[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lagos, Nixeria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaLagos, Nixeria
Lagos (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°27′N 3°24′L / 6.45, 3.4
EstadoNixeria
Estado federadoEstado de Lagos Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación15.070.000 (2022) Editar o valor en Wikidata (12.866,27 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.171,28 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude34 m Editar o valor en Wikidata
Creación1472 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoRilwan Akiolu (en) Traducir (2003–)
Babajide Sanwo-Olu (en) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina weblagosstate.gov.ng Editar o valor en Wikidata

Lagos (en yoruba: Èkó) é a cidade máis poboada de Nixeria e de África, cunha poboación estimada de 21 millóns de persoas[1] en 2015. A poboación estimada da cidade de Lagos foi de máis de 24 millóns en 2022; e ao redor de 30 millóns para a área metropolitana de Lagos, incluída a área suburbana que se interna no veciño estado de Ogun, facendo de Lagos a área urbana máis poboada de África.[2] Lagos foi a capital nacional de Nixeria ata decembro de 1991, despois da decisión do goberno de Nixeria de trasladar a súa capital a Abuja, no centro do país. Lagos é un importante centro financeiro africano e é o centro económico do estado de Lagos e de Nixeria en xeral. A cidade foi descrita como a capital cultural, financeira e do entretemento de África, e ten unha influencia significativa no comercio, tecnoloxía, educación, política, turismo, arte e moda. Lagos tamén está entre as dez cidades e áreas urbanas de máis rápido crecemento do mundo.[10][11] A megacidade ten o cuarto PIB máis alto de África[12][13] e conta cun dos portos marítimos máis grandes e concorridos do continente.[14][15][16] A área metropolitana de Lagos é un importante centro educativo e cultural da África subsahariana.[17] Debido á gran poboación urbana e aos volumes de tráfico portuario, Lagos está clasificada como unha megacidade portuaria.[18]

A rexión onde agora se localiza Lagos, metrópole de Nixeria, foi habitada orixinalmente polos awori, un subgrupo do pobo yoruba que habitou na zona no século XV, e polos binis no século XVI.[19][8][20][21][22] Os awori mudáronse a unha illa que agora se chama Iddo e despois á illa máis grande de Lagos.[23] Debido a que a zona estaba dominada polo entón expansivo Reino de Benín, a cidade chamouse Eko dende finais do século XVI ata mediados do século XIX.[24] O nome de Eko foille dado por Oba Ado, un príncipe do reino de Benin. Eko segue sendo o nome nativo de Lagos ata a data.[25]

Lagos foi o nome que recibiu a cidade polos foi un nome dado ao asentamento polos portugueses. Ao longo da historia, foi o fogar de varios grupos étnicos yoruba en guerra que se asentaron na zona. Despois do seu asentamento temperán pola nobreza Awori, o estado chamou por primeira vez a atención dos portugueses no século XV.[26] O explorador portugués Rui de Sequeira visitou a zona en 1472, nomeando a zona arredor da cidade "Lago de Curamo".[27] Tamén é probable que a cidade recibise o nome da cidade costeira homónima de Lagos, Portugal, na rexión do Algarve, dende onde partirían os mariñeiros e os colonos.[28][29][30][31]

Ilustración de xornal de 1852 que amosa o bombardeo de Lagos polas forzas británicas.

