Cupido (lúa)
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Mark R. Showalter e Jack J. Lissauer |
Descuberta en | 25 de agosto de 2003 |
Características orbitais | |
Eixo semi-maior | 74.392 km |
Excentricidade | 0,0013 |
Período orbital | 0,618 d |
Inclinación | 0,1° (respecto do ecuador de Urano) |
é satélite de | Urano |
Características físicas | |
Radio medio | ~18 km[1] |
Área superficial | ~1,000 km2 |
Volume | ~3,000 km3 |
Masa | ~3,8 x 1015 kg |
Densidade media | 1,3 g/cm3 |
Gravidade superficial | ~0,0031 m/s2 |
Velocidade de escape | ~0,0076 km/s |
Período de rotación | sincrónica |
Oblicuidade da eclíptica | cero |
Albedo | 0,07 (asumido) |
Temperatura superficial | ~64 K |
Magnitude aparente | 14,81[2] |
Cupido é un satélite interior de Urano. Foi descuberto por Mark Showalter e Jack J. Lissauer no 2003 usando o Telescopio Hubble.[3] Recibiría máis tarde o nome da personaxe da obra de William Shakespeare, Timon of Athens.[4]
E o máis pequeno do satélites interiores de Urano, estimase que o seu diámetro é de tan só 18 km. O seu pequeno tamaño e a súa escura superficie fixeron que as cámaras da sonda espacial Voyager 2 non detectasen a lúa durante o seu sobrevoo de Urano no ano 1986.
A órbita de Cupido esta separada só 863 km da órbita da lúa Belinda, que é moito máis grande. Incriblemente -e comparada con Mab e Perdita, satélites de Urano recentemente descubertos- Cupido non semella te-la súa órbita alterada pola influencia de Belinda.[1]
Mentres que Cupido non recibiu o seu nome oficial, tiña a designación temporal de S/2003 U 2.[3] Tamén é designada Urano XXVII.[4]
Non debe ser confundido co asteroide 763 Cupido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark R., Showalter; Lissauer, Jack J. (22-12-2005). "The Second Ring-Moon System of Uranus: Discovery and Dynamics". Science Express 311: 973. PMID 16373533. doi:10.1126/science.1122882.
- ↑ Observatorio ARVAL (ed.). "Classic Satellites of the Solar System". Arquivado dende o orixinal o 31-07-2010. Consultado o 28-09-2007.
- ↑ 3,0 3,1 Showalter, M. R.; Lissauer, J. J. (25 de setembro do 2003). "IAU Circular No. 8209". Arquivado dende o orixinal o 04-05-2006. Consultado o 05-08-2006.
- ↑ 4,0 4,1 USGS Astrogeology, ed. (21-07-2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 05-08-2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hubble Uncovers Smallest Moons Yet Seen Around Uranus – Hubble Space Telescope news release (25 de setembro de 2003) (en inglés)