[go: up one dir, main page]

Academia.eduAcademia.edu
o elemento árabe en galego (1) l1IIIB deGaLEG,a filolox13 o elemento árabe en galego (1) Xavier Frías Conde Universidade Complutense de Madrid l. Introdución Limiar 1. Unha das cuestións pendentes que ten a lingüística galega é a atención á influencia do árabe no galego. A tradición dos estudios arabo-románicos aplicados a outras linguas irmás ten unha longa traxectoria, con repertorios bibliográficos inmensos, mais no tocante ao galego son ben poucos os estudios dedicados a esta realidade. É coñecida de todos tal tradición en linguas coma o castelán ou o portugués, e está abondo desenvolvida tamén en catalán. Tradicionalmente pensouse que a presencia dos árabes no territorio lingüístico galego foi algo inexistente ou ao menos efémera, tanto que non deron deixado pegada ningunha. Certamente os musulmáns conquistadores pasaron pouco tempo en Galiza, mais os arabismos no léxico e na toponimia son moi superiores ao que xeralmente se cre (e este é, en definitiva, o obxecto do noso traballo). Doutra banda, hai quen considera que os estudios aplicados ao portugués son válidos para xustificar os aparentemente escasos arabismos do galego. Até certo punto iso é verdadeiro, mais desde o portugués actual non se pode explicar a maioría dos casos, dado que os arabismos galegos, fronte a moitos dos portugueses, teñen como caracteres de seu: 1. Que son exclusivos do galego 2. Quen son máis antigos 3. Que presentan formas diferentes ás portuguesas Exemplos de arabismos con formas diferente en galego e portugués son: acea / azenha, azucre / arúcar, xabaril / javali, albaroque / alboroque, etc. O arabista portugués Cunha reparou en que os arabismos galegos adoitaban presentar formas máis arcaicas que os portugueses (1967: 131). En galego adoitábase encontrar laI e layl mentres que en portugués o normal era lel e ley/l; a explicación que o autor portugués lle daba era que o galego era o codialecto máis conservador (sic). Evidentemente non se pode acreditar en tal cuestión, e hai que acudir a outra expli1 Nos arabismos ibero-románicos máis antigos non se percibe a imala, mais si nos posteriores. A imala é un fenómeno proprio do árabe occidental polo cal laI > lel > li/. En ibero-románico resulta moi esclarecedor ver os resultados diversos de assanya, que ten a forma castelá máis antiga azaña (agora apelido), e logo aceña (es), acea (ga), azenha (pt) até alcanzarmos amáis evoluída (e portanto de entrada máis serodia) sínia en catalán. 157 l3iliiii deGaLEGa jiloloxía Xavier Frías Conde cación: OS arabismos galegos son máis antigos, dunha época en que a estabilidade do ditongo era aínda grande. Os dous exemplos toponímicos que aduce Cunha son: Galiza Portugal Zaquín Cequim, Acequins Maimón MeimQo En calquera caso, apoiarémonos na outra lingua do noso dominio, como é lóxico, mais non poderemos explicar os arabismos galegos desde os portugueses, aínda que nalgunhas épocas entraron no antigo galego-portugués, porque existe abonda diferencia entre os dun lado e outro do Miño, como tamén acontece entre os do norte e os do sul de Portugal. De feito, dentro do diasistema galego-portugués poderiamos falar de tres zonas: a galega, a portuguesa setentrional e a portuguesa meridional. Máis adiante teremos ocasión de tratar desta cuestión (§28). Doutra banda, cando un consulta as etimoloxías de moitas palabras galegas nos máis dos dicionarios actuais, bota en falta os étimos árabes de moitas voces. Así, contra o que tradicionalmente se cre, un termo tan enxebre coma ceibe (e o seu irmán portugués ceive) non deriva nin do latín CELIBE nin do tamén latín SIBARE, mais do árabe sá'ib, que significa o mesmo que a voz galega. Outro tanto poderiamos dicir de axóuxere (co seu irmán portugués aljorge) ou de lacazán, para os que case ninguén postulou tal orixe. Por iso, apostilaremos o noso estudio cunha serie de termos que presentan unha orixe segura ou moi probábel árabe que talvez sirva para dar luz ás orixes de moitas palabras tradicionais galegas, así como a un puñado de topónimos. 