A principios do século XIX, os británicos loitaron contra o comercio atlántico de escravos, e o seu Escuadrón de África Occidental, ou Escuadrón Preventivo como tamén era coñecido, continuou perseguindo barcos escravistas portugueses, estadounidenses, franceses e cubanos e impoñendo tratados contra a escravitude cos xefes costeiros de África Occidental con tanta tenacidade que crearon un forte presenza ao longo da costa de África occidental dende Serra Leoa até o delta do Níxer (actual Nixeria) e até o sur ata o Congo.[32] En 1849, Gran Bretaña nomeou a John Beecroft Cónsul das Baías de Benín e Biafra, cargo que ocupou (xunto coa súa gobernación de Fernando Po) ata a súa morte en 1854.[33] John Duncan foi nomeado vicecónsul e estaba situado en Whydah. Na época do nomeamento de Beecroft, o Reino de Lagos (baixo o goberno de Oba Kosoko) estaba na parte occidental do Consulado das Baías de Benín e Biafra, e era un porto clave para o comercio de escravos.[34] En 1851 e coa presión dos escravos liberados que agora exercen influencia política e empresarial, Gran Bretaña interveu en Lagos no que hoxe se coñece como o bombardeo de Lagos ou captura de Lagos.[34][35] resultando na instalación de Oba Akitoye e a expulsión de Oba Kosoko. Oba Akitoye asinou entón o Tratado entre Gran Bretaña e Lagos que aboliu a escravitude. A sinatura do tratado de 1852 iniciou o período consular na historia de Lagos no que Gran Bretaña proporcionou protección militar a Lagos.[36]

Tras as ameazas de Kosoko e os franceses que estaban situados en Whydah, Lord Palmerston (primeiro ministro británico) tomou unha decisión que sinalou en 1861, "a conveniencia de non perder tempo asumindo o protectorado formal de Lagos".[37] William McCoskry, o cónsul interino en Lagos co comandante Bedingfield convocou unha reunión con Oba Dosunmu o 30 de xullo de 1861 a bordo do HMS Prometheus onde se explicou a intención de Gran Bretaña e se requiriu unha resposta aos termos en agosto de 1861. Dosunmu resistiu os termos do tratado pero baixo a ameaza de lanzar un bombardeo en Lagos polo comandante Bedingfield, Dosunmu cedeu e asinou o Tratado de Cesión de Lagos o 6 de agosto de 1861.[35][38][39]

Lagos viviu unha protesta sobre o imposto sobre a vivenda e a terra en 1895.
Lagos Marina (arredor de 1900).
Vista aérea de Lagos en 1929.

Lagos foi declarada unha colonia o 5 de marzo de 1862. O resto da actual Nixeria foi incautada en 1887, e cando se estableceu a Colonia e Protectorado de Nixeria en 1914, Lagos converteuse na súa capital, continuando como tal despois da independencia do país de Gran Bretaña en 1960. Xunto con emigrantes de toda Nixeria e outras nacións de África Occidental estaban os exescravos retornados coñecidos como crioulos, que viñan de Freetown, Serra Leoa, o Brasil e as Indias Occidentais a Lagos. Os crioulos contribuíron á modernización de Lagos, e o seu coñecemento da arquitectura portuguesa aínda se pode ver na illa de Lagos. Desde o século XIX, Lagos transformouse gradualmente nun crisol de africanos e europeos.[40][41][19][42] As conexións ferroviarias e os cables telefónicos que conectan Lagos con Londres foran estabelecidos en 1886.[43][44][45] A iluminación pública eléctrica foi introducida na cidade en 1898.[46][47]

Praza Tinubu en 1962 cunha fonte modernista.

Lagos experimentou un rápido crecemento durante as décadas de 1960 e 1970 como resultado do boom económico de Nixeria.[48] Antes da creación do Estado de Lagos o 27 de maio de 1967, Lagos, daquela a capital do país, era administrada directamente polo Goberno Federal como Territorio Federal a través do Ministerio Federal de Asuntos de Lagos, mentres que o concello de Lagos (LCC) gobernaba a cidade.[49] Lagos, xunto coas cidades da daquela rexión occidental (Ikeja, Agege, Mushin, Ikorodu, Epe e Badagry), foron finalmente agrupadas para crear o Estado de Lagos.[49] A cidade de Lagos dividiuse nas actuais sete áreas de goberno local (LGA polas súas siglas en inglés), mentres que as outras cidades constitúen agora 13 áreas de goberno no estado. Lagos desempeñou o dobre papel de ser a capital estatal e federal ata 1976 cando a capital do estado foi trasladada a Ikeja. Lagos viuse negativamente afectada durante o goberno militar de Nixeria.[50] Ademais, o 12 de decembro de 1991, a sede do Goberno Federal tamén se trasladou formalmente a Abuja. Porén, Lagos segue sendo o centro financeiro do país e tamén creceu ata converterse na conurbación máis poboada do país.[49]

Administración

[editar | editar a fonte]
Mapa das 16 áreas administrativas de Lagos.

