Década de -330
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -IV | |||||
| |||||
|
339 a.C.
- Artigo principal: -339.
- Filipo II de Macedonia vence os escitas, mandados por Atheas, na desembicadura do río Danubio. A continuación vence tamén aos tribalos outro pobo nómade da Tracia.
- Unha expedición enviada desde Atenas logra que os macedonios levanten o asedio de Bizancio.
338 a.C.
- Artigo principal: -338.
Asia
- Inicio do reinado de Artaxerxes IV, dito Arses, xa de Persia e rei de Exipto (até -336).
Mundo Mediterráneo
- Batalla de Queronea - Filipo II de Macedonia vence á Liga Helénica, pasando a dominar Grecia.
- Os romanos conquistan a colonia grega de Cumas, en Italia.
337 a.C.
- Artigo principal: -337.
- Nunha conferencia panhelénica celebrada en Corinto, Filipo II de Macedonia anuncia a formación da Liga de Corinto para liberar as cidades gregas de Asia Menor do dominio persa, ostensiblemente porque o rei persa, Arses, rexeita reparar a Filipo pola axuda de Artaxerxes III á cidade de Perinto cando se resistía a Filipo. Todas as cidades gregas (salvo Esparta) e as illas gregas xuran a súa axuda á liga e a recoñecer a Filipo como presidente da Liga. Filipo establece un consello de representantes de todos os estados gregos, que tiña poder para deliberar e decidir que accións emprender. Con todo, o verdadeiro poder reside en Filipo que é declarado comandante do exército da Liga.
- Olimpia é deixada de lado polo seu esposo Filipo II, despois do matrimonio de Filipo cunha moza chamada Cleopatra (á que se cambiou o nome polo de Eurídice). As accións de Filipo implican que renegaba do seu fillo, Alexandre. Filipo II exilia a Tolomeo, xunto con outros compañeiros do seu fillo.
- República romana
336 a.C.
- Artigo principal: -336.
Asia
Mundo Mediterráneo
- Alexandre Magno sobe ao trono de Macedonia, sucedendo a seu pai.
335 a.C.
- Artigo principal: -335.
Aristóteles abandona Macedonia e regresa a Atenas para se dedicar ao ensino.
334 a.C.
- Artigo principal: -334.
Alexandre Magno cruza o Helesponto para invadir Persia. Vitoria de Gránico.
333 a.C.
- Artigo principal: -333.
- Vitoria de Alexandre Magno en Isso sobre Darío III
332 a.C.
- Artigo principal: -332.
- Alexandre Magno conquista Siria
331 a.C.
- Artigo principal: -331.
- 1 de outubro - Batalla de Gaugamela: Alexandre o Grande vence ao xa persa Darío III.
- Alexandre toma a cidade de Babilonia.
330 a.C.
- Artigo principal: -330.
- Xaneiro - Alexandre o Grande derrota, con dificultades, o sátrapa Ariobarzanes no desfiladeiro denominado "Portas Persas".
- Abril - Alexandre entra en Persépole, capital persa, que saquea e incendia.