2. Parécenos importantísimo destacar que fai falla inaugurar unha sección de estudios arabo-románicos galegos. Desde aquí só pretendemos ofrecer algúns apuntamentos que deben ser tidos en conta, mais sen esquecermos que o campo para traballar é inmenso. Como en tantos campos da lingüística histórica, non podemos esquecer que estes estudios precisan dun acompañamento fundamentalmente histórico. Por iso, comezamos falando no noso estudio dos mozárabes, aqueles cristiáns que viviron sob o dominio musulmán e que son a chave para comprendermos por que o galego ten moitos máis arabismos do que parece. Incorporamos novos conceptos que foron introducidos moi recentemente nos estudios arabo-románicos ibéricos, sobretodo da man dun dos mellores arabistas actuais: Federico Corrientes (1999). Sen chegarmos a compartir todos os seus criterios de naturalización dos arabismos, si é certo que introduciu algunhas nomenclaturas de grande interese e que nos parecen moi axeitadas. Así, o territorio da Hispania musulmana é chamado por el Alandalús, con mellor criterio que o tradicional AI-Andalus, forma libresca, cando a primeira é a que realmente se empregaba naqueles dominios, e de aí andalusí, termo acuñado, porén, por Menéndez Pidal con valor xeográfico, mais que o arabista aplica ao árabe falado en Alandalús desde o século VIII até o XV, con todas as súas variantes dialectais. Igualmente, Corrientes 158 lllIIIII deG ajiloloXl3 L E G,a o elemento árabe en galego (1) distingue entre os mozárabes coma grupo social e o seu falar románico de forte compoñente árabe, que el chama romandalusí, denominación que nós tamén manternos aquí. Por unha cuestión de nomenclatura, co termo ibero-romance referirémonos aos falares do Norte da Península, e non ao romandalusí, que é tamén ibero-románico, mais cómpre distinguir entre un grupo de falares e os outros. Transcrición do árabe 3. Ao longo deste traballo utilizaremos termos árabes, tanto clásicos coma vulgares ou dialectais, que seguen os criterios que enumeramos a continuación. Tal especificación é imprescindíbel para este estudio. A. Vocais As vocais breves non levan ningún tipo de acento en árabe clásico, mais toda vocal tónica do árabe andalusí leva acento: <a>, <i>, <u> As vocais longas do árabe clásico son idénticas, mais marcadas cun circunflexo (A). OS ditongos decrecentes van sinalados <ay>, <aw>. B. Consoantes SÓ incluímos aquelas. que precisan dalgunha explicación. ItII rara. Serve de alófono a ~'oA."JW?,_ ~. ~ !P ~",·WA._ ~ __~ A' __.~ __~_. . Id31. En libanés e marroquino como o "j" francés. En exipcio e ár. antigo Igl <j> como Irl francesa, uvular .~ <~> -: . ~; ~.? ~ .. ~ gutural__ ,.." _ . w". '~/J ~."' .~'" ~.?: ~ (~!. ~. P ! ? w.·.••.• ~ ~. .• WA·~ ._ ·. , · ._· ·.~ "'~·, .· .~ ~. .• "~."' _.w ~? ·~ ·."'._ . ~. P.?~ . w _.~'"· •.· ~ . · " ' . w __"'"'. ·.·. ·. A·.W"~. w_.·~ ·_"'WA·_.·~._ ·.'" '~ '"·._.·...• ~.· ~ w"'~ ••• ".·A.·.•" ~·. .•· . ~. <1..> ..__ <o> <X> 1t}1 IxI :?~ ~?. <'> ..~ P.?~ . ~ .~ . .~ . :~ ?! . . . . 159 Xavier Frías Conde llIIIIIII de GaLEGa filoloxía Condicións previas 4. Á hora de achegarse ao coñecemento da masa de arabismos que aparecen no galego moderno, hai unha serie de premisas que é preciso deixar sentadas de antemán. En primeiro lugar, non podemos comezar a buscar étimos no árabe clásico, por moito que se trate do primitivo, aquel que foi primeiramente codificado e no que se redixiu o Alcorán. Os máis dos nosos termos están tomados do árabe andalusí (mais, atención, si houbo arabismos de transmisión libresca tomados da lingua literaria)2. Iso lévanos a nos plantexar se a influencia do árabe andalusí sobre o galego (coma sobre o resto dos romances ibéricos) foi de substrato ou de adstrato, mais sobre esta cuestión habemos voltar máis adiante. Non podemos esquecer que o andalusí, aínda que foi lingua predominante ao comezo e influíu fortemente no romandalusí (vid. §5), sufriu pouco e pouco a influencia do romance, primeiro o romandalusí3 e despois o ibero-romance. Oeste xeito, non é de estrañar que o sufixo romandalusí { -ayr} «-ARIU) pasáse a formar parte do repertorio de sufixos andalusís. 5. En segundo lugar, hai que definir claramente cal é o papel que tiveron en todo este proceso os mozárabes, desprazados en masas cara ás zonas do norte cristián, decote coma repoboadores, dado que a súa lingua era románica mais estaba fortemente tinxida de arabismos. Agás nos casos de transmisión libresca (e mesmo aquí ocasionalmente tamén), eles son os verdadeiros transmisores de arabismos. 2 O problema do árabe andalusí e do árabe clásico, tanto na Idade Media coma na actualidade, é semellante ao que se deu durante moitos séculos na Romania, onde os romances eran cada vez máis diferentes do latín e ao mesmo tempo entre eles. Mentres na Romania os vulgares ilustres deron triunfado (ao menos algúns deles coma linguas estatais) sobre a lingua nai, na Arabofonía non se dan as condicións para que ningún dos dialectos adquira a categoría de literario fronte á lingua literaria, única que aparece na escrita, usándose os dialectos para a mera comunicación cotiá e oral; desde hai algunhas décadas, o vulgar exipcio conta co prestixio de ser o dialecto usado no cinema e por tanto o mellor comprendido polo resto da Arabofonía, usándose coma vehículo para moitas actividades literarias e artísticas, sobretodo de carácter popular, mais aínda está moi lonxe de imporse ao árabe clásico. Doutra banda, cómpre ter en conta que as diferenzas intradialectais son ás veces tan intensas que un falante iraquí non poderá comprender un alxeriano ou un tunecino se falan cadanseu dialecto, e será aínda peor se estes se encontran cun chadiano. As áreas dialectais árabes, aínda que están fóra do noso ámbito de estudio, convén telas en conta para explicar algúns fenómenos. Tradicionalmente divídese en dúas grandes zonas, a Occidental, que inclúe desde o Magrebe até Libia, e a Oriental, que comeza en Exipto e espállase por Asia até a lende con Irán, aproximadamente. Loxicamente, o andalusí pertenceu ao árabe occidental, polo tanto, con abondas semellanzas cos dialectos marroquinos actuais; mais sábese que tivo, nos seus comezos, unha forte influencia iemení. 3 Sería longuísimo e por riba está fóra do noso ámbito, mais non podemos deixar de citar certos termos que aínda están vivos en árabe coloquial (e nalgúns casos clásicos) e que proveñen da época mozárabe; así, os meses do ano: yanayr, febrayr, ou termos comúns comafurn «fom(u)), sabbát (<<;apatu), etc. Durante a época final nazarita, o andalusí estaba altisimamente contaminado de romancismos, coma se pode apreciar nos estudios de Alcalá. 160 o elemento árabe en galego (1) IIIIIIID deGaLEGa filoloxía Non se entende o papel dos mozárabes sen acudirmos ás explicacións modernas como a de linguas en contacto. O romandalusí é o feixe de dialectos románicos evoluídos libremente no territorio baixo dominio musulmán. Cando se produce a invasión árabe, estas masas de poboación mantéñense fieis á súa lingua, mais coma ela está en inferioridade -desde un ponto de vista de prestixio- a respeito do árabe, os termos novidosos tómanse da lingua dos conquistadores (despois voltaremos sobre este aspecto en §7). Tal situación daríase en moitos outros territorios, e por nos referir apenas a dous casos concretos, citaremos os de Turquía e Irán. Obsérvese coma o turco até comezos do século xx se escribía con grafía árabe e o farsi ou neopersa aínda se fai. Nunha lingua túrquica (a primeira) e noutra indoeuropea (a segunda), toda unha masa de léxico e mesmo estruturas árabes foron entrando a formar parte de ambas as linguas, até Hes conferir unha identidade moi típica. De feito, o urdu distínguese fundamentalmente do hindi pola grande cantidade de arabismos que posúe4 • Dnha situación semeHante é a que se deu no romandalusí. Botamos en falta que nos estudios existentes se empreste pouca atención a este elemento arábigo e apenas se vexa nel a parte románica (que, sen dúbida, é a principal e maioritaria, mais non a única), o cal daría luz a moitos elementos árabes que influíron mesmo na fonoloxía dos dialectos e que despois se espeHan nos romances ibéricos. A influencia árabe non só chegou ao léxico no caso do romandalusí, mais tamén á morfoloxía e á sintaxe. Por pormos un caso, coñecéronse en romandalusí os plurais en { -at} para as palabras femininas, do mesmo xeito que sobre os lexemas árabes ían engadidos sufixos románicos. Ubicación xeo-histórica 6. Os árabes estiveron na Península Ibérica desde o século VIII até o XVI, como é ben sabido. Dise tradicionalmente que, nas linguas ibero-románicas, o léxico de orixe árabe é a segunda fonte de adquisición de léxico non latino. Tal afirmación, no tocante ao galego, debe ser analizada con vagar, porque, pese a todo, o número de arabismos en galego é sensibelmente inferior ao do portugués e castelán sen dúbida, mais tamén do catalán. Mais o papel histórico dos árabes no chan ibérico é fundamental por outras razóns, visto que eles evitaron a desfragmentación dialectal da Península en infinidade de dialectos, como ocorreu en Francia ou Italia. Afirma Vicente García de Diego ao respeito (1950: 56): Sin la invasión mahometana, España sería igual que Francia, un tablero de varias decenas de dialectos vulgares, formados según las características de cada región. 4 O inglés, desde outra óptica e con outras influencias, é unha lingua xermánica cunha aparencia única dentro da familia poIa fortísima influencia francesa e latina; nalgúns contextos, o seu léxico latinorománico chega ao 50%. No caso oposto aos idiomas fortemente influídos polo árabe está o maltés, no cal, sobre unha base árabe, pousa unha fortísima influencia románica (principalmente italiana). 161 IIBII deGaLEGa filoloxía Xavier Frías Conde A influencia árabe en galego percíbese fundamentalmente -mais non exclusivamente- no léxico e escasamente na morfosintaxe, aínda que alterou substancialmente o ritmo acentual dos romances ibéricos. O árabe, non obstante, non introduciu novos fonemas nos ibero-romancess, mais deuse unha adaptación nestes. 7. Tradicionalmente, a influencia do árabe foi considerada coma un adstrato en relación ás lenguas ibero-románicas. Non obstante, a situación é bastante máis complexa, dado que dependendo do momento histórico, a situación do árabe verbo dos romances foi desigual. Cronoloxicamente a situación vai variando segundo a situación política, sendo máis forte a posición dos musulmáns nos primeiros tempos e impóndose posteriormente os reinos cristiáns. Distinguimos, xa que logo, varias fases, aínda que non estean perfeitamente delimitadas e cheguen mesmo a se sobreporen. 1a Fase: A relación entre o romandalusí e o andalusí é de superestrato. Podemos considerar que tal fase dura desde o século VIII ao XII, aproximadamente: 1"" 1 , ~.:,@"J J ' " Romandalusí Relación de superestrato 1 20 Fase: O avanzo dos ibero-romances cara ao sul e a incorporación de comunidades de mozárabes aos poboadores chegados había pouco inicia a entrada de arabismos nas linguas do norte, mais que xa foran parcialmente romanceados canto á súa forma. Portanto, o romandalusí constitúese en substrato, co léxico árabe xa incorporado. Dura do século IX até o xv: s Aínda que talvez si en romandalusí. Ao menos, tal parece a confusión de transcricións usadas polos escribáns e polas diverxencias que presenta un mesmo vocábulo segundo as linguas de recepción. Sirva coma arguimento que se o árabe andalusí adquiriu fonemas novos dos romances, non hai razón para pensar que os dialectos románicos meridionais non fixesen o mesmo. En calquera caso, este é un ponto escuro e sobre o que non nos deteremos porque precisaría dunha pescuda aparte. 162 llBII deGaLEG,a jiloloxI3 o elemento árabe en galego (1) Ibero-romance (galego) l· , .. . .. .. .. . . Relación de substrato Romandalusí Ca elemento árabe xa incorporado no seu ser románico. 33 Fase: Coincidindo coa fase anterior, as traducións permiten a entrada de léxico culto de orixe árabe (portanto procedente da lingua clásica), que se sitúa coma un adstrato en relación aos ibero-romances. Esta fase dura desde o século XI até o xv: Ibero-romance (galego) Relación de adstrato - """" Árabe clásico Romandalusí Ca elemento árabe xa incorporado no seu ser románico. Así e logo, a situación estrática do árabe a respeito dos romances é tripla: primeiro superestrática, segundo substrática e terceiro adstrática. Calcúlase que en español e portugués debe haber uns catro mil arabismos entre palabras primitivas e derivadas e arredor duns mil e cincocentos topónimos en España e Portugal de procedencia arábica. O número de arabismos do galego é moi inferior, mais non tanto como se puider pensar, segundo xa indicamos; e igualmente a toponimia árabe de Galiza é sensibelmente inferior á do resto da Península; asemade, o número de topónimos árabes de Galiza e zonas lingüisticamente galegas é abondo superior ao que xeralmente se supón. 163 ll1IIIIII de GaLEGa filoloxía Xavier Frías Conde o árabe andalusí 8. Anteriormente fixemos mención da importancia que ten o árabe andalusí nos estudios arabo-románicos. Portanto, á pregunta de por que é necesario partir do árabe andalusí, respóndese sinxelamente afirmando que os arabismos ibero-románicos se axustan ás características dialectais deste dialecto árabe, xa extinto. Non se poden explicar desde o árabe clásico topónimos coma Xurés (ga) ou Geres (pO)6, porque nin o romance os deformou tantísimo como para mudar o lugar do acento, nin o árabe clásico antigo os pronunciaba así. Aínda así, para calquera voz cómpre acudir ao árabe clásico antigo: {1} JARAS para posteriormente amosar a forma andalusí: {2} JARÁS [d3re'rres] e acabar nas formas romances derivadas: . {3} Geres (po), e a galega Xurés con disimilación e reinterpretación de terminación -es no canto da esperábel -ez. 9. O andalusí foi un feixe de dialectos, tal como o definiu Corrientes (1977: 1-2), quen afirma: El árabe hispánico es un haz dialectal resultante de la interferencia del sustrato y la interacción de los dialectos traídos a la Península Ibérica en el siglo VIII por unos cuantos miles de árabes. [...] Hemos llamado al árabe hispánico haz dialectal y no dialecto [...] [porque] el núcleo común predominaba y las características locales eran mínimas. O mellor coñecido de todos eles é o nazarí, o dialecto de Granada tal como se falaba á fin da Reconquista e aínda nos comezos do século XVI, mercé ao labor recompilatorio do clérigo Pedro de Alcalá. A influencia románica deste dialecto (e a que xa fixemos referencia) non só se percebe no léxico, mais tamén na entrada de fonemas descoñecidos do árabe antigo como Ipl e ItII. A teor das mostras de P. de Alcalá, o árabe andalusí encontrábase nun estado de romanceamento bastante semellante ao que presenta hoxe en día o maltés a respeito dos dialectos itálicos, onde, ademais, as vocais longas e as consoantes velares desapareceron, nun· proceso xa comezado e en ocasións culminado en andalusí segundo veremos despois. 