[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tbilisi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tiflis»)
Modelo:Xeografía políticaTbilisi
თბილისი (ka) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Vista no inverno
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°43′21″N 44°47′33″L / 41.7225, 44.7925
EstadoXeorxia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.118.035 (2014) Editar o valor en Wikidata (1.552,83 hab./km²)
Lingua oficiallingua xeorxiana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Kartli (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie720 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Kura (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude575 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creaciónc. 455 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
• Xefe do gobernoKakhaber Kaladze (pt) Traducir (2017–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoTbilisi City Assembly (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
MoedaLari (moeda) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal0100–0199 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico32 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GE-TB Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Saarbrücken (1975–)
Liubliana (1977–)
Innsbruck (1982–)
Palermo (1987–)
Bakú (1993–)
Odesa (1996–)
Kíiv (1999–)
Riga (2007–)
Cracovia (2009–)
Vilnius (2009–)
Chișinău (2011–)
Khárkiv (2012–)
Lviv (2013–)
Lublin (2014–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webtbilisi.gov.ge Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6069938

Tbilisi[1] (transliterado do xeorxianoთბილისი[tʰb̥ilisi] (AFI)Tbilisi.ogg escoitar), antigamente Tiflis, é a capital e a maior cidade de Xeorxia. Localízase no centro do país, no Cáucaso, nas marxes do río Kura. Segundo datos de 2005 a cidade ten 1.093.000 habitantes e a área metropolitana 1.300.000. Fundouna o rei Vakhtang I Gorgasali no século V e foi a capital da Xeorxia a partir do século VI d.C.

A cidade ten máis de 1.345.000 habitantes e unha superficie de 726 km².

Tiflis é un importante centro industrial, social e cultural. A cidade é unha importante ruta de tránsito da enerxía global e o comercio. Localizada estratexicamente entre Europa e Asia e antigamente situada na Ruta da Seda, Tiflis foi a miúdo un punto clave nas relacións de imperios rivais. A historia da cidade pode ser vista pola súa arquitectura onde a avenida Rustaveli , deseñada polo barón Haussmann, e o centro están mesturados coas estreitas rúas do distrito medieval de Narikala.

A demografía da cidade é diversa e historicamente foi fogar de xente de diferentes etnias, relixión e cultura. A pesar de ser maioritario o número de cristiáns ortodoxos, Tiflis é un dos poucos lugares no mundo onde unha sinagoga e unha mesquita están próximas a unha da outra, no antigo distrito de Abanotubani a varios metros da igrexa de Metekhi. Recentemente, Tiflis foi coñecida pola pacífica Revolución das rosas, que tivo lugar na praza da Liberdade e lugares próximos. A consecuencia diso, o entón presidente, Eduard Shevardnadze, foi desprazado do poder.

A cidade conta cun aeroporto internacional. Os seus principais lugares turísticos son a catedral de Sameba, a praza da Liberdade, a catedral de Sioni, Metekhi, Narikala, o Parlamento de Xeorxia, a avenida Rustaveli, o Teatro da Ópera e o Ballet, a basílica de Anchiskhati, a montaña de Mtatsminda e a igrexa de Kashveti, preto da cal atópanse o Museo Nacional, o Museo Histórico e numerosas galerías de arte. A cidade foi inmortalizada polos pintores Niko Pirosmani e Lado Gudiashvili.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.