[go: up one dir, main page]

Mary Shelley

escritora inglesa


Mary Wollstonecraft Shelley, nada en Londres o 30 de agosto de 1797 e finada na mesma cidade o 1 de febreiro de 1851, foi unha escritora británica. Filla do filósofo William Godwin e da pedagoga e escritora Mary Wollstonecraft, casada co famoso poeta Romántico Percy Bysshe Shelley. A súa obra principal é Frankenstein ou o moderno Prometeo pero tamén escribiu outras como O Último home ou Perkin Warbeck.

Modelo:BiografíaMary Shelley

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mary Wollstonecraft Godwin Editar o valor en Wikidata
30 de agosto de 1797 Editar o valor en Wikidata
Somers Town (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de febreiro de 1851 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Chester Square (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetumor cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt Peter's Church, Bournemouth (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLondres Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFicción Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora de viaxes, escritora, escritora de ciencia ficción, poetisa, biógrafa, ensaísta, dramaturga, novelista, escritora de contos Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoLibro de viaxes, literatura gótica (pt) Traducir, novela gótica e ficción especulativa Editar o valor en Wikidata
MovementoBritish Romanticism (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxePercy Bysshe Shelley (1816–1822), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosClara Everina Shelley, Clara Shelley, William Shelley, Percy Florence Shelley Editar o valor en Wikidata
PaisWilliam Godwin Editar o valor en Wikidata  e Mary Wollstonecraft Editar o valor en Wikidata
IrmánsWilliam Godwin the Younger
Fanny Godwin
Claire Clairmont
Charles Gaulis Clairmont Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0791217 Allocine: 68275 Rottentomatoes: celebrity/mary_shelley TCM: 1418937 Metacritic: person/mary-shelley TV.com: people/mary-shelley
BNE: XX1721524 iTunes: 2683453 Musicbrainz: b58db027-dcd2-412c-8074-c19e49fccc8a Discogs: 3024737 WikiTree: Godwin-912 Find a Grave: 1617 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Infancia e formación

editar

Foi a segunda filla da famosa feminista Mary Wollstonecraft e do famoso filósofo libertario William Godwin. A súa nai morreu once días logo do seu nacemento e o seu pai casou pronto de novo. Baixo a súa tutela Mary recibiu unha excelente educación, pouco usual nas mulleres da época. Mary coñeceu a Percy Bysshe Shelley, un político radical e librepensador coma o seu pai. Percy descontento co seu matrimonio, pronto comezou a visitar a Godwin con moita frecuencia. O 27 de xullo de 1814 el e Mary (con só 16 anos) namoráronse. A parella fuxiu a Francia xunto coa media irmá de Mary, Jane Clairmont. Esta foi a segunda fuxida do poeta, posto que xa coa súa anterior esposa Harriet escapouse facía tres anos. Á súa volta semanas máis tarde, a parella descubriu desencantada que as conviccións de Godwin sobre o amor libre non eran aplicables á súa filla.

Mary atopou consolo nos seus estudos e en Percy, quen sempre sería, malia a desilusión e a traxedia, o amor da súa vida. Percy, tamén, estaba satisfeito coa súa parella neses primeiros anos. Compracíase de que Mary puidese "sentir a poesía e entender a filosofía" - aínda que, como Harriet antes que ela, se opuxese á vontade do seu marido de compartila co seu amigo Thomas Hogg. Mary aprendeu así que a lealdade de Percy cara aos ideais do amor libre entraban en conflito coa procura do "verdadeiro amor", que tanto expresaba nos seus poemas.

Gusto pola literatura

editar

Mary e Percy compartían o gusto polas linguas e a literatura. Gozaban lendo e discutindo libros xuntos, como os clásicos que Percy traera ao seu regreso a Londres ao final do ano. Foi nesta época cando el escribiu Alastor, or The Spirit of Solitude na que se mostra partidario de manter o "doce amor humano".

Proceso do Frankenstein

editar

En maio de 1816, a parella, xunto con Jane (agora Claire) Clairmont, viaxaron ao lago Geneva para veranear xunto ao famoso e polémico poeta Lord Byron, cuxo recente romance con Claire deixouna preñada e dalgún modo obsesionada con el. En canto a consideracións literarias, foi un verán moi produtivo. Percy empezou a traballar en 'Hymn To Intellectual Beauty e Mont Blanc. Mary, mentres tanto, comezou a traballar na súa propia obra mestra.

Obrigados a permanecer dentro de casa pola condicións climáticas do "Ano sen verán" nunha determinada tarde, un grupo de mozos intelectuais e poetas, inspirados polas historias de pantasmas de 'Fantasmagoriana', decidiron montar unha competición de historias fantasmagóricas. A un invitado, o Dr. John Polidori, ocorréuselle O Vampiro, que máis tarde converteríase nunha influencia para o Drácula de Bram Stoker.

Outros invitados contaron historias igualmente terroríficas, pero Mary sentiuse incapaz de inventar unha. Esa noite, con todo, tivo un pesadelo no que viu "o pálido estudante de malas artes axeonllado fronte ao ente que acababa de construír". Decidiuse entón a escribir a historia, que máis tarde se publicaría como Frankenstein (1818). O seu éxito sobreviviría a moitas das historias daquela noite.

Mary incorporara varias fontes ao seu traballo, entre outra o mito de Ovidio. A influencia da obra de John Milton O paraíso perdido, é totalmente evidente. Mary e Percy eran vexetarianos e acérrimos defensores dos animais. As referencias ao vexetarianismo son constantes na súa obra. Por exemplo, na súa novela, a criatura era vexetariana.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar