[go: up one dir, main page]

Pete Maravich

baloncestista estadounidense

Peter Press Maravich, nado o 22 de xuño de 1947 en Aliquippa, Pensilvania e finado o 5 de xaneiro de 1988 en Pasadena (California), foi un xogador de baloncesto de estadounidense, coñecido polo alcume de Pistol Pete. Durante toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA) tivo unha media de 24,2 puntos, tras xogar 688 partidos cos Atlanta Hawks, logo nos recentemente creados New Orleans Jazz (que no seu último ano na franquía pasaron a chamarse Utah Jazz), e finalmente, tras sufrir unha grave lesión, xogou unha última tempada cos Boston Celtics.

Modelo:BiografíaPete Maravich

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1947 Editar o valor en Wikidata
Aliquippa, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1988 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Pasadena, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Luisiana (1966–1970)
Needham B. Broughton High School (en) Traducir
D. W. Daniel High School (en) Traducir
Universidade Estatal de Luisiana Editar o valor en Wikidata
Altura196 cm Editar o valor en Wikidata
Peso90 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata - 1980 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Convocado porGolden State Warriors Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Boston Celtics
Utah Jazz
Atlanta Hawks
1967–1970 LSU Tigers men's basketball (Base)
Familia
FillosJaeson Maravich, Josh Maravich Editar o valor en Wikidata
PaiPress Maravich Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webpetemaravich.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5648266 WikiTree: Maravich-2 Find a Grave: 3088 Editar o valor en Wikidata

Ingresou no Basketball Hall of Fame en 1987, sendo un dos máis novos en conseguilo, falecendo meses despois tras sufrir un ataque ao corazón durante un partido informal de baloncesto. Distinguíase polo seu estilo imaxinativo e arriscado, revolucionando o baloncesto cun estilo característico aínda moi seguido na actualidade; Maravich foi citado no Hall of Fame como "quizais o maior talento creativo ofensivo da historia".[1] En 1996 foi seleccionado como un dos "Cincuenta mellores xogadores da historia da NBA". En homenaxe, o seu dorsal 7 foi retirado por Utah Jazz en 1985 e por New Orleans Hornets (actuais New Orleans Pelicans) en 2002.

Primeiros anos

editar

Pete Maravich, de orixe serbia, naceu en Aliquippa, Pensilvania, unha pequena cidade siderúrxica situada na área metropolitana de Pittsburgh. Maravich sorprendeu á súa familia e amigos coas súas habilidades de baloncesto xa dende unha idade temperá. O seu pai, Press Maravich, que fora xogador profesional e que agora traballaba de adestrador, ensinou a Maravich os fundamentos do baloncesto cando el tan só tiña sete anos de idade. Obsesivamente, Maravich pasou horas practicando trucos de control de balón, pases, fintas e tiros de longa distancia.

Maravich conseguiu o seu alcume de "Pistol" na escola secundaria, xa que adoitaba lanzar o balón polo lado coma se estivese a soster unha pistola. Maravich asistiu e xogou ao baloncesto no Instituto Daniel en Central, Carolina do Sur, de 1961 a 1963, mentres que o seu pai era fichou como adestrador do equipo da Universidade de Clemson. En 1963, o seu pai uniuse ao corpo técnico da Unidersidade de Notrh Carolina, e a súa familia trasladouse a Raleigh, Carolina do Norte, onde Pete xogou no Instuto B. Needham Broughton.[2]

Traxectoria deportiva

editar

Universidade de Louisiana State

editar

Mentres que Maravich dixera aos seus amigos que sempre quixera xogar ao baloncesto na Universidade de West Virginia, o seu pai convertérase en adestrador de Louisiana State, co que lle ofreceu un lugar no equipo. Xa no seu primeiro partido na LSU, Maravich conseguiu 50 puntos, 14 rebotes e 11 asistencias contra a Universidade de Southeastern Louisiana. En só tres anos xogando para o seu pai en LSU, anotou 3.667 puntos Maravich (1.138 puntos en 1968, 1.148 puntos en 1969 e 1.381 puntos en 1970), cunhas medias de 43,8, 44,2 e 44,5 puntos por partido respectivamente. Durante toda a súa carreira universitaria, o base de 1,96 m (unha altura considerable para o seu posto) conseguiu 44,2 puntos por partido en 83 partidos, liderando a NCAA en anotación en cada unha das súas tres tempadas.

