[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Skynd (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skynd
Skynd co cumio brillante no centro do cráter preto da liña entre o día e a noite (as 2 en punto) en Umbriel.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Umbriel
Diámetro 72[1]-110 km[2]
Profundidade ?
Coordenadas 1,8° S 331,7° E[1]
Procedencia do nome un trol que lle roubou tres mulleres a un home que vivía en Englerup.[1]

Skynd é un cráter de impacto na superficie da lúa de Urano, Umbriel.[2] A súa anchura esta estimada entre 72[1] e 110 km[2]. A lonxitude e latitude do seu centro é de 331,7° e −1,8°, respectivamente.[1] Skynd ten un pico central brillante,[2] o cal é un dos poucos accidentes xeolóxicos de Umbriel cun albedo brillante, e destaca dentro do albedo escuro que posúe Umbriel.

O cráter recibiu o nome de Skynd, un trol que lle roubou tres mulleres a un home que vivía en Englerup.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 USGS Astrogeology (ed.). "Umbriel: Skynd". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 14-09-2009. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Garry E. Hunt; Patrick Moore (1989). Cambridge University Press, ed. Atlas of Uranus. ISBN 9780521343237. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]