[go: up one dir, main page]

Ian Carradice

numismático británico

Ian A. Carradice, nado en Kendal, Cumbria, Reino Unido, o 10 de xullo de 1953 é un numismático inglés considerado como unha das máximas autoridades nas cuñaxes da Grecia antiga, Roma, Persia e Cartago, e na historia dos museos.[1][2]

Modelo:BiografíaIan A. Carradice
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1953
Cumbria, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Director de museo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBritánica
Educación- Universidade de Liverpool
- Universidade de St Andrews
Q89547790- Estudos de numismática antiga.
- Conservador do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico
Actividade
Campo de traballoNumismática e museística
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de St Andrews Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeInes Urioste Editar o valor en Wikidata
Premios
Lhotka Memorial Prize: 1978, 1988 e 1990

Traxectoria

editar

Ian Carradice graduouse en Arte na Universidade de Liverpool en 1973, e obtivo o seu doutoramento en 1980 na Universidade de St Andrews, en Escocia.[3]

Igresou en 1977 no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, no que exerceu o seu labor de conservador das moedas antigas de Oriente Medio ata 1989, cando ingresou en Saint Andrews para exercer docencia.[4][5]

En 1987 foi o relator invitado para os seminarios de verán da American Numismatic Society.[6]

En Saint Andrews ocupou o posto de profesor de numismática antiga e dirixiu os museos da institución, ata que se xubilou en 2012, motivo polo que a universidade organizou un simposio na súa honra.[3][7]

Logo do seu retiro, Carradice entrou a formar parte do Comité de Valoración de Tesouros, do Goberno británico, en febreiro de 2012.[8]

Ao longo da súa carreira académica, Ian Carradice foi un dos colaboradores no proxecto internacional Sylloge Nummorum Graecorum da Academia Británica, concibido inicialmente para a publicación dos catálogos das moedas da Antiga Grecia presentes tanto nas coleccións públicas como nas privadas de Gran Bretaña e posteriormente ampliado a diferentes países do mundo.[9][10][11]

Vida persoal

editar

Carradice casou en 1982 con Ines Urioste e tivo tres fillas: Alice, Ellen e Grace.[12]

Recoñecementos

editar

Ian Carradice foi merecedor en tres ocasións do premio Lhotka Memorial, outorgado pola Royal Numismatic Society de Londres a autores de publicacións en inglés que resulten de particular relevancia para a introdución no ámbito numismático. As obras premiadas foron Ancient Greek Portrait Coins (1978), Coinage in the Greek World (1988) e The Coin Atlas (1990).[13]

Publicacións

editar

Roman Provincial Coinage

editar
Artigo principal: Roman Provincial Coinage.

Xunto con outros autores, Carradice participou no proxecto Roman Provincial Coinage, da Universidade de Oxford e apoiado polo Museo Británico e a Biblioteca Nacional de Francia. Este proxecto estuda e cataloga as moedas provinciais romanas desde a morte de César ata o século II d. de C. Algúns dos seus volumes previstos (e os seus suplementos de actualización) están publicados e outros aínda en proceso, aínda que accesibles a través da web.[14][15]. Estes son os volumes publicados da serie Roman Provincial Coinage coa participación de Carradice:[16]

Outras publicacións

editar
  • (1978): Ancient Greek portrait coins. British Museum. Londres, ISBN 0714108499
  • (1982): A catalogue of Roman coins, Augustus to Commodus, in the collections of the Royal Scottish Museum, Edinburgh. Royal Scotish Museum. Edimburgo.[17]
  • (1983): Coinage and finances in the reign of Domitian. British Archaeological Reports. Oxford. ISBN 9780860542285
  • (1987): Coinage and administration in the Athenian and Persian Empires. The Ninth Oxford Symposium on Coinage and Monetary History (St. Hilda's College in April 1986). British Archaeological Reports. Oxford. ISBN 9780860544425
  • (1988): Coinage in the Greek world. Spink. Londres. Con Martin Price. ISBN 0900652829
  • (1990): The coin atlas: The world of coinage from its origins to the present day. Macdonald. Londres. Con Joe Cribb e Barrie Cook. ISBN 978-0816020973
  • (1992): Sylloge Nummorum Graecorum: Volume VI: The Lewis Collection in Corpus Christi College, Cambridge, Part II, The Greek Imperial Coins. Oxford University Press. ISBN 978-0197260890
  • (1995): Greek coins. British Museum. Londres. ISBN 0714122106
  • (2007): The Roman imperial coinage. Volume II, part 1, From AD 69-96, Vespasian to Domitian. Spink, Londres. Con T. V. Buttrey. ISBN 9781902040844
  • (2010): Les monedes de Vespasià de la Provincia Tarraconensis : 69-70 dC. Societat Catalana d'Estudis Numismàtics. Barcelona. Con Sanahuja, X. e Benagues, J. ISBN 9788492583874
  1. "Background". No perfil de Ian A.Carradice en Prabook.
  2. Ficha de Ian Carradice. Bibliothèque Nationale de France.
  3. 3,0 3,1 "Education". No perfil de Ian A.Carradice en Prabook.
  4. Notas da portada do seu libro The coin atlas [...] (1990).
  5. "Ian A Carradice (Biographical details)". The British Museum.
  6. "Visiting Scholars in Residence Arquivado 01 de abril de 2019 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
  7. "Careers and Collections: A Symposium to mark Professor Ian Carradice’s Retirement". Museum of the University of St Andrews.
  8. "Reappointment of Treasure Valuation Committee Members". Department for Culture, Media and Sport.
  9. "Sylloge Nummorum Graecorum - Project". No sitio web do SNG británico.
  10. Véxase referencia (1992) na sección Publicacións deste artigo.
  11. Butcher, K. (1993). "Ian A. Carradice: Sylloge Nummorum Graecorum, Vol. VI. The Lewis Collection [...]". En The Classical Review. Vol. 43. Nº 2. Páxina 459.
  12. "Connections". No perfil de Ian A.Carradice en Prabook.
  13. "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
  14. "Team Arquivado 28 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Roman Provincial Coinage Online.
  15. "Project". Roman Provincial Coinage Online.
  16. "Roman Provincialo Coinage volumes and contributors". Roman Provincial Coinage Online.
  17. Referencia do libro en WorldCat Arquivado 21 de febreiro de 2019 en Wayback Machine..

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar