Eritrea italiana
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Massaua Asmara | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.000 (1939) (0,01 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 121.100 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1890 | ||||
Disolución | 1936 | ||||
A Eritrea italiana, ou Colonia eritrea (en italiano Eritrea italiana ou Colonia eritrea) foi a primeira das colonias do Reino de Italia en África.
A presenza italiana en Eritrea esténdese desde 1869 (compra da cidade portuaria de Assab polos italianos) até a ocupación do territorio polos Estados Unidos e a Gran Bretaña en 1941.
A partir de 1936 o país integrouse na África Oriental Italiana.
Polo Tratado de París de 1947, Italia renunciou ás súas pretensións coloniais en Eritrea, que se uniría ao imperio Etíope en 1952.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros pasos de Italia en Assab levánrose a cabo en 1869, inmediatamente despois da apertura do canal de Suez, coa compra de terras polo misioneiro Giuseppe Sapeto, o que estimulou a compañía navieira de Raffaele Rubattino.[1] A empresa italiana de navegación comprou a baía de Assab a uns sultáns para construír un porto para os servizos da súa frota comercial.
O 10 de marzo de 1882, o goberno italiano adquiriu a terra de Assab da empresa italiana.[2]
O goberno exipcio protestou a esta adquisición, e reivindicou a posesión da baía, o que orixinou unha controversia que non concluíu até 1882.
Pouco a pouco as forzas italianas foron conquistando a costa enteira até ocupar a importante cidade portuaria de Massaua, abandonada polos anglo-exipcios, o 5 de febreiro de 1885.
A cidade de Massaua converteuse na capital provisional desta posesión de ultramar, e o control italiano estendeuse no interior, a pesar da derrota na batalla de Dogali.
A ocupación de Massaua daría como resultado a creación da "colonia Eritrea", establecida en 1890.
De acordo co tratado de Wuchale (en italiano, Uccialli), asinado entre o Reino de Italia e o Reino de Etiopía o 2 de maio de 1889 no campamento do rei Menelik II en Shewa, entre este e o conde Pietro Antonelli, en representación do Reino de Italia.
Segundo a versión italiana do tratado, establecíase que Etiopía estaba obrigada a tratar todos os seus asuntos de política exterior e relacións con outras nacións estranxieras por medio das autoridades italianas, transformando así de fetito ao reino etíope nun protectorado italiano.
Na versión en amhárico, en cambio, recomendábase simplemente consultar ao goberno italiano naqueles asuntos que involucraran outras nacións europeas.
A controversia entre ambos os países, derivou na Primeira Guerra Italo-Etíope, entre 1895 e 1896, que finalizou coa derrota italiana na batalla de Adua, e na delimitación definitiva das fronteiras de Eritrea, polo que a expansión da colonia polas mesetas contiguas, a expensas de Etiopía, acabouse con esta derrota.
En 1893 o negus Menelik II denunciou o tratado de Wuchale.
Porén, Italia continuou a súa expansión no interior do país (Axum, Mekele, Adua) e, en setembro de 1895, produciuse a batalla de Amba Alagi entre as tropas etíopes e italianas; o 1 de marzo de 1896 os italianos foron outra vez derrotados en Adua.
Polo tratado de paz de Addis Abeba, que anulou o tratado de Wuchale, Italia recoñeceu a independencia do imperio de Abisinia, e este último recoñeceu a colonia italiana de Eritrea.
Despois da ocupación de Etiopía polas tropas italianas en 1936, tras a Segunda Guerra Italo-Etíope, a colonia de Eritrea pasou a formar parte da África Oriental Italiana.
A partir de 1941, no curso da segunda guerra mundial, Eritrea foi ocupada polos británicos, que a entregaron a Etiopía en 1952 de acordo cunha decisión da Organización das Nacións Unidas.
Fronteiras
[editar | editar a fonte]A fronteira entre Eritrea e Etiopía definiuse por un tratado de 1908.
A fronteira co Sudán Anglo-Exipcio regulouse polos tratados de 1887,[3] e de 1901.[4]
E a fronteira entre Eritrea e Djibuti foi definida entre 1891 e 1901.
Estas fronteiras mantéñense na actualidade.
Porén, o territorio de Eritrea foi ampliado despois da conquista de Etiopía por Italie en 1936.
A Gobernación de Eritrea (Governorato di Eritrea), que durou seis anos, até 1941, comprendía algunhs territorios actualmente no norte de Etiopía.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Un tálero de Eritrea coa efixie do rei Humberto I, moeda usada en Eritrea de 1890 a 1921
-
Moeda de 1 lira italiana para eritrea (1891), coa efixie do rei Humberto I
-
O porto de Massaua no século XIX
-
Igrexa da Virxe do Rosario de Asmara, construída polos italianos en 1923
-
Estación de servizo, en estilo futurista, "Fiat Tagliero", construída en Asmara en 1938
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lazzarini, Vincenzo (1981): "P. Giuseppe Sapeto e la ripresa cattolica in Abissinia", Quaderni di studi etiopici, Asmara, n° 2.
- ↑ Ciglio, Carlo (1958-1959): "Etiopía - Mar Rosso (1857-1885)", en L'Italia en África, Roma serie storica, volume 1º (t. 1: texto; t. 2: documentos), Istituto della Stato.
- ↑ Cambio de notas sobre o límite da xurisdición entre Italie e Ingleterra no mar Vermello, do 24-05-1887
- ↑ Declaración entre Italia e Gran Bretaña sobre a fronteira eritreo-sudanesa do 22-11-1901.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Antonicelli, Franco (1961): Trent'anni di storia italiana 1915-1945. Torino: Mondadori.
- Del Boca, Angelo (1985): Italiani in Africa Orientale: Dall'Unità alla Marcia su Roma. Bari: Laterza. ISBN 88-420-2638-7.
- Guazzini, Federica (1999): Le ragioni di un confine coloniale - Eritrea 1898-1908. Torino: L’Harmattan Italia.
- Maravigna, Pietro (1949): Come abbiamo perduto la guerra in Africa. Le nostre prime colonie in Africa. Il conflitto mondiale e le operazioni in Africa Orientale e in Libia. Testimonianze e ricordi. Roma: Tipografia L'Airone.