Emilia-Romaña
Emilia-Romaña[1][2] ou Emilia-Romana[3] (en italiano: Emilia-Romagna, en emiliano-romañolo: Emégglia-Rumâgna) é unha rexión da Italia setentrional de 4,2 millóns de habitantes, con capital en Boloña. Limita ao leste co mar Adriático, ao norte co Véneto e a Lombardía, ao oeste co Piemonte e a Liguria, ao sur coa Toscana, As Marcas e a República de San Marino.
Emilia-Romagna (it) | |||||
Epónimo | Romanha (pt) e Emília (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
País | Italia | ||||
Capital | Boloña | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.459.477 (2019) (201,58 hab./km²) | ||||
Lingua usada | dialeto emiliano (pt) romagnol (pt) Lingua lombarda | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 22.123,09 km² | ||||
Bañado por | mar Adriático | ||||
Altitude | 211 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Apolinar de Rávena | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Emilia-Romagna (en) | ||||
• President of Emilia-Romagna (en) | Stefano Bonaccini (en) (2014–) | ||||
Órgano lexislativo | Legislative Assembly of Emilia-Romagna (en) Circunscrición: 9, (Escano: 50) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IT-45 | ||||
Código NUTS | ITH5 | ||||
Identificador ISTAT | 08 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | regione.emilia-romagna.it | ||||
A rexión está composta por dúas rexións históricas: a Emilia, que comprende as provincias de Piacenza, Parma, Reggio, Módena, Ferrara e boa parte da provincia de Bologna, coa súa capital, e a Romaña (Romagna), coas provincias de Rávena, Rimini e Forlì, así como Cesena e a parte oriental da provincia de Bologna (Imola e zonas limítrofes). A Romaña histórica comprende pequenos territorios nas Marcas e na Toscana.
As áreas que constitúen a rexión actual están poboadas dende tempos remotos, como así o indican varios achados: o caso máis famoso é o sito en Monte Poggiolo, onde foron encontrados importantes restos arqueolóxicos, cunha antigüidade estimada de 800.000 anos, demostra que a zona xa estaba habitada no paleolítico.
Historia
editarA identidade romaña sempre foi máis forte que a emilia. A partir do ano 568 (ano no que chegaron os longobardos á chaira padana) até 1869, o territorio da actual Emilia foi chamado Lombardía (ou Longobardía, en contraposición á Romania, a actual Romaña). Os seus habitantes eran definidos como lombardos. Esta definición foi imposta polos longobardos despois de invadir parte do territorio da rexión romana composta polas cidades de Forum Livii (Forlì), Forum Cornelii (Imola), Faventia (Faenza), Bononia (Bologna), Mutina (Módena) e Regium (Reggio Emilia).
No momento da invasión franco-piemontesa, para evitar a constitución dun bloque lombardo demasiado potente, a dinastía dos Savoia creou ex nihilo o concepto de "Emilia". Isto supuxo o cambio de moitos topónimos. Por exemplo, Reggio Emilia, antes da unidade de Italia, era chamada simplemente Reggio ou Reggio di Lombardía.
Antigos Estados da rexión
editarAs principais entidades estatais históricas que caracterizaron o territorio da rexión son o Ducado de Parma e Piacenza, o Ducado de Módena e Reggio e o Ducado de Ferrara. Romaña formou parte, durante doce séculos do Estado Pontificio, mentres Boloña foi durante algúns períodos cidade de fronteira entre Longobardía e Romanìa.
Demografía
editarAs principais cidades da rexión son:
Cidade | Poboación (2006) |
---|---|
Boloña | 373,743 |
Módena | 180,469 |
Parma | 175,789 |
Reggio Emilia | 157,388 |
Rávena | 149,084 |
Rimini | 135,682 |
Ferrara | 132,471 |
Forlì | 112,477 |
Piacenza | 99,340 |
Cesena | 93,857 |
Imola | 66,340 |
Carpi | 64,517 |
Faenza | 54,749 |
Universidades
editarNa rexión están presentes catro universidades, todas na Emilia:
- Universidade de Bologna: a máis grande da rexión e unha das principais de Italia. É a máis antiga universidade do mundo occidental e é alcumada "La Dotta". Ten case 100.000 estudantes.
- Universidade de Parma: universidade cunha historia secular, acolle moitos estudantes, sobre todo da provincia da Spezzia, ten case 30.000 estudantes.
- Universidade de Módena-Reggio Emilia: está dividida en dúas sedes (á sede histórica modenesa, foi engadida a de Reggio).
- Universidade de Ferrara: universidade fundada polo marqués Alberte V de Este por concesión do Papa Bonifacio IX, ten case 20.000 estudantes.
En todas as outras capitais están presentes sedes destacadas con facultades autónomas, como por exemplo as sedes da Universidade de Bologna presentes en Romaña (Forlì, Cesena, Rávena e Rimini), da Universidade Católita de Milán e do Politécnico de Milán en Piacenza.
Economía
editarEn Emilia-Romaña a economía está moi desenvolvida. As típicas industrias son propiedades familiares en forma de pequenas e medianas empresas, non existen grandes grupos multinacionais á parte dos alimentarios e automobilísticos. Pola contra, conta con multitude de cooperativas, sobre todo na zona de Reggio Emilia e Módena.
No sector primario, a rexión conta cun forte desenvolvemento en toda a parte da chaira padana e na Romaña. O sector secundario é sen dúbida o máis desenvolvido: nas áreas que van de Bologna a Reggio Emilia hai unha altísima taxa de industrias mecánicas e téxtiles. Son coñecidos en todo o mundo os vehículos producidos na área de Módena: Ducati, Ferrari, Lamborghini e Maserati. Na zona de Parma está máis desenvolvida a industria alimentar (Parma foi elixida sede da Autoridade Europea para a Seguridade dos Alimentos, a EFSA (European Food Safety Authority). En Ravena predomina a industria química e ten o maior porto do mar Adriático.
O sector terciario tamén está bastante desenvolvido. A ribeira romañola é centro de atracción turística, tanto no verán (pola ampla oferta hostaleira), como noutras épocas do ano polos numerosos locais para lecer xuvenil. O turismo é predominantemente nacional, así como alemán e holandés. Tamén ten moita importancia o turismo cultural nas cidades con maior capital artístico.
A rexión é un importante nodo comercial do país, contando cunha importante rede de infraestruturas tanto viarias como ferroviarias.
Emilia-Romaña é unha das rexións máis ricas de Italia e Europa e é exerce unha importante atracción como punto de inmigración.
Notas
editar- ↑ «Emilia-Romaña». Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato, ed. (2007). Diciopedia do século 21 2. Editorial Galaxia. p. 763. ISBN 9788482893600.
- ↑ González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.