Anátidos
Anátidos Anatidae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parella de Anas platyrhynchos. Arriba, femia; debaixo, macho | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A dos anátidos,[1] Anatidae, é unha familia de aves da orde dos anseriformes.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1820 polo político e zoólogo irlandés, especializado en ornitoloxía, Nicholas Aylward Vigors.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Anatidae está fomado pola unión dos elementos Anat- e -idae. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Anas, e o segundo e o sufixo do latín científico empregado para formación dos nomes das familias de animais.[3]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, a familia coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Anatinae Leach, 1820
- Cereopseinae Vigors, 1825
Subfamilias
[editar | editar a fonte]A familia subdivídese nas seguintes sufamilias:[Cómpre referencia]
- Dendrocygninae
- Thalassorninae
- Anserinae
- Stictonettinae
- Plectropterinae
- Tadorninae
- Anatinae
- Merginae
- Oxyurinae
Características
[editar | editar a fonte]Os anátidos son aves usualmente migradoras que adoitan vivir nas proximidades da auga; unha das súas adaptacións ao medio acuático é que son palmípedes.
Entre as moi diversas especies desta familia (aproximadamente unhas 150) encóntranse os patos ou parrulos, os gansos, os cisnes, os cisnes arborícolas, os mergos, os eideres, e outras.
Nas eras modernas a súa área de distribución natural abarca practicamente todo o planeta Terra, a excepción (salvo casos ocasionais) da Antártida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ anátidos no Dicionario da RAG.
- ↑ 2,0 2,1 Anatidae Leach, 1820 na BioLib. Consultada o 2 de decembrop de 2022.
- ↑ Anatidae no Merriam-Webster Dictionary.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anátidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans) en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.
- Leach, W. E. (1820): Synopsis of the Contents of the British Museum: Eleventh Room. British Museum. London. 17th edition: 65–70. (Páxina de referencia).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Anatidae no SIIT. (en inglés)
- Alan P. Peterson. Anatidae en Anseriformes (en inglés)
- Anatidae Arquivado 08 de novembro de 2012 en Wayback Machine. en Tree of Life. (en inglés)
- Anatidae Arquivado 18 de agosto de 2014 en Wayback Machine. en Fauna Europaea. (en inglés)
- Anatidae na Animal Diversity Web. (en inglés)
- Anatidae en NCBI. (en inglés)
- Anatidae na EOL (en inglés)
- Anatidae na Enciclopedia Británica (en inglés)