6 Da mesma orixe que Jerez en castelán. 164 o elemento árabe en galego (1) o romandalusí e os mozárabes 10. Se no parágrafo anterior se viu a importancia do árabe andalusí, non o é menos a do romandalusí na transmisión dos arabismos. A grande maioría dos arabismos ibero-románicos penetran através dos mozárabes 7 • A primeira grande adaptación fonética sófrena xa aquí, aínda que posteriormente poden seguir sufrindo variacións canto á súa forma nos romances setentrionais. o proceso pódese esquematizar do seguinte modo: 1 == Ar " abe cla="'J~=ogitna c S ~ lSw, Árabe andalusí Dialectos romandaIUSís .. 1 l.. Romances do norte .1 <II( ~ Os mozárabes son os principais -mais non os únicos- transmisores de arabismos por posuíren unha lingua minoritaria románica nos territorios musulmáns que tiñan o árabe coma lingua oficial. Este, o árabe, era unha lingua de prestixio e a maioría dos mozárabes eran bilingües (as clases baixas, do árabe andalusí e as altas, ademais, do árabe clásico). Portanto, acollen unha morea de termos do árabe, como lingua superestrática que é, e incorpóranos para os seus dialectos románicos. Cando os mozárabes ora emigran para zonas do norte, ora mestúranse cos colonizadores provenientes das zonas setentrionais, abandonan os seus dialectos, mais os arabismos que incorporaran son transmitidos ás linguas dos conquistadores. 7 Non convén esquecer que houbo un número importante de mouriscos, xeralmente bilingües, que ficaron a vivir nas zonas reconquistadas. Eles tamén son transmisores de arabismos, mais axen dun xeito semellante aos mozárabes. Doutra banda, o grande número de antropónimos árabes que aparecen na documentación medieval son de mozárabes nos máis dos casos. Nomes como Mafomede, Mafamude, Brafime e outros moitos son lingüisticamente árabes, mais os seus portadores adoitan ser cristiáns chegados de terras de mouros. 165 Xavier Frías Conde IDIIIIII deGaLEGa jiloloxía As primeiras migracións de mozárabes diríxense ao Reino de León, onde irán deixando a súa pegada. Nestes primeiros momentos, todos os romances do centro e do oeste peninsular énchense de arabismos e a súa presencia na toponimia é ben destacada. Mais cando o Reino de Castela se converte en hexemónico, volta os seus ol1os cara ao norte de Europa, concretamente cara a Francia, substituíndo bastantes dos arabismos recebidos por termos de orixe francesa ou occitana. O caso máis coñecido é o do antigo alfaiate, que foi substituído por xastre «SARTOR), tanto en galego coma en castelán, mais consérvase o termo aínda en portugués. Esta tendencia estendeuse polo astur-leonés e mais o galego, mais quedou fóra o portugués, ao xa ser Portugal reino independente de Castela; iso explica que en portugués aínda se conserve esa voz e outras moitas (alfaiate <ALXAYYÁ1). Non obstante, a presencia de mozárabes en Portugal está documentada desde o século VIII até o XII, desde o AIgarve até Entre-Douro-e-Minho, especialmente na rexión de Coímbra. A influencia do mozárabe no portugués é enorme, xa que foi a que o fixo, en boa medida, evoluír desde o galego-portugués medieval até tomarse nunha nova lingua. Desde un ponto de vista da repoboación, convén ter en conta os datos históricos que existen da presencia de mozárabes (e en menor medida de mouriscos) no cuadrante noroccidental da Penísula coma repoboadores nos máis dos casos. Neste sentido, son interesantísimos e moi esclarecedores os datos fomecidos por Pedro Cunha Serra (1967) en distintos apartados do seu estudio sobre a topo-antroponimia do noroccidente peninsular. Así, comeza dicindo sobre dos tres tipos de repoboadores da zona noroccidental peninsular (1967: 98): Nada mais se torna mais necessário acrescentar para desde já podermos discriminar com nitidez tres elementos que intervieram no povoamento da regiao que considerámos: o "mo~árabe, o cristao que, em território de ,sonamlu~ m com eles convivia legal ou contratualmente; o "muladi", o cristao renegado, o exe o "mouro", o mu~lano cuja estirpe procedia do cristao ou ;ov n-o amlu~ m exterior da Península, em sua maioria berbere. O estudio interesantísimo de Cunha baséase nos topónimos árabes, xeralmente antropónimos na súa orixe, que veñen dos nomes e apelidos portados por mozárabes, seguindo unha opinión moi espallada entre estudiosos anteriores, entre os que se contan Herculano, Menéndez Pidal e GÓmez-Moreno. Isto non ten nada de sorprendente, pois se atendemos para os nomes de persoa e os apelidos que se dan, por exemplo, nas Filipinas, comprobamos que todos eles son casteláns, aínda que esta lingua estea morta alío Explícase pola oficialidade que impón a lingua do superestrato, magar esta non dea triunfado a posteriori. 