A área metropolitana de Lagos alberga 16 das 20 Áreas de Goberno Local do Estado de Lagos, ao mesmo tempo que contén o 88% da poboación dese estado. Segundo o censo do ano 2006 Lagos Metropolitana ten unha poboación de 7 937 932 habitantes, cifra amplamente superada na actualidade cos 12 millóns de habitantes da capital.

Este grande aumento no censo converte a Lagos nunha das cidades do mundo con maior crecemento demográfico, aumentando a súa área metropolitana en 275.000 persoas por ano.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Lagos é a segunda cidade máis poboada de África, só superada por O Cairo, en Exipto, ocupa tamén o posto 29º do mundo.

Os 16 AGLs da área metropolitana de Lagos.
LGAs Área
(en km²)
Poboación
(Censo 2006)
Densidade
(hab./km²)
Agege 11,2 459.939 41.071
Ajeromi-Ifelodun 12,3 684.105 55.474
Alimosho 185,2 1 277 714 6.899
Amuwo-Odofin 134,6 318.166 2.364
Apapa
(Local do principal porto de Lagos)
26,7 217.362 8.153
Eti-Osa [51] 192,3 287.785 1.496
Ifako-Ijaiye 26,6 427.878 16.078
Ikeja 46,2 313.196 6.785
Kosofe 81,4 665.393 8.174
Illa de Lagos
(centro histórico e comercial)
8,7 209.437 24.182
Lagos Continental 19,5 317.720 16.322
Mushin 17,5 633.009 36.213
Ojo 158,2 598.071 3.781
Oshodi-Isolo 44,8 621.509 13.886
Somolu 11,6 402.673 34.862
Surulere 23,0 503.975 21.912
Lagos Metropolitana 999,6 7 937 932 7.941
Evolución demográfica de Lagos.
1901 1911 1921 1931 1939 1952 1963 1971 1982 1987 1991 2006 2008
37.000 73.766 99.690 126.108 158.500 272.000 665.000 1 200 000 1 404 000 3 800 000 5 195 247 7 937 932 9 494 085

Ao igual que no resto do país na cidade o deporte máis popular é o fútbol, tendo na cidade a súa sede a Asociación de Fútbol de Nixeria (NFA). A Selección de fútbol de Nixeria xogaba os seus partidos como local no Estadio Surelere de Lagos, ata o ano 2003, cando se inaugurou o Estadio Abuya[52] na capital do país, e onde xoga agora a selección nacional[53].

En canto a clubs é a sede do Bridge Boys FC e do First Bank FC, que xogan na segunda división do país.

