Kelvin
Conversión de | para | Fórmula |
---|---|---|
kelvin | Fahrenheit | °F = K × 1.8 - 459.67 |
Fahrenheit | kelvin | K = (°F + 459.67) / 1.8 |
kelvin | Celsius | °C = K - 273.15 |
Celsius | kelvin | K = C° + 273.15 |
kelvin | Rankine | °Ra = K × 1.8 |
Rankine | kelvin | K = °Ra / 1.8 |
kelvin | Réaumur | °Ré = (K - 273.15) × 0.8 |
Réaumur | kelvin | K = °Ré × 1.25 + 273.15 |
O kelvin (símbolo: K) é a unidade SI de temperatura e é unha das sete unidades-base do SI.
Características
[editar | editar a fonte]O kelvin defínese por dous feitos:
- O cero kelvin é o cero absoluto, a temperatura á que cesan completamente os movementos moleculares.
- Un kelvin é a fracción 1/273.16 da temperatura termodinámica do punto triplo da auga (0.01°C). A escala de temperaturas Celsius é hoxe definida en función do kelvin.
O kelvin recibiu este nome en honra do físico e enxeñeiro Willian Thomson, que se tornou Lord Kelvin cando foi feito par do reino.
Nomenclatura
[editar | editar a fonte]En canto unidade SI, o kelvin é escrito cun k minúsculo (excepto, claro, no comezo das frases) e non debe ser precedido polas palabras grao ou graos ou o símbolo °, como os graos Celsius ou Fahrenheit. Isto acontece porque estas son escalas de medición, en canto que o kelvin é unha unidade de medición. Cando o kelvin foi introducido en 1954 (na 10ª Conferencia Xeral de Pesos e Medidas, Resolución 3, CR 79), recibiu o nome de grao Kelvin e o símbolo °K; o "grao" (°) foi suprimido en 1967 (13ª CGPM, Resolución 3, CR 104).