Os rexistros universitarios de Maravich en puntuación aínda hoxe son particularmente impresionantes, sobre todo tendo dous factores en conta. En primeiro lugar, Maravich, era un gran lanzador de longa distancia, e daquela aínda non había liña de tres puntos, co que tería metido moitos máis puntos se fose nunha época posterior. Anos máis tarde o exadestrador de baloncesto da LSU Dale Brown calculou cunha fotos que tomara que Maravich conseguiría unha media de trece triplas por encontro, o que subiría a súa media a 57 puntos por partido. En segundo lugar, o regulamento da NCAA no momento da carreira universitaria de Maravich prohibía a estudantes de primeiro xogar nas competicións universitarias, o que lle impediu anotar moitas máis puntos. Máis de 35 anos despois, moitos dos seus rexistros da NCAA e da LSU seguen en pé. Maravich foi tres veces All-American e aínda que nunca apareceu no torneo da NCAA, Maravich desempeñou un papel clave na transformación dun equipo que fixera un récord de 3-20 a tempada anterior. En Louisiana State University, Maravich foi un membro da fraternidade Sigma Alpha Epsilon.

Estatísticas

editar
Lenda
  PX Partidos xogados   PT  Partidos titular  MPP  Minutos por partido  %TC  Porcentaxe de tiros de campo
 %3P  Porcentaxe de tiros de 3  %TL  Porcentaxe de tiros libres  RPP  Rebotes por partido  APP  Asistencias por partido
 ROU  Roubos de balón por partido  TPP  Tapóns por partido  PPP  Puntos por partido  Negra  Máximo de carreira
Ano Equipo PX PT MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP
1966–67[3] Louisiana State 19 ... ... .452 ... .833 10.4 43.6
1967–68 Louisiana State 26 ... ... .423 ... .811 7.5 4.0 43.8
1968–69 Louisiana State 26 ... ... .444 ... .746 6.5 4.9 44.2
1969–70 Louisiana State 31 ... ... .447 ... .773 5.3 6.2 44.5
Carreira[4][5] 83 ... .438 ... .775 6.5 5.1 44.2

Atlanta Hawks

editar

Primeiro ano

editar
 
Maravich en 1967.

Tras finalizar o seu exitososo periplo universitario, Pete Maravich debeu afrontar o salto ao profesionalismo. Cando chegaba o decisivo momento do draft, era tentado por ABA e NBA, as dúas ligas do momento. Entón, a Pistol comparábaselle con Bob Cousy ou Dick McGuire polo seu manexo de balón, aínda que era ademais un excepcional tirador

Os Atlanta Hawks, buscando rexuvenecer o seu persoal, mandaron a Zelmo Beaty, a San Francisco Warriors a cambio do número tres do draft. Unha vez no mesmo, Detroit elixiu no número un a Bob Lanier, e sorprendentemente, os Rockets foron a por Rudy Tomjanovich, pois ao parecer Elvin Hayes non estaba moi disposto a compartir o balón con ninguén máis. Deste xeito, os Hawks tiveron vía libre para elixir a Maravich. Mentres tanto, na ABA, foron os Carolina Cougars quen obtiveron os dereitos por Pete. A idea era ver se Maravich se inclinaría polo espectáculo da ABA ou pola máis consolidada NBA, que naquela época estaba dominada por grandes egos, onde o individualismo no xogo era meirande. Fálase de que nun partido, Elvin Hayes fixo 28 tiros tocando 29 veces a pelota en xogo. Ademais, o diñeiro recibido por determinados rookies era un obstáculo, xa que salientaba a envexa de determinados veteranos con contratos inferiores. Por primeira vez na historia, o diñeiro fluía nas arcas da NBA, alá por 1970, e as comparacións eran odiosas entre vellos e novos contratos.

A primeira opción de Pete sempre foi a NBA, xa que tiña un plan de pensións a trinta anos e xa entón, seis anos antes de que sucedese, había rumores de fusión entre ambas as ligas. Ademais, o propio Pistol sempre quixo xogar na liga onde brillaron os seus maiores ídolos, Jerry West e Oscar Robertson. Aínda así, os Maravich foron a Nova York a falar cos Cougars. As negociacións eran directas, sen intermediarios polo medio, e os Maravich non tiñan demasiado diñeiro. Despois de intensas reunións que acabaron ás 5 da mañá, ambas as partes quedaron emprazadas para outra reunión a seguinte semana. Cando foron a abandonar o hotel, viron que os Cougars non pagaran a súa habitación. Press Maravich tiña 83 dólares encima, Pete tiña 10. A factura de hotel foi de 82 dólares, máis 10 de taxi ao aeroporto e un de propina a un taxista, que os mirou coma se fosen mendigos.

