[go: up one dir, main page]

Academia.eduAcademia.edu

Introdución á sintagmática do galego

2024, Introdución á sintagmática do galego

Este manual é unha introdución á gramática xerativa aplicada á lingua galega, que visa ofrecer unha visión global e elementar desta teoría lingüística.

Xavier Frías Conde Introdución á sintagmática do galego © Texto: Xavier Frías Conde, 2011, 20242 © Edición: Ianua Editora info@ianuaeditora.com ISBN: 979-8-88757-483-7 Reservados todos os dereitos. Ningunha parte deste material pode ser reproducido sen o consentimento previo escrito do seu autor. Xavier Frías Conde Limiar Estas páxinas pretenden ser unha introdución á sintagmática do galego. Isto quer dicir que se fará unha abordaxe sintáctica canto á estrutura intermedia entre a palabra e a cláusula, fixándose, xa que logo, no sintagma, dado que a súa estrutura ten unha grande importancia na comprensión doutros niveis da sintaxe. Entendemos por sintagmática, daquela, a parte da sintaxe que se ocupa da estrutura dos sintagmas, a súa composición desde a mínima expresión (o seu núcleo) até á máxima. Cómpre ter en conta que a combinación dos distintos sintagmas é o que dá lugar á oración, coa súa colocación na frase en diversos ocos funcionais. Con todo, a sintagmática soa non abonda para explicar a estrutura oracional dunha lingua, mais si permite entender cales son as engrenaxes que permiten as palabras encaixaren en estruturas superiores e sempre atendendo para unha orde xerárquica perfectamente definida. Neste manual, utilizamos a nomenclatura portuguesa a respecto das unidades sintácticas. A menor é a palabra, aínda que sería máis conveniente falar de monemas, unha unidade que é común para a sintaxe e a morfoloxía. Por riba do monema, fica o sintagma; por riba deles, fican as oracións, que requiren dun predi- 3 Introdución á sintagmática do galego cado lexical que dea lugar a unha grella temática. Finalmente, a unidade superior é o período, que pode ter unha soa oración ou máis dunha, onde existe unha oración principal e outra ou varias dependentes. Faremos entón unha descrición da sintagmática do idioma galego a partir da teoría da X–barra, atendendo para os sintagmas principais. 4 Xavier Frías Conde 1. A teoría da X–barra 1.1. Conceptos básicos A sintaxe ten como fin o estudo da estrutura da lingua canto á combinación de palabras para formar estruturas. Por tanto, á hora de estudar calquera lingua, cómpre fixarse nas estruturas que a compoñen. Na sintaxe, polo menos nun estadio inicial, non atenderemos para as estruturas que fican por baixo da palabra –ou do lexema, se se preferir–, non interesan daquela os morfemas e os lexemas, embora iso non queira dicir que non fan parte da sintaxe, mesmo sen son obxecto de estudo pola morfoloxía, aínda que na tradición xerativista a morfoloxía é mesmo unha continuación das estruturas, co cal a fronteira entre morfoloxía e sintaxe se cadra non existe. Os elementos que analizaremos serán daquela: a palabra, o sintagma e a frase (sen atendermos polo de agora á diferenza entre frase e cláusula). A sintaxe xerativista comeza pola análise da unidade maior, a frase, e conclúe co menor: a palabra. Cada palabra atópase no máis baixo da árbore sintáctica, mentres o sintagma se sitúa na parte intermedia, pois non é máis que unha proxección da palabra mesma. Por iso, cando recollemos un nome ou substantivo como: 5 Introdución á sintagmática do galego (1) casa podemos afirmar que se trata non só dun nome, mais tamén dun sintagma nominal (SN), composto por un só elemento. Se este é inserido nunha frase, hase ver isto máis nidiamente, dado que o SN ten sentido no interior da frase: (2) Ten [SN [N casa]] (3) Ten [SD unha [SN casa]] (4) Ten [SD unha [SN casa [SA ampla]]] Trátase en todos os casos de SSNN que funcionan como obxectos directos. Embora sexa certo que hai moitos tipos de palabras, apenas un grupo delas teñen significado completo, isto é, que desde un punto de vista sintáctico teñen un lexema. Este grupo de palabras principais son coñecidas co nome de categorías lexicais e son: ● ● ● ● o nome (N) o verbo (V) o adxectivo (A) o adverbio (ADV)1 1 Na teoría xerativista adoita incluírse nesta categoría a preposición, mais nós non concordamos que a preposición sexa unha categoría léxica, mais funcional. Canto ao adverbio, é ben certo que o seu estatus está tamén baixo discusión. En principio incluímolo, 6 Xavier Frías Conde Existen ademais categorías funcionais, que son elementos que principalmente fan referencia ao predicado mais cuxa repercusión afecta toda a frase. Habémolos estudar máis pormenorizadamente máis para adiante, mais citaremos a seguir algunhas destas categorías: ● ● ● ● ● a concordancia de suxeito e verbo (ConcS) a concordancia de obxecto e verbo (ConcO) o complementador (C) o determinante (D) o tempo (T) Nun principio, todas estas categorías e máis outras son recollidas nunha macrocategoría coñecida co nome de sintagma flexivo (SF). Véxase 1.3. 