Rávena
Rávena[1] (en italiano Ravenna, en romañolo Ravèna) é unha cidade ao norte de Italia na Emilia-Romaña, é a capital da provincia homónima. Sitúase na chaira nororiental da Romaña, a poucos quilómetros do Mar Adriático. O municipio ten unha poboación de case 160.000[2] habitantes, dos cales a maior parte viven no núcleo urbano.
Ravenna (it) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Emilia Romaña - Emilia-Romagna | ||||
Provincias | Provincia de Ravenna | ||||
Capital de | Provincia de Ravenna Reino de Italia Legazione di Romagna (en) (1540–1797) Legazione apostolica di Ravenna (en) (1816–1850) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 155.751 (2023) (238,22 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 653,82 km² | ||||
Altitude | 4 m | ||||
Comparte fronteira con | Argenta (pt) Comacchio (pt) Forlì Russi (pt) Alfonsine (pt) Cesena Bertinoro (pt) Cervia (pt) Bagnacavallo (pt) Provincia de Forlì-Cesena | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Apolinar de Rávena | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Michele De Pascale (en) (2016–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 48121–48125 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0544 | ||||
Identificador ISTAT | 039014 | ||||
Código catastral italiano | H199 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | comune.ra.it | ||||
Rávena é famosa polos seus monumentos bizantinos e paleocristiáns que revelan a súa orixe antiga e o seu papel histórico no desenvolvemento italiano. A 36 quilómetros da cidade esténdense os lidi ravennati, praias inmensas no verde da famosa costa romañola.
En Rávena atópase enterrado Dante Alighieri, autor d’A Divina Comedia.
Historia
editar- As orixes de Rávena remóntanse á metade do II milenio antes da nosa era. No período romano, a cidade tivo certa importancia estratéxica pola súa situación fronteiriza. En tempos de Xulio César construíuse un porto na localidade veciña de Classe, a uns oito quilómetros do centro de Rávena.
- No ano 402 o emperador Honorio trasladou trasladou á cidade desde Milán a capital do Imperio Romano de Occidente. A solidez das súas murallas e as excelentes comunicacións do seu porto co Mediterráneo oriental motivaron esta decisión.
- Logo da desaparición do Imperio Romano de Occidente no 476, a cidade continuou a ser capital dos reinos xermánicos de Italia. Os reis Odoacro (476-493) e Teodorico (493-526) continuaron o engrandecemento da cidade.
- O reino ostrogodo entrou en crise trala morte de Teodorico. Os bizantinos interviron abertamente na política do reino a partir do 535, en que se desencadean as Guerras Góticas. A cidade será tomada polo xeneral bizantino Belisario no 540. Converterase entón en sé do exarca enviado desde Constantinopla para gobernar Italia. A cidade permanecerá baixo dominio bizantino até o 751, cando é ocupada polos longobardos. Os compases iniciais do exarcado, baixo a autoridade do emperador Xustiniano e da súa esposa Teodora (século VI), sinalan o momento de máximo esplendor da cidade.
- No século XV pasou aos venecianos e no século seguinte á Igrexa, baixo a que permaneceu ata a Unidade de Italia.
Monumentos
editarTen importantes edificios paleocristiáns, como o oratorio de San Lorenzo, coñecido como o mausoleo de Gala Placidia, e os baptisterios ortodoxo e ariano. Os edificios máis impoñentes son a basílica ariana, construída por Teodorico (hoxe dedicada a San Apolinar) e a da San Vital, construída por Xustiniano I.
Nas proximidades da cidade atópase a basílica de San Apolinar, que pertencía ao porto de Clase, hoxe desaparecido. Este edificio é máis antigo que as basílicas da cidade.
Demografía
editarNotas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para basílica.
- ↑ "Demografía en Cifras, Instituto Italiano de Estadística. Datos de Rávena en 2018". Arquivado dende o orixinal o 24/03/2019. Consultado o 25/05/2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rávena |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Municipio de Rávena
- Provincia de RávenaArquivado 11 de novembro de 2011 en Wayback Machine.
- Ravenna Civic NetworkArquivado 28 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.
- RomagnaOggi.it, portal de noticias
- Rávena Informa