166 Arriba citouse tamén a presencia de musulmáns en Galiza, o cal non debe sorprendernos. Di Cunha ao respeito (1967: 102): Galiza: é muito conhecida urna doac;ao de pnsloneiros escravizados feita por Ordonho II aIgreja de Santiago em 911; escravos e escravas «mancipios et mancipiellas, quos fuerunt ex gente smahelitarum et agareni» sao nomeados em documento de 1029; de 1032 é urna lista identica a anterior e também procedente de Celanova; em um documento de 1061 declara-se, entre o mais, que o testador ingenuava o seu Mauro Giraldo; de fins do séc. xi é urna genealogia dos servos sarracenos que possuía o mosteiro de Sobrado; também nao pode duvidar-se de que eram mouros ou tinham sido muc;ulmanos certos servos cujos nomes estao arrolados num documento de Celanova dos séculos xi-xii; finalmente, segundo documento de 1220, um mouro chamado Mafometh foi doado ao mosteiro de Tojos Outos. Explicacións semellantes son fomecidas sobre León, Asturias e norte de Portugal. Non hai dúbida, xa que logo, da presencia de xentes árabes ou arabizadas en Galiza, que trouxeron un elemento lingüístico árabe, e por riba en datas moi temperás. Isto obsérvase en que son máis numerosos os arabismos en que o jim non soa /d3/ aínda, mais /g/ segundo foi común nos primeiros tempos8. Para concluír, Cunha tira a seguinte conclusión sobre o repoboamento con xentes vidas do sul (1967: 107-108): Nao é forc;ar qualquer conclusao o afirmar-se que a presenc;a de tao grande cópia de mouros, individualmente ou em grupos, contribuiu decerto de maneira apreciável para o povoamento da nossa regiao. Com efeito, foi já notado que a condic;ao dos escravos mouros foi evolucionando de gerac;ao em gerac;ao; também foi notado que servos mouros se consorciavam nao só com indivíduos mouros, como também com cristaos. Tamén Corrientes insiste na importancia dos mozárabes na transmisión de arabismos (1999: 50). 11. Hai un elemento de capital importancia que non convén esquecer e que viría apoiar esta teoría do encontro entre romandalusí e galego na Idade Media. Trátase desa ponte que houbo no terreo literari09 , que, segundo algúns autores (Menéndez Pidal, Dámaso Alonso), existiu entre as carxas 10 e a lírica medieval galego-portu8 9 10 A pronuncia velar no canto da palatal é propria do árabe antigo, tido por iemenismo en Occidente. Esta pronuncia é aínda a típica do baixo-exipcio, o dialecto con maior prestixio no mundo árabe. Os materiais bibliográficos sobre os que fundamento este parágrafo fóronme xentilmente enviados por Teresa Seara, a quen agradezo a súa inestimábel axuda. Preferimos esta denominación, eminentemente erudita, en galego (xa existente) á de kharja ou mesmo a castelá jarcha. A adaptación fónica carcha correspóndese perfectamente coa evolución que tería existido en galego se esta palabra fora asimilada desde os primeiros tempos. Para muaxaha, esta parécenos a mellor adaptación en galego. 167 Xavier Frías Conde ll1IIIIIt de G a L E G,a jiloloxla guesa, especialmente as cantigas de amigo. Nun dos últimos estudios sobre esta materia, onde parecen percibirse varias influencias, Corral Díaz (2000: 121) resume a cuestión afirmando: A técnica coidada que se reflicte nos textos [refírese ás cantigas galego-portuguesas] parece indica-la existencia, máis que probable, de precedentes, que, desgraciadamente, non se conservaron, por mor -posiblemente- do elevado custo que para a época supoñía o acto de escribir [...]. Así pois, nas Cantigas de amigo conxúganse dúas vertentes: unha tradicional, que entronca e recolle toda unha tradición anterior [itálica nosa], e outra culta, que enlaza coa laboriosa técnica das cansós. Ámbalas dúas facetas son necesarias para unha explicación verosímil da orixe das cantigas de amigo galego-portuguesas. 