Foi o final da historia de Pete coa ABA. Poucos días despois, Pistol asinaría o contrato con Atlanta e converteríase en millonario: entre 1 600 000 e 2 000 000 dólares a repartir en 5 anos, ademais dun coche. Maravich chegou a un equipo con sete xogadores de cor e portaría o número 44 na honra á súa espectacular media de anotación na NCAA. Os Hawks eran un bo equipo e a súa estrela era Lou Hudson, un aleiro que superaba con facilidade os 20 puntos por partido. Ademais de Sweet Lou estaban Bill Bridges, cuarto reboteador da liga a pesar dos seus dous metros; Joe Caldwell, un defensor do que se dicía que podía saltar sen pulo por riba dun coches; o base Walt Hazzard e o pivote Walt Bellamy, 'Big Bells', unha superestrela da liga, que no seu ano rookie en 1961 pasara os 30 puntos por partido.[6] Con todo, o seu rendemento baixou de forma progresiva na súa carreira.[7] O seu adestrador era Richie Guerin, que fora un gran xogador na liga e alternara as funcións de xogador e adestrador desde a súa chegada aos Hawks.[8]

Maravich instalouse en Atlanta sen o seu pai, quen tivo que volver a casa xa que os problemas de alcoholismo da súa muller eran cada vez maiores. Ademais, Joe Caldwell decidiu pedir na súa renovación un dólar máis do que gañaba Pistol, co cal saíu do equipo buscando fortuna na ABA. Por riba de todo iso, o seu xogo non encaixaba co xogo do resto do equipo, xa que non captaban os seus pases e recibía poucas axudas tras cada dous contra un. Ademais, Maravich era un tipo tranquilo e bastante tímido, co cal non conectou nun equipo cun ambiente nada semellante ao da Universidade. O resultado foi que Pete non empezou a súa primeira tempada como titular. En pretempada, perderon de 50 puntos ante os Bucks de Oscar Robertson e Lew Alcindor (xogador máis tarde coñecido como Kareem Abdul-Jabbar), que serían o seu primeiro rival na liga regular, tralo que o cronista local escribiu que fora "a peor exhibición de baloncesto que vira xamais". Perderon, xa durante a tempada, 97-108, facendo Maravich un mal partido con 3/13 en tiro. De feito, Pete encadeou varios malos partidos, repletos de perdas de balón e desacerto no tiro. Tódolos que lle envexaban polo diñeiro que gañaba saíron na súa contra. Ironicamente, Caldwell asinaba polos Carolina Cougars na ABA, o equipo que pretendeu a Pistol, e os Hawks tras 16 partidos tiñan un balance de 4-12. O ano anterior lograron un balance de 48-34 e a química no equipo non existía. Os seus compañeiros boicoteaban as entrevistas, fartos de preguntas sobre Maravich: era o inimigo público número 1.

De súpeto, Pete espertou: tres partidos seguidos con 32 puntos, xa como titular, e 40 ante os New York Knicks no Garden, con todo o equipo animando dende o banco. Despois conseguiu que Jerry West, que tivera dous partidos ante os Hawks por encima de 50 puntos a tempada anterior, quedase só en 24. A súa media de perdas de balón por partido comezou a baixar a metade de tempada, simplemente limitando todos os riscos innecesarios, e os seus compañeiros finalmente aceptárono no vestiario no canto de buscar o oco deixado por Campbell. Tras o All-Star, os Hawks tiveron marca gañadora e Maravich fixo varios partidos roldando os 40 puntos, situándose na carreira para ser Rookie do Ano fronte a Dave Cowens e Geoff Petrie, quen empataron finalmente polo galardón a pesar dos 23,2 puntos por partido de Pistol Pete, que foi terceiro a moita distancia de ambos. Os Hawks alcanzaron os Playoffs, pero enfrontábanse aos campións en exercicio: os Knicks, que lles venceron 4-1. Pete só brillou no último encontro con 31 puntos.

Tráxicos anos en Atlanta

editar
 
Maravich (44) ante Tom Van Arsdale.

