Menelik II
Nome orixinal | (am) ዳግማዊ ምኒልክ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de agosto de 1844 Ankober, Etiopía (en) |
Morte | 12 de decembro de 1913 (69 anos) Adís Abeba, Etiopía |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | Adís Abeba Imperio de Etiopía |
Emperador de Etiopía | |
10 de marzo de 1889 – 12 de decembro de 1913 ← João IV da Etiópia (pt) – Lij Iyasu (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa ortodoxa etíope |
Actividade | |
Lugar de traballo | Etiopía |
Ocupación | político |
Partido político | sen valor |
Familia | |
Familia | Dinastía salomónica |
Cónxuxe | Taitu Bitul (1883–valor descoñecido) Emyat Bafana |
Fillos | Shoa Reggad Menelik () Zewditu () Abetchew Bayan |
Pai | Haile Melekot |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Menelik II (en ge'ez: ዳግማዊ ምኒልክ, dagmäwi minilik) foi emperador de Etiopía (chamada naquel entón Abisinia). Nado en Ankober, na actual Etiopía no ano 1844 e morto en Addis Abeba, cidade fundada por el mesmo, en 1913. Foi negus de Soa e emperador de Etiopía desde o ano 1889 ó 1909.
Era herdeiro ó trono de Soa trala morte do seu pai, o príncipe Hailu Malkot en 1855, pero foi levado á corte do emperador Teodoro II de Abisinia, o mesmo quen vencera ó seu pai, quen lle da unha das súas fillas por esposa. Conquista Soa e proclámase rei deste país, ó cal aumenta en territorios anexionando outros, como os do pobo galla.
Posteriormente defendeu a autonomía de Soa xunto ó emperador Xoán IV de Abisinia, a quen sucedeu en 1889 tras moitos intentos grazas á axuda de Italia. Ese mesmo ano anexionou os reinos setentrionais de Tigray e Amhara e asinou con Italia o polémico tratado de Uccialli, en virtude do cal parecía aceptar o protectorado italiano, o cal Menelik II non sabía.
En canto soubo que os termos en italiano do acordo convertían a Abisinia no seu protectorado, rexeitou o acordo, o cal non sentou demasiado ben ós italianos, que algún tempo máis tarde, en 1894, invadiron Abisinia provocando a guerra entre ambas as nacións. Os italianos pensaban obter a vitoria facilmente como en calquera outro país africano, mais foron vencidos na batalla de Adua en 1896 e nese mesmo ano Etiopía proclamouse vencedora. Firmou entón un novo tratado con Italia, no cal Etiopía gañaba o seu recoñecemento como país independente e Italia a colonia de Eritrea. Abisinia consolidou a súa independencia en 1906, ano no que obtivo o recoñecemento internacional.
En 1886 fundou Addis Abeba, e aplicou unha política de modernización militar, económica e cultural que permitiu asentar as bases dun Estado moderno. Neste proceso cabe destacar o seu intento de abolir o comercio de escravos, o recorte de poderes e privilexios da nobreza feudal do país e a apertura do comercio con Djibuti, colonia francesa, grazas a permitir a estes últimos a construción dun ferrocarril.
A partir de 1903, cando sufriu un ataque de apoplexía, a súa saúde comezou a deteriorarse e, dous anos máis tarde, nomeou sucesor ó seu fillo Liy Yassu, deixando de ser emperador en 1909. Morreu no ano 1913 na súa capital, Addis Abeba.