[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Systema Naturae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Systema naturæ. Cuberta da 10ª edición (Estocolmo, 1758).

O libro Systema Naturæ (abreviado Syst. Nat.) foi unha das principais obras do médico, botánico e naturalista sueco Linneo.

O seu título completo é "Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis" ("Sistema natural, nos tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares").[1][2][3]

Co seu sistema, Linneo, profundo crente, pensaba que estaba clasificando a creación de Deus.

A décima edición deste libro (1758) está considerada como o punto de partida formal da nomenclatura zoolóxica.[4]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Linneo publicou a primeira edición do Systema naturae no ano 1735, durante a súa estancia nos Países Baixos. Como era costume para a literatura científica da época, o libro publicouse en latín. Nel expoñía as súas ideas para a clasificación xerárquica do mundo natural, dividíndoo nos clásicos tres reinos, o reino animal (Regnum animale), o reino vegetal (Regnum vegetabile) e o "reino mineral" (Regnum lapideum).

Para a clasificación do reino vexetal Linneo segue o seu novo sistema sexual, en que as especies co mesmo número de estames se inclúen no mesmo grupo. A clasificación dos animais era máis natural. Por exemplo, os seres humanos foron por primeira vez colocados xunto a outros primates (como Anthropomorpha).

En vista da popularidade da obra, Linneo continou a publicación de novas edicións, ampliando en cada unha a precedente, desde as once páxinas da primeira edición (1735) ás tres mil páxinas da déciimo terceira e última edición (1770). Ademais, segundo avanzaba no traballo, fixo modificacións: na primeira edición as baleas foron (erroneamente) clasificadas como peixes; na 10ª edición, publicada en 1758, as baleas xa se identificaron como mamíferos.[5] Nesta mesma edición introduce para as especies animais un nome científico formado por dous termos (xenérico e específico), a denominada nomenclatura binomial, algo que xa fixera para as especies de plantas en 1753, na publicación de Species Plantarum.

  1. tomus I (Regnum animale) pars 2 / Caroli a Linné 1767
  2. tomus II (Regnum vegetabile)
  3. tomus III (Regnum lapideum)
  4. Gribbin, Mary (2008). Flower hunters. Oxford: Oxford University Press. p. 47. ISBN 978-0-19-280718-2. OCLC 183610492. 
  5. O que non convenceu a varios estudosos, por exemplo, a Cornide Saavedra que, aínda así, seguiu o criterio linneano no seu Ensaio sobre os peixes de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Blunt, Wilfrid (2004): The Compleat Naturalist: A Life of Linnaeus. Londres: Frances Lincoln. ISBN 0-7112-2362-9. Resumo
  • Brightwell, Cecilia Lucy (1858): A life of Linnaeus. Londres: J. Van Voorst. Ver libro en liña

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]