Obas (Reis) da historia de Lagos

[editar | editar a fonte]
O Oba Rilwan Akiolu nun acto con dignatarios estranxeiros en 2006.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Lagos now wears a new look". Africa Renewal (en inglés). 2016-03-30. Consultado o 2023-04-19. 
  2. Bearak, Max; Moriarty, Dylan; Ledur, Júlia. "Africa’s rising cities". Washington Post (en inglés). Consultado o 2023-04-19. 
  3. African Cities Driving the NEPAD Initiative. UN-HABITAT. 2006. p. 202. ISBN 978-9-211318159. 
  4. Hartley, John; Potts, Jason; Flew, Terry; Cunningham, Stuart; Keane, Michael; Banks, John (2012). Key Concepts in Creative Industries. SAGE. p. 47. ISBN 978-1-446-2028-90. 
  5. Helmut K Anheier; Yudhishthir Raj Isar (2012). Cultures and Globalization: Cities, Cultural Policy and Governance. SAGE. p. 118. ISBN 978-1-446-2585-07. 
  6. Cunningham, Stuart (2013). Hidden Innovation: Policy, Industry and the Creative Sector (Creative Economy and Innovation Culture Se Series). Univ. of Queensland Press. p. 163. ISBN 978-0-702-2509-89. 
  7. Benton-Short, Lisa; John Rennie Short (2013). Cities and Nature. Routledge Critical Introductions to Urbanism and the City. p. 7. ISBN 978-1-134252749. 
  8. 8,0 8,1 Pinther, Kerstin; Förster, Larissa; Hanussek, Christian (2012). Afropolis: City Media Art. Jacana Media. p. 18. ISBN 978-1-431-4032-57. 
  9. Diop, Salif; Barusseau, Jean-Paul; Descamps, Cyr (2014). The Land/Ocean Interactions in the Coastal Zone of West and Central Africa Estuaries of the World. Springer. p. 66. ISBN 978-3-319-0638-81. 
  10. Fontes:[3][4][5][6][7][8][9]
  11. "The Most Populated Cities of the World. World Megacities - Nations Online Project". nationsonline.org. Consultado o 2021-09-23. 
  12. "Lagos and Its Potentials for Economic Growth". 2 July 2015. Consultado o 26 de outubro de 2015. 
  13. "These cities are the hubs of Africa's economic boom". Big Think. 2018-10-04. Consultado o 2019-04-23. 
  14. "Africa's biggest shipping ports". Businesstech. 8 de marzo de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2015. 
  15. Rajewski, Brian (1998). Africa, Volume 1 of Cities of the World: a compilation of current information on cultural, geographical, and political conditions in the countries and cities of six continents, based on the Department of State's "post reports". Gale Research International, Limited. ISBN 978-0-810-3769-22. 
  16. Lees, Loretta; Hyun Bang Shin; Ernesto López Morales (2015). Global Gentrifications: Uneven Development and Displacement. Policy Press. p. 315. ISBN 978-1-447-3134-89. 
  17. "Lagos | City, Population, & History | Britannica". britannica.com (en inglés). Consultado o 2021-11-19. 
  18. Roberts, Toby; Williams, Ian; Preston, John (10 de agosto de 2020). "The Southampton system: a new universal standard approach for port-city classification". Maritime Policy & Management (Londres: Taylor & Francis Group) 48 (4): 530–542. doi:10.1080/03088839.2020.1802785. Consultado o 26 de decembro de 2022. 
  19. 19,0 19,1 Hutchison, Ray (2009). Encyclopedia of Urban Studies. SAGE. p. 427. ISBN 978-1-412-9143-21. 
  20. Peil, Margaret (1991). Lagos: the city is the people (World cities series). G.K. Hall. p. 5. ISBN 978-0-816-1729-93. 
  21. Appiah, Anthony; Gates, Henry Louis (2010). Encyclopedia of Africa, Volume 1. Oxford University Press. p. 28. ISBN 978-0-195-3377-09. 
  22. "Awori People: A brief history and belief of the original indigenes of Lagos". Pulse Nigeria (en inglés). 2022-02-09. Consultado o 2022-03-12. 
  23. "Lagos | City, Population, & History | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-06-12. 
  24. "Lagos Oba traces origin". The Guardian Nigeria News - Nigeria and World News (en inglés). 2017-05-14. Consultado o 2022-06-12. 
  25. "The history of Lagos and the aboriginal tribes". Vanguard News (en inglés). 2017-06-04. Consultado o 2022-02-24. 
  26. "The Origin of Eko (Lagos)". Edo Nation. Consultado o 2 de xuño de 2010. 
