[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Buchenwald

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBuchenwald
Imaxe

Localización
Mapa
 51°01′16″N 11°14′56″L / 51.021198, 11.248999
EstadoAlemaña
Estado federadoTurinxia
Medium regional center (en) TraducirWeimar Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación48.000 (1945) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creaciónxullo de 1937 Editar o valor en Wikidata
Disolución11 de abril de 1945 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Identificador descritivo
Fuso horario

Páxina webbuchenwald.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: buchenwaldmemorial BNE: XX456146 Editar o valor en Wikidata

Buchenwald foi un campo de concentración nazi crado en xullo de 1937 no outeiro de Ettersberg, preto de Weimar, en Alemaña.

O campo de Buchenwald o día da súa liberación, o 16 de abril de 1945

Orixinarimente destinado a encerrar a opositores do réxime nazi, a maioría comunistas ou socialdemócratas, recibiu posteriormente uns 10 000 xudeus arrestados na noite dos cristais rotos en 1938, así como xitanos, homosexuais e presos por deilitos comúns.

Durante a segunda guerra mundial foron enviados alí tamén prisioneiros de guerra. Os presos políticos organizaron alí unha resistencia.[1]

En total estímase que estiveron presas unhas 250 000 persoas procedentes de todos os países de Europa. O número de vítimas, provocadas polas enfermidades, a mala sanidade, os traballos forzados, as torturas, os experimentos médicos e os fusilamentos, estímase nunhas 56 000, entre elas 11 000 xudeus.[2]

Porén, como campo de concentración, en Buchenwald non había cámaras de gas, as cales eran propias dos campos de exterminio.[3][4]

O campo foi liberado o 11 de abril de 1945 por membros do exército estadouniodense ao mando do xeneral Patton.[5]

Entre 1945 e 1950, o campamento foi utilizado polas autoridades de ocupación soviéticas como un campo de internamento para antigos colaboracionistas nazis, coñecido como NKVD Campamento Especial nº 2.

  1. Combe, Sonia (1 de abril de 2020). "À Buchenwald, les antifascistes ont perdu la guerre mémorielle". Le Monde diplomatique (en francés). Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  2. Deutsche Welle (2009). "Obama en Buchenwald: una visita con valor personal.". Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  3. "Jorge Semprún se despide de Buchenwald". La Vanguardia (en castelán). 2010-04-11. Consultado o 2022-03-02. 
  4. "Web oficial do Memorial de Buchenwald" (en alemán e inglés e francés). Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  5. Harry Stein & Gedenkstätte Buchenwald (2004): Buchenwald Concentration Camp 1937-1945: A Guide to the Permanent Historical Exhibition. Göttingen: Wallstein Verlag. ISBN 978-3-8924-4695-8, p. 57.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]