12. Alén do anterior, non habería sorprendemos que haxa un número abondo grande de topónimos árabes na xeografía galega e nos territorios colindantes. Teremos ocasión de expolos na última parte deste estudio, mais non podemos esquecer aqu~les topónimos que non son orixinariamente árabes, mais románicos, e que foron transmitidos por mozárabes indicando o seu lugar de orixe. Eis algúns deses topónimos tomados de Cunha (1967, s.q): Cordobelas (de CORTUBA) en Esteiro, Cedeira, A Coruña; Cumbraos (de CONIMBRIGA, que deu en portugués Coimbra) e que deixa pegada en Lugo (Monterroso e Taboada), A Coruña (Sobrado e Mesía) e Pontevedra (Escuadro, Chapa); Toldao ou Toldaos (de TOLETU) todos en Lugo (O lncio, Taboada, Pantón, Triacastela, Rendar e Láncara), aos que cómpre engadir un Toledo que Cunha (1967) cita en Ourense, mais sen especificar ondeo Tamén indica a súa procedencia Moldes, de MOLLITES, forma latinizada de muladí, nome co que se coñecía os cristiáns renegados convertidos para o islamismo; existen Moldes en Barxas (Baixo Bierzo), Castropol -dous lugares- (Eonavia), O Carballiño, Valga, A Estrada, Alba, Pontevedra (Pontevedra), Melide, Pobra do Caramiñal, Brión, Negreira (Coruña) e Boborás (Ourense). No norte de Portugal hai abondas mostra máis. O mesmo podemos dicir dos Vilar de Mouros espallados por Galiza, como os de Coruña (Capela) e Lugo (Sober). Son semellantes Vilanloure (Punxín, Ourense), Mouriscado (Mondariz, Pontevedra), Moura (un pico en Quintela de Leirado, Ourense e tamén unha vila en Viana do Bolo, Ourense), Busdemouros (Vilanova de Ozcos, Eonavia), Portodemouros (Viladecruces, Pontevedra). 13. A"nteriormente xa fixemos mención ao carácter de lingua en contacto do romandalusí (§5). Son moitos os estudios dedicados a el, sendo os máis importantes os de Galmés Fuentes (1983), mais neste caso só se fai o estudio do elemento románico do romandalusí. Por iso, botamos en falta elementos como o tratamento dos sufixos románicos (e que en boa medida tamén pasaron para o andalusí) con perda de vocal final e que en moitos casos dan aos arabismos aparencia de híbridos araborománicos. Corrientes (1999: 50) é quen máis lonxe chega no recoñecemento do 168 oelemento árabe en galego (1) IDIIII deGaLEG,a jiloloxI3 elemento árabe do romandalusí -obsérvese a denominación, a que xa fixemos mención. Este autor di que se trata dunha lingua xeneticamente románica mais adstrática e culturalmente moito permeábel á interferencia do árabe a todos os niveis gramaticais, así como en aspectos léxicos e semánticos. E sinala (1999: 50) algo que é de capital importancia: que a morfoloxía do árabe e dos seus dialectos implica, directa ou indirectamente, os arabismos do románico. Tamén Corrientes (1999: 52) presenta varios deles que posteriormente teremos ocasión de ver en certas voces. En xeral, carecen de vocal final no masculino (norma do árabe) mais presentan unha vocal {-a} para o feminino, aspecto este en que coinciden románico e árabe. Así ternos: -el, -ela «-ELLU, -A) -01, -ola ( <-OLU, -A) -aq, -aqa «-ACU, -A) -oq, -oqa ( <-OCU, -ayr, -ayra -A) «-ARIU, -A) Incluamos -ayq, -a, irmán do galego -ego,-a, ambos do latín -AECU. Esta mestura de elementos encóntrase en tixela ~ tixola [tigela], que vén dunha raíz *TAJINELLA ou *TAJINOLA, que se compón de TAlíN (=ola) co sufixo -ELLA ou -OLA. Polo mozárabe pódese explicar por que en español se encontra en certos casos o ditongo leyl e en galego-portugués os monotongos lel e 10/. A razón xace na transmisión desde o romandalusí e porque había algúns dialectos que xa coñecían a monotongación e outros que aínda conservaban os ditongos románicos primitivos lay/~ e e law/~o, especialmente os primeiros, porque dos segundos non se ten certeza debido ao complexo sistema alfabético árabe, que non permite facer estas distincións. A situación dos ditongos, no século XIII, segundo Galmés Fuentes (1983: 141-143, 191-192, 225-226) nos distintos dialectos mozárabes é bastante conservadora. En Valencia, Baleares, Sevilla e Granada, conservábase layl (frecuentemente en Granada xa presentaba a forma [ey], como aínda se aprecia na toponimia), e tamén law/, xa fose primario ou secundario, sen que haxa noticias de [ow]. En troques, en Toledo (1983: 79), parece que o normal é leyl con bastantes casos documentados de lel xa monotongado, maguer se mantén law/. Parécenos, así e todo, que 101 debeu alcanzarse nalgunha zona, probabelmente en territorio portugués (entre o centro e o sul), por dúas razóns: 1. Porque o portugués do sul pronuncia carpinteiro como /karpin'teru/, alén de que <ou> na lingua padrón soa sempre 101, pronunciación que irradia 169 llIIIIII!I deG ajiloloxla L E G,a Xavier Frías Conde desde o sul; ambas as pronuncias son, ao noso modo de ver, atribuíbeis ao substrato mozárabe. 