Ricardo Montalbán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de novembro de 1920 Torreón, México |
Morte | 14 de xaneiro de 2009 (88 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Holy Cross |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Belmont High School (en) Fairfax High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor de televisión, actor, actor de dobraxe, actor de teatro, actor de cinema, actor de xénero, director de cinema |
Período de actividade | 1941 - 2009 |
Partido político | Partido Republicano |
Xénero artístico | Wéstern |
Familia | |
Cónxuxe | Georgiana Belzer |
Irmáns | Carlos Montalbán |
Premios | |
Descrito pola fonte | Star Trek: A Celebration (en) , (p.132) |
|
Ricardo Gonzalo Pedro Montalbán y Merino, nado na Cidade de México o 25 de novembro de 1920 e finado nos Ánxeles o 14 de xaneiro de 2009, foi un actor mexicano-estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Montalbán naceu na Cidade de México, fillo dos inmigrantes españois Genaro Balbino Montalbán Busano, encargado de almacén, e Ricarda Merino Jiménez.[1] Tivo tres irmáns: Pedro, Carlos e Carmen.[2] A súa familia trasladouse a Torreón, Coahuila,[3] onde creceu e realizou estudos comerciais na Escola de Comercio Treviño. De adolescente mudouse aos Ánxeles para vivir co seu irmán Carlos. Instaláronse en Nova York en 1940 e Montalbán conseguiu un pequeno papel na obra Her Cardboard Lover.[4]
En 1941 Montalbán volveu a México porque a súa nai estaba a piques de morrer. Alí actuou en polo menos doce filmes e converteuse nunha estrela local.[5] Deuse a coñecer nos Estados Unidos co filme Fiesta (1947), onde formou elenco con Esther Williams e Cyd Charisse. O filme foi moi popular e asinou coa Metro-Goldwyn-Mayer un contrato de longa duración.[6][7] Repetiu colaboración con Williams noutros dous filmes, On an Island with You e Neptune's Daughter.[8] En 1949, tivo un papel en Battleground xunto a Van Johnson e Denise Darcel.
En 1957, participou con Marlon Brando e James Garner no filme Sayonara e con Carmen Sevilla nunha coprodución ambientada en Exipto, Los amantes del desierto. Entre 1957 e 1959 actuou en Broadway no musical Jamaica xunto con Lena Horne. Pola súa actuación foi nomeado ao premio Tony ao mellor actor de musical.[9]
Durante os anos 60 actuou en diferentes programas e series de televisión como actor convidado, sendo un rostro coñecido na pequena pantalla. No mundo do cinema, continuou activo con papeis secundarios, aínda que colaborando con grandes estrelas e directores. Entre os seus filmes destes anos inclúense O gran combate (1964) de John Ford con James Stewart, Richard Widmark, Dolores del Río e Carroll Baker, Madame X con Lana Turner e John Forsythe, e The Singing Nun con Debbie Reynolds e Katharine Ross.
Unha das súas grandes aparicións no cinema foi en 1969, cando protagonizou xunto a Shirley MacLaine a adaptación cinematográfica do musical de Bob Fosse Sweet Charity.[10] Nel interpretou o sedutor actor Vittorio, papel que o consolidou na industria de Hollywood e aumentou a súa fama.
Entre 1975 e 1986 realizou varios anuncios para a firma de automóbiles Chrysler, entre os que figuran o Chrysler "Córdoba" (1975), a presentación da liña Chrysler "E-CLASS" (1984) e o Chrysler "New Yorker" (c. 1984?).[11]
Unha das súas interpretacións máis famosas foi a da entrañable personaxe Mr. Roarke da serie de televisión Fantasy Island (1978-1984) xunto ao actor francés Hervé Villechaize, que interpretou á personaxe de Tattoo. Grazas a esta serie, fíxose célebre en todo o mundo cando a súa actividade no cinema xa era menor. Tamén, segundo os seguidores da saga Star Trek, foi o mellor malvado desta serie pola súa aparición como Khan Noonien Singh no filme Star Trek II: Khan's Wrath.[12][13] Recibiu un Emmy ao mellor actor secundario pola serie How the West Was Won en 1978.
Montalbán continuou a traballar ata unha idade avanzada, mesmo nunha cadeira de rodas nos seus últimos filmes por mor das súas doenzas nas costas. Nos anos 70 participou en dous filmes na saga do Planeta dos simios protagonizadas por Roddy McDowall e Don Murray, e tamén en Ladróns de trens (1973), xunto con John Wayne e Ann-Margret.[14][15] A mediados dos 80, recuperou auxe coa serie The Colby, secuela de Dynasty, e máis tarde participou en Murder, She Wrote, protagonizada por Angela Lansbury. Tamén tivo un papel coprotagonista como malvado na comedia The Naked Gun: From the Files of Police Squad!, con Leslie Nielsen e Priscilla Presley. Na década de 2000, Montalbán tivo papeis menores en dúas entregas da saga Spy Kids.
