[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Catarina de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCatarina de Aragón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Catalina de Aragón
(an) Catarina d'Aragón Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Catalina de Aragon y Castilla Editar o valor en Wikidata
16 de decembro de 1485 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Alcalá de Henares Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xaneiro de 1536 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Castelo Kimbolton (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteheart cancer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPeterborough Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Embaixador do Reino de España no Reino de Inglaterra
1507 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica e catolicismo Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloRubio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónraíña consorte (1509–1533), aristócrata , diplomática Editar o valor en Wikidata
LinguaCastelán medieval, catalán antigo, Inglés medio e aragonés medieval Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaTerceira orde de San Francisco Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloInfanta of Aragón (en) Traducir
Raíña consorte
Infanta of Castile (en) Traducir
Princesa de Gales (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara e Casa de Tudor Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHenrique VIII de Inglaterra (1509–1533), declaración de nulidade
Artur Tudor (1501–1502), morte do cónxuxe
Fillosstillborn daughter Tudor (1510) (en) Traducir
 () Henrique VIII de Inglaterra
Henrique, Duque da Cornualha (pt) Traducir
 () Henrique VIII de Inglaterra
Henry, Duke of Cornwall (1513) (en) Traducir
 () Henrique VIII de Inglaterra
Henry, Duke of Cornwall (1514) (en) Traducir
 () Henrique VIII de Inglaterra
María I de Inglaterra
 () Henrique VIII de Inglaterra
stillborn daughter Tudor (1518) (en) Traducir
 () Henrique VIII de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
PaisFernando II de Aragón Editar o valor en Wikidata  e Isabel I de Castela Editar o valor en Wikidata
IrmánsIsabel de Aragão e Castela, Rainha de Portugal (pt) Traducir, João, príncipe das Astúrias (pt) Traducir, Xoana I de Castela, María de Aragón, Afonso de Aragón e John of Aragon, Prince of Girona (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX836028 WikiTree: Aragón-160 Find a Grave: 6943310 Editar o valor en Wikidata
Catarina de Aragón

Catarina de Aragón, Princesa de España (16 de decembro, 1485 - 7 de xaneiro, 1536) foi a primeira raíña consorte de Henrique VIII de Inglaterra. Foi tamén a nai da raíña María I. Catarina, durante a xuventude, foi efusivamente aclamada pola súa beleza e intelixencia. Conversaba tanto no seu español nativo, tanto en latín, francés e, máis tarde, inglés. Como raíña, o seu tempo foi maioritariamente empeñado en obras de caridade, o que lle conferiu o amor do pobo inglés, sendo, até hoxe, a raíña consorte máis amada por eles. O seu túmulo en Peterborough nunca está sen flores, a pesar de pasados case cinco séculos dende a súa morte.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Catarina naceu en Alcalá de Henares e foi a filla máis nova dos Reis Católicos Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela. En 1501, Catarina casou con Artur Tudor, Príncipe de Gales, como estaba contratado dende a infancia dos dous. Ao casar foi vivir para o País de Gales mais pouco tempo despois ambos cairán vítimas dunha epidemia, posibelmente cólera. Catarina sobreviviu, mais Artur non, tornándoa nunha viúva. De acordo co seu propio testemuño o casamento non fora consumado, o que foi a base da dispensa concedida polo papa Xulio II para unha segunda unión co cuñado Henrique, entón Duque de York e herdeiro do trono.

O casamento ocorreu apenas a 11 de xuño de 1509 despois da ascensión ao trono de Henrique VIII. Catarina era extremamente popular para o pobo, quer como Raíña, quer como Princesa de Gales. En 1513 chegou mesmo a servir como rexente da coroa durante unha ausencia de Henrique VIII a Francia. Catarina deu a luz un rapaz, Henrique, que morreu pouco tempo despois. O seu último parto en 1516 resultou nunha filla, a futura María I de Inglaterra.

Despois de María, Catarina non volveu a concibir, o que deixou a Henrique preocupado coa sucesión. A guerra das rosas como consecuencia de inestabilidade dinástica estaba aínda ben presente na memoria colectiva. Particularmente preocupante para Henrique, un estudoso de cuestións teolóxicas, era a afirmación contida no Levítico de que se un home casa coa muller do irmán, o casamento será estéril. Convencido de que Catarina mentira en canto á consumación do casamento con Artur, Henrique VIII comezou a procurar a anulación do casamento en 1527. Ao mesmo tempo, arrancara de Ana Bolena a promesa de que ela sería a súa amante e futura muller.

No Vaticano a toma de decisión durou sete anos. As xestións de Thomas Wolsey non foran ben suficientes. O papa Clemente VII non parecía disposto a conceder a anulación por dúas razóns: primeiro esta sempre foi a doutrina da Igrexa e o comportamento do Papado e despois podería tamén ser visto como unha admisión de erro da Igrexa que concedera validamente, segundo as regras canónicas, a dispensa; segundo porque Clemente era unha marioneta política nas mans do Emperador Carlos V, sobriño de Catarina, a quen non conviña a fin da unión. Canso de esperar, Henrique separouse de Catarina en 1531 e en 23 de maio de 1533, o Arcebispo de Canterbury, Thomas Cranmer anulou a unión sen aprobación do Vaticano. A implantación do Acto de Supremacia e a separación da Igrexa Anglicana da Igrexa de Roma, consumou a anulación.

Catarina foi separada da filla, a princesa María, e exiliada da corte para vivir na provincia, en tal caso, con todos os privilexios dunha Princesa de Gales. Mais xamais aceptou o divorcio e continuou a asinar a correspondencia como Catherine the Queen. Catarina morreu o 7 de xaneiro de 1536, vítima dunha doenza prolongada, posibelmente cancro, e foi sepultada na Catedral de Peterborough coas honras dunha Princesa de Gales.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Isabel de York
 Raíña Consorte de Inglaterra 
11 de xuño de 1509 - 23 de maio de 1533
Sucesor:
Ana Bolena
Predecesor:
Ana Neville
 Princesa de Gales 
14 de novembro de 1501 - 2 de abril de 1502
Sucesor:
Carolina de Brandeburgo-Ansbach