[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Xurxo Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXurxo Otero

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Nigrán, España Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1986–1987   Celta Fortuna
1987–1994   Celta de Vigo 222(4)
1994–1997   Valencia CF 84(0)
1997–2001   Real Betis Balompié 82(0)
2001–2003   Atlético de Madrid 32(1)
2003–2005   Elche CF 46(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1988–1989   España sub-21 2(0)
1993–1996   España 9(0)
2005–   Galicia 1(0)
Participou en
xuño de 1996Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 83850 Editar o valor en Wikidata

Xurxo Otero Bouzós, nado en Nigrán o 28 de xaneiro de 1969, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba de defensa lateral, tanto na banda esquerda como na dereita.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Tras xogar no Gran Peña, fichou polas categorías bases do Real Club Celta en 1987, debutando co primeiro equipo en 1990, na segunda división. En 1994 xogou a final da copa do Rei contra o Real Zaragoza, e en xullo dese mesmo ano xogou Mundial USA 94 coa selección española de fútbol.

Ese mesmo verán fichou polo Valencia CF, onde estivo tres tempadas, logrando ser subcampión na liga 1995-96, na que xogou 37 partidos. En 1997 fichou polo Real Betis, en 2001 polo Atlético de Madrid, e en 2003 polo Elche CF de segunda división, onde se retirou despois da tempada 2004-05.

Combinados nacionais

[editar | editar a fonte]

Tras xogar dous partidos coa selección española sub-21 en 1988 e 1989, debutou coa selección española de fútbol o 8 de setembro de 1993 nun amigable en Alacant contra a selección chilena de fútbol, gañando por 2-0. Participou en dous partidos da Copa do Mundo de 1994 e nun da Eurocopa de 1996, facendo un total de 9 seleccións co combinado estatal.

Trala súa retirada, mostrouse favorable ao regreso da selección galega de fútbol, que se materializou en 2005 nun partido fronte ao Uruguai, no que Otero foi un dos capitáns xunto a Fran.[1]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Despois de deixar a práctica do fútbol comezou a carreira de adestrador. Entre 2014 e 2016 estivo no banco do Rápido de Bouzas e entre 2016 e 2018 no Arousa, en ambos os casos na Terceira División.[2][3] En maio de 2018 volveuse facer cargo do Rápido de Bouzas, desta vez na Segunda División B. Só permaneceu uns meses no cargo, pos en outubro substituíuno Míchel Alonso.[4] En xaneiro de 2020 chegou ao banco do Alondras,[5] ao que adestrou durante unha campaña e media na Terceira División.[6]

En xuño de 2021 anunciouse que sería o novo adestrador do Arousa, na nova Segunda División RFEF, comezando así a súa segunda etapa no club.[7]

Xurxo foi o segundo de Javier Maté cando tomou o relevo de Jacobo Montes na tempada 2023 da Segunda RFEF e xuntos acadaron a permanencia do Coruxo FC na categoría.[8]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Título Club Ano
Segunda División: 1991–92 Celta de Vigo 1991-1992
Segunda División: 2001–02 A. Madrid 2001-2002
  1. "Jorge Otero, Capitán de la selección gallega: "Llevo dieciocho años esperando este partido, es el colofón a mi carrera"". Faro de Vigo (en castelán). 28 de decembro de 2005. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  2. http://www.farodevigo.es/deportes/2015/12/03/jorge-otero-seguir-linea-manteniendo/1362151.html
  3. http://www.farodevigo.es/deportes/2016/06/07/arosa-presenta-otero-nuevo-tecnico/1475216.html
  4. "Míchel Alonso se hace cargo del Rápido". Faro de Vigo (en castelán). 19 de outubro de 2018. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  5. "Otero ficha por el Alondras" (en castelán). 21 de xaneiro de 2020. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  6. Collarte, César (10 de xuño de 2021). "Otero no continuará en el Alondras". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  7. Garrido, Antonio (30 de xuño de 2021). "Jorge Otero regresa al banquillo del Arousa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  8. "Javier Maté, con Xurxo Otero de segundo, nuevo entrenador del Coruxo". dxtCampeón (en castelán). 27 de febreiro 2023. Consultado o 24 de Marzo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]