Montalbán faleceu o 14 de xaneiro de 2009 na súa casa dos Ánxeles aos 88 anos. Segundo o seu xenro, Gilbert Smith, morreu por "complicacións pola idade". A causa precisa da morte foi un fallo cardíaco.[16][17] Está enterrado no Holy Cross Cemetery de Culver City, California.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Montalbán casou coa actriz e modelo Georgiana Young en 1944. Georgiana era medio irmá das actrices Sally Blane, Polly Ann Young e Loretta Young. Despois de 63 anos de matrimonio, Young faleceu o 13 de novembro de 2007 aos 84 anos, un ano e dous meses antes de Montalbán. Tiveron catro fillos xuntos: Laura, Mark, Anita e Victor.[3][18]
Montalbán era católico practicante e mesmo afirmou que a relixión era unha das cousa máis importantes da súa vida.[19] En 1998, o papa Xoán Paulo II nomeouno Cabaleiro da Orde de San Gregorio Magno.[20]
A súa autobiografía Reflections: A Life in Two Worlds publicouse en xaneiro de 1980 pola editorial Doubleday.[21]
Durante moitos anos seguiu unha dieta e un réxime de adestramento estritos que lle deron un físico envexable. Trala estrea de The Wrath of Khan, o director Nicholas Meyer negou rapidamente os rumores de que Montalbán usara próteses durante a rodaxe.[22]
Andy García interpretou a Montalbán no filme de 2018 My Dinner with Hervé.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1941 | Soundies | Membro do coro/Extra | Curtametraxes musicais |
1942 | Los tres mosqueteros | Uncredited | |
El verdugo de Sevilla | Jacobito | Uncredited | |
La virgen que forjó una patria | Soldado | Sen acreditar | |
1943 | La razón de la culpa | Anunciador en barco | Sen acreditar |
Santa | Jarameño | ||
Cinco fueron escogidos | Stefan | ||
1944 | La fuga | Tenente | |
1945 | Cadetes de la Naval | Cadet Ricardo Almagro | |
Nosotros | Armando Suárez | ||
La hora de la verdad | Rafael Meija | ||
La casa de la zorra | Alberto Salcedo | ||
1946 | Pepita Jiménez | Luis Vargas | |
1947 | Fantasía ranchera | ||
Fiesta | Mario Morales | ||
1948 | On an Island with You | Ricardo Montez | |
The Kissing Bandit | Fiesta Specialty Dancer | ||
1949 | Neptune's Daughter | José O'Rourke | |
Border Incident | Pablo Rodriguez | ||
Battleground | Rodriguez | ||
1950 | Mystery Street | Lieutenant Peter Morales | |
Right Cross | Johnny Monterez | ||
Two Weeks With Love | Demi Armendez | ||
1951 | The Mark of the Renegade | Marcos Zappa | |
Across the Wide Missouri | Ironshirt | ||
1952 | My Man and I | Chu Chu Ramirez | |
1953 | Sombrero | Pepe Gonzales | |
Latin Lovers | Roberto Santos | ||
1954 | The Saracen Blade | Pietro Donati | |
Sombra verde | Federico Gascón | ||
La cortigiana di Babilonia | Amal | ||
1955 | A Life in the Balance | Antonio Gómez | |
1956 | Three for Jamie Dawn | George Lorenz | |
1957 | Los amantes del desierto | Prince Said | |
Sayonara | Nakamura | ||
1960 | Let No Man Write My Epitaph | Louie Ramponi | |
1961 | Rage of the Buccaneers | Captain Gordon | |
1962 | Hemingway's Adventures of a Young Man | Major Padula | |
The Reluctant Saint | Father Raspi | ||
1963 | Love Is a Ball | Duke Gaspard Ducluzeau | |
1964 | O gran combate | Little Wolf | |
The Fantasticks | El Gallo | Telefilme | |
¡Buenas noches, año nuevo! | Fernando | ||
1965 | The Money Trap | Pete Delanos | |
1966 | Madame X | Phil Benton | |
The Singing Nun | Father Clementi | ||
1967 | The Longest Hundred Miles | Father Sanchez | |
1968 | Sol Madrid | Jalisco | |
Blue | Ortega | ||
1969 | Sweet Charity | Vittorio Vitale | |
Desperate Mission | Joaquin Murrieta | Telefilme | |
1971 | The Face of Fear | Sgt. Frank Ortega | Telefilme |
The Deserter | Natachai | ||
Escape from the Planet of the Apes | Armando | ||
1972 | Conquest of the Planet of the Apes | Armando | |
1973 | Ladróns de trens | The Pinkerton Man | |
1974 | The Mark of Zorro | Captain Esteban | Telefilme |
1976 | Won Ton Ton, the Dog Who Saved Hollywood | Silent Film Star | |
Joe Panther | Turtle George | ||
1977 | Mission to Glory: A True Story | Gen. Lafuente | |
Captains Courageous | Manuel | Telefilme | |
1982 | Star Trek II: The Wrath of Khan | Khan Noonien Singh | |
1984 | Cannonball Run II | King | |
1988 | The Naked Gun: From the Files of Police Squad! | Vincent Ludwig | |
2002 | Spy Kids 2: The Island of Lost Dreams | Grandpa Valentin Avellan | |
2003 | Spy Kids 3-D: Game Over | ||
2006 | The Ant Bully | The Head of Council | Voz |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ricardo Montalban profile at". Filmreference.com. Consultado o 2012-03-29.
- ↑ "Ricardo Montalban Biography – Yahoo! Movies". Movies.yahoo.com. Consultado o 2012-03-29.
- ↑ 3,0 3,1 Munoz, Lorenza (15 de xaneiro de 2009). "Suave actor Ricardo Montalban dies". Los Angeles Times.
- ↑ "'Fantasy Island' actor Ricardo Montalban dead at 88". CNN. 14 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2012. Consultado o 25 de abril de 2021.
- ↑ Dederer, Claire; Weber, Bruce (15 de xaneiro de 2009). "Ricardo Montalban, early Latino leading man, dies". International Herald Tribune (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2009. Consultado o 25 de abril de 2021.
- ↑ The Eddie Mannix Ledger. Os Ánxeles: Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study.
- ↑ MEXICAN IS SIGNED FOR LEAD IN FILM Tne New York Times, 25 de setembro de 1945: 34.
- ↑ "Obituaries: Ricardo Montalban" The Guardian 16 de xaneiro de 2009: 39.
- ↑ FILMLAND EVENT: Ricardo Montalban Will Return Here Los Angeles Times 8 de abril de 1959: A11.
- ↑ "Theater: Actor Ricardo Montalban--still a Casanova type", Mary Daniels, Chicago Tribune, 23 de febreiro de 1969: a8.
- ↑ "No Corinths were harmed during the filming of old Ricardo Montalban ads": [Ontario Edition], David Menzies, National Post, 10 de setembro de 2004: DO4.
- ↑ Associated Press (2 de decembro de 2002). "Patrick Stewart envious of villain roles". CTV.ca. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 5 de xaneiro de 2008.
- ↑ Ebert, Roger (1 de xaneiro de 1982). "Review: Star Trek II: The Wrath of Khan". Chicago Sun-Times. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2008. Consultado o 5 de xaneiro de 2008.
- ↑ "Ricardo Montalban Set for 'Lab' Role", Los Angeles Times, 1 de decembro de 1969: d34.
- ↑ "TV REVIEW: Ricardo Montalban Star of 'Aquarians'", Kevin Thomas, Los Angeles Times, 26 de outubro de 1970: e20.
- ↑ "Mexican-American actor Ricardo Montalbán dies at 88". New York Daily News. 15 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2009. Consultado o 2009-01-15.
- ↑ Dederer, Claire; Weber, Bruce (15 de xaneiro de 2009). "Ricardo Montalban, early Latino leading man, dies". The New York Times. Consultado o 2009-05-28.
- ↑ Evanier, Mark. "Wednesday January 14, 2009 – Ricardo Montalban, R.I.P.". News From Me Archives. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2009.
- ↑ "Ricardo Montalbán receives first Spirit of Angelus Award at student film festival". CatholicWeb.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2007. Consultado o 2008-10-24.
- ↑ Worley, Lloyd (xaneiro de 1998). "L.A. Times Online". The Religious and Military Order of Knights of the Holy Sepulchre of Jerusalem. Arquivado dende o orixinal o 2004-08-24. Consultado o 29 de marzo de 2012.
- ↑ Montalbán, Ricardo; Thomas, Bob (1980). Reflections: A Life in Two Worlds. Garden City, NY: Doubleday. ISBN 978-0-385-12878-0.
- ↑ Montalbán's Chest: Real or Fake
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ricardo Montalbán |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Montalbán, Ricardo; Bob Thomas (1980). Reflections: A Life in Two Worlds. Garden City, N.Y.: Doubleday. ISBN 978-0-385-12878-0. OCLC 5799611.
- Baugh, Scott L. (2012). Latino American Cinema: An Encyclopedia of Movies, Stars, Concepts, and Trends. Santa Barbara, California: ABC-CLIO. pp. 175–77. ISBN 9780313380365.