2. Porque só desde o romandalusí se explican formas monotongadas como: alfoz «ALH AWZ) ou xeque ll «SAYX) e aldea (antigo por aldeia, onde hai unha iode antihiática, típica do portugués; compárese co galego e asturiano aldea <ADDAY3A), alxofre [aljofre] «ALJÁWHAR) Aínda que xeralmente o español e o catalán trataron o ditongo segundo os seus hábitos fonéticos e os monotongaron, encóntranse algúns exemplos de ditongo conservado, tanto no léxico coma na toponimia, tais que: > azeite (po), aceite (ga, es), e derivado azzaytún > aceitona (ga), azeitona (pt), aceituna (es). AZZÁYT ALBÁYTARY > albéitar, (es) albeite (ga), alveitar (po). > Almudaina (Baleares), mais Almudena (Madrid), co ditongo tratado segundo os hábitos casteláns. AFY' ~ > aceifa (es), ceifa (ga, po). ALMUDÁYNA o normal é que en español e catalán haxa monotongación mentres que en galegoportugués se conservan os ditongos decrecentes: ASSAWl' > azoute (ga), ar;oite (po), azote (es). AZ-ZÁ3UQ > azougue (ga), ar;ougue (po), azogue (es). ALBUMÁYRA > Albufeira (po), Albufera (ct). Dnha segunda razón de por que se conserva o ditongo en certos casos en castelán e catalán explica porque son formas entradas en momentos serodios da lingua, cando a tendencia á monotongación xa non estaba vixente. Neste sentido, hai que ter en conta a observación de Corrientes (1999: 26) en que a conservación dos ditongos en certos casos (non se trata do caso galego, loxicamente) é debida á consciencia de as voces árabes seren cultismos entre os mozárabes. Outro dos elementos característicos dos arabismos existentes en ibero-romance é o paso de 1st! e I~\ a Itst! e finalmente a Its/, que se aprecia en palabras como musta3arabí > mo~árabe > mozárabe 14. Coidamos que é mester atribuír -ao menos parcialmente- ao romandalusí o amalgamamento do artigo árabe al na maioría de los arabismos en galego-portugués e castelán, que é moito máis escaso en catalán e inexistente, agás nos casos de empréstimos casteláns, noutros romances como o occitano, francés, italiano, siciliano e sardo. 11 Non obstante, coñécese unha forma antiga portuguesa xeique (Michaelis 1946: 305). 170 IIIIIII!I deG afiloloX13 L E G,a o elemento árabe en galego (1) Este amalgamamento foi obxecto de numerosos estudios tirándose conclusións moi diversas. Aporta Steiger (1948-1949: 1-62) unha explicación de tipo psicosocial que resulta pouco convincente, aínda que fomece un curioso paralelismo entre as linguas ibero-romances e o berébere, que tamén incorpora o artigo árabe aos seus empréstimos, como en lmenún, lebtix, lmiismiis. Esta teoría é recollida por Corrientes (1999: 59), mais quitándolle valor ao argumento psicosocial e acudindo a outro de tipo lingüístico que parece máis convincente, onde o artigo árabe funciona en berébere coma un prefixo indispensábel nos substantivos. Vistas así as cousas, parece unha explicación abondo razoábel, mais non podemos esquecer o papel do romandalusí, que tamén o ten. Admitindo a primeira parte, fica unha segunda que, como sinala N011 (1996), é importantísima: os arabismos son un elemento dignificador do romandalusí, e con esa etiqueta, pasan do romandalusí para o galego (e resto de linguas ibero-románicas agás catalán en moitos casos). No romandalusí, por mor da influencia superestrática árabe, deuse unha evolución das formas do artigo indefinido sufrindo unha curiosa evolución: elo ILLU > ILLOS > ILLA> elos ela ILLAS > > el > al elas Desta maneira, o artigo romandalusí coincide co árabe, que presenta invariabelmente a forma al (dun xeito semellante ao inglés que ten invariabelmente the). Esta forma única do artigo romandalusí al documéntaa copiosamente Galmés Fuentes (1983: 113). Obsérvese ademais a súa presencia constante en infinidade de topónimos mozárabes en toda a Península: Almonte, Alpuente, Alconchel, etc. Polo tanto, os mozárabes identificaban o artigo proprio co árabe e así o transmitiron, e o mesmo fixeron cos topónimos antes citados ou outros termos de orixe non árabe como alpendre, alcaiata, etc. A tendencia a interpretar al coma parte integrante de moitos vocábulos alcanzou a bastantes termos (máis casteláns que galego-portugueses e mesmo ocasionalmente cataláns) como almorzo (ga), almor;o (po), almuerzo (es), pero catalán esmorzar, de *ADMORDIU. Noutros casos a súa inclusión debe atribuírse a influencia romandalusí -cando non se trata sen máis da propria voz romandalusí: alpiste «PISTUM), alpechín «FAECINUS), alfiestra «FENESTRA); en portugués aparece en alporiio, alpantesma, etc. e por imitación nalgunhas outras coma alcipreste «CYPRESSU) ou dial. alcordar «ACCORDARE). Este fenómeno está perfectamente documentado en todo o ibero-románico. En definitiva, o típico amalgamento do artigo al en ibero-romance responde a dous factores: 1) o elemento berébere, e 2) a influencia romandalusí. 171