  27. "History Of Lagos". One Lagos Fiesta (en inglés). 2016-07-10. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2022. Consultado o 2023-04-24. 
  28. Caelen Anacker (6 de xullo de 2010). "Lagos, Nigeria (ca. 1350- )". blackpast.org. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  29. "Lagos en LuzHolidays". luzholidays.com. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  30. afrolegends.com (ed.). "Why the name: Lagos?". Consultado o 30 de maio de 2023. 
  31. hubert-herald.nl (ed.). "Lagos Colony". Consultado o 30 de maio de 2023. 
  32. Smith, Robert (xaneiro de 1979). The Lagos Consulate 1851-1861. Macmillan. p. 2. ISBN 9780520037465. 
  33. Howard Temperley, "Beecroft, John (1790–1854)", rev. Elizabeth Baigent, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004
  34. 34,0 34,1 A. Adu Boahen (1985). Africa Under Colonial Domination 1880-1935 (General history of Africa) 7. Unesco. International Scientific Committee for the Drafting of a General History of Africa. p. 134. ISBN 978-9-231-0171-31. 
  35. 35,0 35,1 Sir William M.N. Geary (2013). Nigeria Under British Rule (1927). Routledge. pp. 24–28. ISBN 978-1-136-9629-43. 
  36. Austen, R. (2009-04-01). "Slavery and the Birth of an African City: Lagos, 1760-1900, by Kristin Mann". African Affairs 108 (431): 328–329. ISSN 0001-9909. doi:10.1093/afraf/adp004. 
  37. Smith, Robert (xaneiro de 1979). The Lagos Consulate 1851-1861. Macmillan. pp. 121. ISBN 9780520037465. 
  38. Elebute, Adeyemo (2013). The Life of James Pinson Labulo Davies: A Colossus of Victorian Lagos. Kachifo Limited/Prestige. pp. 143–145. ISBN 9789785205763. 
  39. Anderson, David; Rathbone, Richard (2000). Africa's Urban Past. James Currey Publishers, 2000. p. 126. ISBN 978-0-852-5576-17. 
  40. Agawu, Kofi (2014). "19th century Lagos". Representing African Music: Postcolonial Notes, Queries, Positions. Routledge. p. 12. ISBN 978-1-317-7940-66. 
  41. J. F. Ade Ajayi; Unesco. International Scientific Committee for the Drafting of a General History of Africa (1998). Africa in the Nineteenth Century Until the 1880s 6. University of California Press. p. 286. ISBN 978-0-520-0670-11. 
  42. "1914 - 2014 Colonial Footprints: Lagos, Then and Now". The Centenary Project (Google Arts and Culture). marzo de 2014. Consultado o 14 de maio de 2016. 
  43. Williams, Lizzie (2008). Nigeria: The Bradt Travel Guide. Bradt Travel Guides. p. 111. ISBN 978-1-841-6223-92. 
  44. Ulrich, Hans F.; Lehrmann, Ernst P. (2008). Telecommunications Research Trends. Nova Publishers. p. 144. ISBN 978-1-604-5615-86. 
  45. Noam, Eli M. (1999). Telecommunications in Africa (Global communications series). Oxford University Press. ISBN 978-0-195-3562-74. 
  46. Williams, Lizzie (2008). Nigeria: The Bradt Travel Guide. Bradt Travel Guides. p. 110. ISBN 978-1-84162-239-2. 
  47. Olukoju, Ayodeji (2003). "Chapter two. Electricity supply in Lagos, 1898-2000". INFRASTRUCTURE DEVELOPMENT AND URBAN FACILITIES IN LAGOS, 1861-2000. OpenEdition Books. African Dynamics (Institut français de recherche en Afrique (IFRA-Nigeria)). pp. 22–45. ISBN 9791092312225. 
  48. "2008 All Africa Media Research Conference" (PPT). Pan African Media Research Organisation. p. 8. Consultado o 4 de abril de 2012. [Ligazón morta]
  49. 49,0 49,1 49,2 "Lagos State Information". National Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal o 9 de novembro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  50. Draper, Robert; Hammond, Robin (1 de xaneiro de 2015). "Lagos Nigeria: Africa's First city". National Geographic. Consultado o 18 de abril de 2016. 
  51. Centro de negócio de Lagos e lugar das comunidades de Victoria Island e Ikoyi, antigamente a residencia do goberno federal nixeriano
  52. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  53. http://www.rsssf.com/tablesn/nig-intres.html

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]