1882
ano
1882 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1882 MDCCCLXXXII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2635 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1331 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4578 – 4579 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5642 – 5643 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1937 – 1938 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1804 – 1805 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4983 – 4984 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1260 – 1261 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1299 – 1300 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2132 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editarGalicia
editar- 4 de xaneiro: fúndase o xornal La Voz de Galicia por Juan Fernández Latorre.
- representación d' A fonte do xuramento de Francisco María de la Iglesia, considerada a primeira obra teatral representada en galego
Europa
editar- 24 de marzo: Robert Koch anuncia a descuberta da bacteria responsábel da tuberculose, a Mycobacterium tuberculosis.
- 28 de marzo: En Francia as Leis Jules Ferry fan obrigatorio, gratuíto e laico o ensino primario entre os 6 e os 13 anos.
- 20 de maio: Tripla Alianza entre Alemaña, Austria e Italia.
África
editar- Os ingleses toman o control do Exipto, reprimindo os levantamentos nacionalistas contra Tawfiq Pacha.
- 11 de xullo: As tropas británicas ocupan Alexandría e o Canal de Suez.
- 13 de setembro: As tropas británicas ocupan O Cairo. Exipto convértese nun protectorado británico.
- O rei zulú Cetshwayo retorna a Suráfrica.
América
editar- 2 de xaneiro: John D. Rockefeller concentra as súas posesións petroleiras no trust Standard Oil.
- 7 de febreiro: Último combate de boxeo sen luvas nos Estados Unidos.
- 22 de marzo: O Congreso dos Estados Unidos declara ilegal a poligamia.
- 3 de abril: O foraxido do oeste americano Jesse James é asasinado polas costas por Robert Ford por unha recompensa de 5 000 dólares.
- 4 de setembro - Thomas Edison acciona o interruptor da primeira planta comercial de enerxía eléctrica da historia, iluminando unha milla cadrada de Manhattan . Este feito é considerado por moitos como o día en que se iniciou a era eléctrica.
- Os Estados Unidos comezan a restrinxir a inmigración mediante a Lei de exclusión chinesa.
- Tratado de paz entre Paraguai e o Uruguai.
Nacementos
editar- 7 de xaneiro - Ignacy Lukasiewicz, inventor de lámpada de queroseno, perforou e destilou o primeiro pozo petrolífero de Polonia.
- 12 de xaneiro - Abd el-Krim, político marroquí.
- 14 de xaneiro - José Gómez Osorio, político e dirixente socialista galego (f. 1940).
- 25 de xaneiro - Virginia Woolf, escritora británica (f. 1941).
- 30 de xaneiro - Franklin Delano Roosevelt, Presidente dos Estados Unidos de América.
- 2 de febreiro - James Joyce, escritor irlandés en lingua inglesa (f. 1941).
- 16 de febreiro - Manuel García Filgueira, sindicalista e político galego.
- 26 de febreiro - Husband Kimmel, almirante na Mariña dos Estados Unidos de América e comandante da frota do Pacífico na época do Ataque a Pearl Harbor.
- 30 de marzo - Melanie Klein, psicanalista austríaca.
- 14 de abril - Moritz Schlick, filósofo positivista (f. 1936).
- 10 de maio - Manuel Dopazo Gontade, gaiteiro galego (m. 1952).
- 13 de maio - Georges Braque, pintor e escultor francés.
- 20 de maio - Sigrid Undset, escritora norueguesa, premio Nobel de Literatura en 1928.
- 17 de xuño - Igor Stravinskii, compositor ruso.
- 6 de xullo - Arturo Salgado Biempica, avogado e político galego (m. 1937).
- 22 de xullo - Edward Hopper, pintor e gravador norteamericano.
- 26 de agosto - James Franck, físico e químico xermano-estadounidense, premio Nobel de Física en 1925.
- 5 de outubro - Robert Hutchings Goddard, inventor estadounidense.
- 14 de outubro - Éamon de Valera, terceiro presidente da Irlanda (-1975).
- 29 de outubro - Jean Giraudoux, dramaturgo francés.
- 12 de novembro - Giuseppe Antonio Borgese, crítico e escritor italiano.
- 16 de decembro - Zoltán Kodály, compositor húngaro.
- 28 de decembro - Sir Arthur Eddington, astrónomo e físico inglés.
Mortes
editar- 11 de xaneiro - Theodor Schwann, biólogo alemán.
- 14 de febreiro - Auguste Barbier, escritor francés (m. 1805).
- 25 de febreiro - Ignacio Vieitez Tapia, xuíz e político galego (n. 1817).
- 3 de abril - Jesse James, foraxido norteamericano (n. 1847).
- 9 de abril - Dante Gabriel Rossetti, poeta, escritor e pintor inglés (n. 1828).
- 19 de abril - Charles Darwin, naturalista inglés.
- 27 de abril - Ferdinand Reich, químico alemán.
- 27 de abril - Ralph Waldo Emerson, escritor, filósofo e poeta estadounidense (n. 1803).
- 24 de marzo - Henry Wadsworth Longfellow, escritor norteamericano (n. 1807).
- 2 de xuño - Giuseppe Garibaldi, unificador de Italia (n. 1807).
- 21 de outubro - Andrés Muruais, escritor e xornalista galego (n. 1851).
- 6 de decembro - Louis Blanc, historiador e socialista utópico francés (n. 1811).
- 27 de decembro - Giovanni Losi, relixioso comboniano italiano (n. 1838).
Outros
editar- Nikola Tesla concebe o principio do campo magnético rotatorio e utilízao para inventar o xerador/motor de corrente alterna.
- O matemático alemán Ferdinand Lindeman demostra a transcendencia do número pi.
Creacións
editar- Richard Wagner: Parsifal
- Léon Pinsker: L'auto-émancipation des Juifs (A auto-emancipación dos xudeus), proposta da creación dun estado xudeu
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1882 |