[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Avianca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avianca
Aerovías del Continente Americano S.A.
IATA
AV
OACI
AVA
Indicativo
AVIANCA
Fundación5 de decembro de 1919 (como SCADTA)
Aeroporto principalAeroporto Internacional El Dorado
Plan de voo frecuenteLifeMiles
AlianzaStar Alliance
Frota86
Destinos100
HoldingSynergy Group
Páxina web: http://www.avianca.com/
Boeing 767 de Avianca

Avianca S.A. (acrónimo de Aerovías Nacionales de Colombia S.A., actualmente Aerovías del Continente Americano S.A.) é a aeroliña nacional de Colombia. Fundouse o 5 de decembro de 1919, cando inicialmente rexistrouse baixo o nome de SCADTA. A súa sede atópase en Bogotá, estando o seu principal centro de operacións no Aeroporto Internacional El Dorado. Avianca é tamén unha marca que abrangue un grupo de sete aeroliñas latinoamericanas con códigos IATA independentes, que combinan as súas operacións para funcionar como unha compañía usando un sistema de códigos compartidos. Avianca é a aeroliña máis grande de Colombia e a segunda de Latinoamérica: xunto coas súas subsidiarias ten a rede máis extensa de destinos de toda Latinoamérica e unha das frotas máis grandes e modernas do continente. É propiedade de Synergy Group S.A., un grupo latinoamericano fundado por Germán Efromovich e especializado no transporte aéreo.

O 7 de outubro de 2009 anunciouse que Avianca fusionaríase con TACA.[1] En 2009 Avianca celebrou o seu 90 aniversario sendo a segunda aeroliña máis antiga do mundo aínda operativa (tras KLM).

O 21 de xuño de 2012, Avianca foi presentada como membro oficial da Star Alliance tras un proceso que durou uns 18 meses dende o anuncio inicial de ser invitada a unirse á alianza.[2]

Frota de Avianca
Avión En servizo Pedidos Opcións Pasaxeiros Notas
J Y Total
ATR 42 9 48 48 4 avións van ser vendidos
ATR 72-600 7 5 68 68
Airbus A318-100 10 12 88 100
Airbus A319-100 25 23 12 108 120
Airbus A320-200 54 18 12 138 150 5 equipados con Sharklets
Airbus A320neo 33
TBA
Airbus A321-200 5 10 12 182 194 Equipados con Sharklets
Airbus A330-200 11 9 30 222 252 Un alugado a TACA
Airbus A350-900 10 10
TBA
Primeira entrega programada para 2018 a Avianca Brasil.
Boeing 787-8 1 14 5
TBA
Primeira entrega programada para outubro de 2014.
Cessna 208 10 12 12
Embraer 190 12 3 8 88 96
Total 141 126 15
  1. Flightglobal (ed.). "Avianca confirms 'strategic merger' with TACA". Consultado o 19 de setembro de 2014. 
  2. Star Alliance (ed.). "Avianca-TACA and Copa Airlines to join Star Alliance". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2010. Consultado o 28 de xullo de 2014.