Museo Británico
O Museo Británico (en inglés: British Museum) é un museo sobre a cultura e historia humana situado na cidade de Londres (Inglaterra). As súas coleccións, constituídas por máis de 13 millóns de obxectos, atópanse entre as maiores e máis detalladas do mundo, formadas por obxectos de tódolos continentes que ilustran e documentan a historia da cultura dende os seus comezos ata a actualidade.
Museo Británico | |
---|---|
Entrada do Museo Británico | |
País | Reino Unido |
Cidade | Londres |
Director | Neil MacGregor |
Inauguración | 1753 |
Superficie | 54.600 m² |
Visitantes | 4.903.000 (2006-2007) |
Na rede | |
https://www.britishmuseum.org/ e http://britishmuseum.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo Británico foi inaugurado en 1753. Nun primeiro momento, o museo estaba formado principalmente polas coleccións do físico e científico británico Sir Hans Sloane. O museo abriu por primeira vez ao público o 15 de xaneiro de 1759 na Casa Montagu (Montagu House), Bloomsbury, no mesmo lugar no que se atopa hoxe en día o museo. A expansión do museo ao longo do tempo deu lugar á creación de diferentes institucións relacionadas co Museo Británico como son o Museo Británico de Historia Natural (British Museum of Natural History) creado en South Kensington en 1887. Ata 1997, cando a actual edificio da Biblioteca Británica (British Library) abriu ao público, O Museo Británico era o único museo do mundo que posuía unha biblioteca e un museo nacional de antigüidades nun só edificio. Dende o 2001 o director do museo é Neil MacGregor[1].
Coma outros museos nacionais e galerías de arte do Reino Unido, a entrado do museo é de balde, aínda que hai que pagar por algunhas exposicións temporais.
Notas
editar- ↑ "National man for British Museum", BBC News, 29 de novembro de 2001 (en inglés).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial do Museo (en varias linguas)