Os dous anos seguintes de Maravich na liga foron os máis duros. Non tiña amigos en Atlanta e os seus compañeiros tíñano por alguén moi raro. Empezou a practicar artes marciais no verán para mellorar a súa mobilidade, pero xusto ao final do verán contraeu unha mononucleose que lle fixo perder máis de 15 quilos. De feito Pete, coas súas ansias de xogar, fixo que o seu rendemento fose inferior ao habitual durante gran parte da tempada, xa que volveu ás canchas moito antes do que debería. A situación co seu pai tamén lle influíu. Press Maravich foi despedido polos malos resultados de LSU tras a marcha do seu fillo. Ferido no seu orgullo e a pesar de ser considerado unha das mentes baloncestísticas máis clarividentes da súa xeración, Press buscou traballo en calquera equipo, onde fose, no canto de esperar unha mellor oportunidade, e aceptou o posto de adestrador xefe na minúscula universidade de Appalachian State, onde, pola súa localización nas montañas e a moitas horas en coche do aeroporto máis próximo, foi incapaz de recrutar bos xogadores. A Maravich non lle foi nada ben, nin individual nin colectivamente. Os seus 19,3 puntos por partido e case seis asistencias confirmábanlle como un bo xogador NBA, pero non unha estrela. A pesar de todo, foi incluído no segundo equipo NBA. Boston cruzouse no camiño dos Hawks, que os eliminou en primeira rolda de Playoff

Xa no seu terceiro ano en Atlanta, a súa nai estaba cada vez máis afectada polos seus problemas co alcol, a pesar de contar con axuda profesional. Encima o propio Pete, unha vez superados os seus problemas físicos, notou un estraño 'tic' no seu ollo dereito a noite antes dun partido no Garden. A súa pálpebra non se pechaba e foille diagnosticado unha parálise facial temporal, sen saberse de certo canto tardaría en desaparecer. Pistol tentou xogar o partido, pero o risco a sufrir un contacto no seu ollo que puidese deixarlle cego era importante. Ademais, o feito de que o propio aire do pavillón facía que o ollo practicamente ardéselle retiroulle do partido. Conseguiu xogar con lentes protectoras en partidos posteriores, baixando moito o seu rendemento, ata que a parálise desapareceu e Maravich recuperou o seu mellor nivel. Entón sucedeu a traxedia. Pistol recibiu unha chamada de Ronnie, o seu irmán. A súa nai pegouse un tiro na cabeza e estaba en estado crítico. Para cando Pete chegou a Charlotte, onde a súa familia residía, a súa nai falecera. Por primeira vez na súa vida, Maravich atopábase cunha situación na que o baloncesto non podía remediar nada. Aínda así, fixo de tripas corazón, sacando pases imposibles, volvendo arriscar en cada xogada para conseguir entrar no primeiro equipo NBA tras facer 26,1 puntos e case 7 asistencias por choque. Colectivamente, as cousas non foron nin mellor nin peor, os Hawks volveron caer, en primeira rolda, outra vez en seis partidos e outra vez ante os Celtics de Havlicek e Cowens.

Sendo culpado de que o seu equipo non chegase ao seguinte nivel, Pete Maravich non tardaría moito en ser traspasado nun dos episodios máis estraños dos intercambios NBA, por como se desenvolveu e polo resultado final do mesmo. Nos New Orleans Jazz habería máis luces e sombras, a constante dun xogador xenial que se recuperaría para o baloncesto no seu novo equipo. Aínda así, novos problemas estarían por vir.

Últimos anos na NBA e morte

editar

Pete xogou varios anos a gran nivel sendo un ano máximo anotador da NBA con 31 puntos de media e dando espectáculo e asistencias imposibles que como recoñecería anos máis tarde, por exemplo Magic Johnson, foron de inspiración para moitos xogadores, pases mirando a outro sitio, de costas, pase picado dende o centro da cancha, contragolpes vertixinosos, o repertorio de Pistol Pete era moi grande e a pesar dos seus problemas persoais era respectado e tratado como un xenio ou alguén moi especial, sendo posto como exemplo por Red Auerbach de xogador con gran manexo de balón, en vídeos instrutivos e de adestramento.

Pete retirouse bastante pronto, tendo en conta a idade media con que adoitan retirarse os xogadores, a súa camiseta foi retirada polos Jazz que se acababan de mudar a Utah. O seu pai acababa de morrer e o para explicar a súa retirada dixo: "non quero xogar até os 40 anos e morrerme dun ataque ao corazón", palabras que se farían realidade desgraciadamente. Ante tanta desgraza envorcouse en ser un bo cristián, lendo a Biblia e facendo obras de caridade.

En 1988 Pete Maravich estaba a disputar un partido amigable cando de súpeto caeu ao chan e morreu, tiña 40 anos. En 1996 foi elixido como un dos 50 mellores de todos os tempos, sendo o único que nese momento estaba morto.

Estatísticas

editar
Lenda
  PX Partidos xogados   PT  Partidos titular  MPP  Minutos por partido  %TC  Porcentaxe de tiros de campo
 %3P  Porcentaxe de tiros de 3  %TL  Porcentaxe de tiros libres  RPP  Rebotes por partido  APP  Asistencias por partido
 ROU  Roubos de balón por partido  TPP  Tapóns por partido  PPP  Puntos por partido  Negra  Máximo de carreira

Tempada regular

editar
Ano Equipo PX PT MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP
1970–71 Atlanta 81 36.1 .458 .800 3.7 4.4 23.2
1971–72 Atlanta 66 34.9 .427 .811 3.9 6.0 19.3
1972–73 Atlanta 79 39.1 .441 .800 4.4 6.9 26.1
1973–74 Atlanta 76 38.2 .457 .826 4.9 5.2 1.5 .2 27.7
1974–75 New Orleans 79 36.1 .419 .811 5.3 6.2 1.5 .2 21.5
1975–76 New Orleans 62 38.3 .459 .811 4.8 5.4 1.4 .4 25.9
1976–77 New Orleans 73 41.7 .433 .835 5.1 5.4 1.2 .3 31.1
1977–78 New Orleans 50 40.8 .444 .870 3.6 6.7 2.0 .2 27.0
1978–79 New Orleans 49 37.2 .421 .841 2.5 5.0 1.2 .4 22.6
1979–80 Utah/Boston 43 22.4 .449 .667 .867 1.8 1.9 .6 .1 13.7
Carreira[5] 658 37.0 .441 .667 .820 4.2 5.4 1.4 .3 24.2

Playoffs

editar
Ano Equipo PX PT MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP
1970–71 Atlanta 5 39.8 .377 .692 5.2 4.8 22.0
1971–72 Atlanta 6 36.5 .446 .817 5.3 4.7 27.7
1972–73 Atlanta 6 39.0 .419 .794 4.8 6.7 26.2
1979–80 Boston 9 11.6 .490 .333 .667 .9 .7 6.0
Carreira[5] 26 29.1 .423 .333 .784 3.8 3.8 18.7

Rexistros persoais

editar

Universidade

editar
  • Xogador do ano para a revista Sporting News (1970).
  • Gañador do Naismith College Player of the Year ao mellor universitario do ano (1970).
  • Récord da NCAA de máximo anotador (3.667, 44.2 ppp, 3 anos de carreira) en 83 partidos.
  • Récord da NCAA de mellor media de puntos na súa carreira (44.2 ppp).
  • Récord da NCAA de máis tiros de campo anotados (1.387) e tentados (3.166).
  • Récord da NCAA de máis tiros libres anotados (893) e tentados (1,152).
  • Récord da NCAA de máis partidos anotando polo menos 50 puntos (28).
  • Récord da NCAA de máis puntos nunha tempada (1.381) e mellor media (44.5 ppg) en 1970.
  • Récord da NCAA de máis tiros libres tentados (30 de 31) contra Oregon State o 22 de decembro de 1969.
  • A súa máxima anotación nun partido foi de 69 puntos contra Alabama (7 de febreiro de 1970).
  • En 1988 cambiouse o nome da cancha de xogo da LSU polo de Maravich Assembly Center.
  • O seu número 23 foi retirado pola súa universidade, LSU.

Profesional

editar
  1. "Basketball Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2012. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2010. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  3. Nesta época as estatítsticas dos xogadores de primeiro ano con contaban nos rexistros da NCAA
  4. "Pete Maravich". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2011. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Estatísticas de Pete Maravich". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2012. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  6. "Atlanta Hawks 1971". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2010. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  7. "Estatísticas de Walt Bellamy". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2012. Consultado o 08 de abril de 2010. 
  8. "Estatísticas de Richie Guerin". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2012. Consultado o 08 de abril de 2010. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar