[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mergus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mergus é un xénero de aves da orde das anseriformes e familia dos anátidos, o tipo da subfamilia dos merxinos, aínda que algúns autores considéranos como unha tribo, a dos Mergini, dentro da subfamilia dos anatinos (Anatinae).[1]

As súas especies coñécense en galego como mergos.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Aínda que son patos mariños, a maioría dos mergos prefiren os hábitats fluviais, sendo común no mar só unha das especies.

Cualifícanse como "patos mergulladores" porque se mergullan completamente na procura de alimento. Aliméntase principalmente de peixes, e son mergulladores moi hábiles, que se mergullan con rapidez e chegan até 3 ou 4 m de profundidade con gran velocidade. Teñen polo tanto o corpo alongado, os pés moi anchos, o peteiro fino rematado en gancho e provisto de "dentes" aguzados nos bodos, que lles axudan a agarrar as súas presas, en lugar das láminas doutros patos.[3]

Poden permanecer en apnea durante un minuto ou máis.

Estes grandes comedores de peixe adoitan teren na súa plumaxe tons brancos e negros, marróns e/ou verdes, e a maioría teñen cristas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero Mergus foi creado en 1758 polo naturalista sueco Carl Linnaeus na décima edición do seu Systema Naturae.[4]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome do xénero é a palabra latina para unha ave acuática non identificada mencionada por Plinio o Vello e outros autores. Algunhas fontes identificárona como un corvo mariño ou a pardela cincenta.[5][6][7][8]

O xénero contén catro especies vivas e dúas especies recentemente extinguidas.[9][10][11]

Imaxe Nome científico Distribución
Mergus australis Nova Zelandia (extinto c. 1902)[12]
Mergus merganser Europa, norte e centro de Asia e Norteamérica
Mergus milleneri Nova Zelandia (extinguido algún tempo despois do asentamento humano nas illas Chatham,[11] que comezou c. 1500[13])
Mergus octosetaceus O Brasil e nalgúns lugares da Paraguai e a Arxentina
Mergus serrator Norte de América do Norte, Groenlandia, Europa e Asia.
Mergus squamatus Leste de Asia

Especie tipo

[editar | editar a fonte]

A especie tipo é Mergus merganser, designada por Thomas Campbell Eyton en 1838.[14][15]

  1. Peterson, A. P.: Zoonomen. Zoological Nomenclature - Anseriformes.
  2. mergo no Digalego.
  3. Pierre Darmangeat, dir. (2000): Oiseaux de mer et de rivage. Paris, Artémis. ISBN 2-8441-6041-7.
  4. Linnaeus, Carl (1758). Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis 1 (10th ed.). Holmiae (Estocolmo): Laurentii Salvii. p. 129. 
  5. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 251. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  6. Arnott, W. G. (1964). "Notes on Gavia and Mergvs in Latin Authors [Notes on Gavia and Mergus in Latin Authors]". The Classical Quarterly 14 (2): 249–262. 
  7. White, Heather (2011). "Language and style in Ovid". Veleia (en castelán) (28). doi:10.1387/veleia.6309. 
  8. "Ornithological Approaches to Greek Mythology: The Case of the Shearwater" (PDF). CAMWS. 
  9. Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (Xullo de 2021). "Screamers, ducks, geese & swans". IOC World Bird List Version 11.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 2 de novembro de 2022. 
  10. "Auckland Island merganser | Miuweka | New Zealand Birds Online". www.nzbirdsonline.org.nz. Consultado o 2022-05-30. 
  11. 11,0 11,1 "Chatham Island merganser | New Zealand Birds Online". nzbirdsonline.org.nz (en inglés). Consultado o 2022-05-30. 
  12. BirdLife International (2016): Mergus australis na UICN.
  13. "Moriori | people | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-05-30. 
  14. Eyton, Thomas Campbell (1838). A Monograph on the Anatidae, or Duck Tribe. Londres: Longman, Orme, Brown, Green, & Longman. p. 76. 
  15. Mayr, Ernst; Cottrell, G. William, eds. (1979). Check-List of Birds of the World 1 (2nd ed.). Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 496. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]