente de Bangladesh (m. 2012).
- 1922 - Renata Tebaldi, soprano italiana.
- 1942 - Gerardo González Martín, político e xornalista galego.
- 1947 - Henrique López Veiga, político galego.
- 1947 - José María Caneda, empresario galego.
- 1948 - Aurora Marco, ensaísta galega.
- 1949 - Xuan Xosé Sánchez Vicente, escritor e político asturiano.
- 1966 - Laurent Garnier, compositor francés de música electrónica.
Mortes
editar- 1851 - Mary Shelley, escritora británica (n. 1797).
- 1871 - Alexander Serov, compositor ruso.
- 1903 - George Gabriel Stokes, físico irlandés.
- 1905 - Oswald Achenbach, pintor alemán (n. 1827).
- 1908 - Carlos I, Rei de Portugal (1889-1908) (n. 1863).
- 1932 - Farabundo Martí, político revolucionario salvadoreño.
- 1938 - Armando Palacio Valdés, escritor español.
- 1944 - Piet Mondrian, pintor holandés (n. 1872).
- 1947 - Xosé Baldomir, músico galego (n. 1867).
- 1953 - Antonio Goicoechea, avogado e político español (n. 1879).
- 1955 - Armando Peñamaría Álvarez, médico e político galego (n. 1870).
- 1958 - Clinton Davisson, físico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1937 (n. 1881).
- 1964 - Luís Soto Menor, mestre e inspector galego (n. 1881).
- 1966 - Buster Keaton, actor e cineasta cómico estadounidense (n. 1895).
- 1976 - Werner Heisenberg, físico alemán, Premio Nobel de Física en 1932 (n. 1901).
- 1976 - George Hoyt Whipple, médico estadounidense, Premio Nobel de Medicina en 1934 (n. 1878).
- 1988 - Enrique Fernández Maneiro, sindicalista anarquista galego (n. 1905).
- 1993 - Moncho Valcarce, crego e político galego (n. 1935).
- 1993 - Juan Naya Pérez, xornalista e historiador galego (n. 1914).
- 2009 - Atilano Franco, actor galego (n. 1956).
- 2012 - Wisława Szymborska, poeta polaca (n. 1923).
- 2014 - Maximilian Schell, actor austríaco (n. 1930).
- 2014 - Luis Aragonés, futbolista e adestrador de fútbol español (n. 1938).
- 2018 - Isidro Novo, escritor galego (n. 1951).
- 2018 - Urbano Lugrís, pintor galego (n. 1942).