Spanair
Spanair | ||
---|---|---|
IATA JK | OACI JKK | Indicativo SPANAIR |
Fundación | 1986 | |
Inicio das operacións | 27 de xaneiro de 2012 |
Spanair S.A. foi unha aeroliña española que tivo a súa base no aeroporto de Barcelona. Ata o ano 2009 foi subsidiaria do SAS Group, a mesma compañía á que pertence Scandinavian Airlines. O 25 de xaneiro a aeroliña estaba nunha situación económica complicada e o goberno de Cataluña aprobou un plan de préstamo de 10,5 millóns de euros para intentar salvala. A compñía reduciu custos e os ingresos melloraron, pero o 27 de xaneiro de 2012 cesou todas as súas operacións despois de que non se conseguise chegar a un acordo de rescate con Qatar Airways. Spanair foi membro de Star Alliance dende 2003 ata a súa desaparición.
Características
[editar | editar a fonte]Operou voos de pasaxeiros entre España e Europa, estendendo as súas operacións ao oeste de África. Realizou tamén voos charter a todo o mundo para compañías de viaxes. A súa base principal estivo en El Prat de Barcelona, con centros de conexión no aeroporto madrileño de Barajas, e no aeroporto de Son Sant Joan. É membro da alianza de aeroliñas Star Alliance.
Historia
[editar | editar a fonte]Spanair fundouse en decembro de 1986 e comezou as súas operacións en marzo de 1988. Foi creada como unha empresa conxunta entre SAS e Viajes Marsans e os seus primeiros servizos foron voos charters europeos. Os voos de longo percorrido aos Estados Unidos, México e a República Dominicana comezaron en 1991, seguidos por voos domésticos en marzo de 1994. A aeroliña fixo tamén voos de longo percorrido, co avión Boeing 767-300, a Washington, D.C. e Buenos Aires a finais dos 90. Spanair uniuse á Star Alliance en 2003. Actualmente os donos da compañía son o SAS Group (94,9%) e o Grupo Marsans (5,1%). Ten 2.535 empregados.
Frota
[editar | editar a fonte]En xaneiro do ano 2011 a frota de Spanair estaba formada por 32 avións, cunha idade media de 11,6 anos[1].
Avión | Total | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|
Airbus A320-200 | 19 | 156 - 180 | |
Airbus A321-200 | 5 | 212 | |
Boeing 717-200 | 1 | ||
McDonnell Douglas MD-82 | 1 | 120 - 170 | |
McDonnell Douglas MD-83 | 3 | ||
McDonnell Douglas MD-87 | 3 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 26 de febreiro de 2011.