1.2. A teoría da X–barra Calquera das categorías citadas enriba desenvolve nun sintagma, unha teoría coñecida como a X–barra. Tomemos unha categoría X. A súa máxima proxección é SX (sintagma X). aínda que estamos cientes de que é unha categoría que do punto de vista tanto funcional canto sintáctico resulta moi complexo. 7 Introdución á sintagmática do galego O esquema de embaixo é o que se pode desenvolver cando están todos os elementos 2. Todas las casas poden quedar baleiras, excepto a do núcleo, que xeralmente é a única imprescindíbel. Ademais, é unha regra sintáctica que o paso dun nivel superior a outro inferior é sempre binario, aínda que un dos niveis seguintes quede baleiro en moitas ocasións. A estrutura da X–barra móstrase na figura 1 Fig.1: Estrutura básica da X–barra Como xa ficou dito, X es o núcleo, mais os outros elementos teñen un papel fundamental tamén: 2 Máis adiante veremos que pode haber máis dun especificador, un complemento e un adxunto. 8 Xavier Frías Conde ● especificador: é un elemento que proporciona información adicional. Por exemplo o suxeito é Esp. do predicado en: (5) [SD Os nenos] [V teñen frío] ● complemento: é un elemento que se torna necesario para o núcleo teña significado. No caso anterior, frío realizaría este papel, porque a frase sen este elemento no tería sentido: (6) *Os nenos [V teñen] ● adxunto: é un elemento engadido de que se pode prescindir. Tal sería o caso de agora, que si se elimina no dana o significado da frase: (7) Os nenos [V teñen frío [SADV agora]] Na figura 2 vemos cal sería a estrutura dun SN como 3: (8) A gran destrución da ponte polas chuvias 3 Na realidade comezamos co SD, porque o determinante, como veremos despois, fica fóra do SN. 9 Introdución á sintagmática do galego Fig. 2 (Nota: os triángulos indican que o elemento final non está desenvolvido) Esta distribución dos elementos da X–barra non é universal. En determinadas linguas (como o alemán), o complemento pode vir á esquerda. Ademais, nada impide que haxa dos especificadores (e mesmo dous complementos). 1.3. Sintagmas funcionais Como xa vimos, os sintagmas teñen un papel crucial na sintaxe. Para alén dos tradicionalmente recoñecidos como lexicais, existen outros cuxo cometido é gramatical, de aí que sexan coñecidos como funcionais. Desde o punto de vista lexical fornecen pouca información, mais a súa presenza é absolutamente necesaria para a gramaticalidade da frase. 10 Xavier Frías Conde Os sintagmas funcionais poden ser clasificados en dous grupos, dependendo do sintagma base que proxecten: a) sintagmas funcionais verbais: sintagma de concordancia de suxeito (SCONCS), sintagma de concordancia de obxecto (SCONCO), sintagma diatético (SDIAT) etc. b) sintagmas funcionais nominais: sintagma determinante (SD), sintagma cuantificador (SQ), sintagma posesivo (SPOS) etc. 11 Introdución á sintagmática do galego 2. O sintagma nominal e as súas proxeccións 2. 1. Sintagma nominal (SN) O SN ten, como xa ficou dito, un N como núcleo. Ora ben, é moi normal que se proxecte o dito nome con complementos e especificadores. Fenómeno distinto da proxección é a extensión, que se realiza cara á dereita. Faise por medio dos complementadores, o cal implica un sintagma X (SX, cuxa natureza veremos despois), como se aprecia na seguinte figura: Fig. 3. SN > N SX O obxecto directo pode aparecer cun SN composto exclusivamente por un N, sen determinantes. Acontece o mesmo co suxeito cando se trata de infinitivos (que de facto funcionan como SN, embora sexan propiamente SC), pois neste caso a presenza do artigo definido é totalmente posíbel: 12 Xavier Frías Conde Fig. 4: SN > N SN N (17) (18) (19) (20) Quero caramelos Ana é alta Falar desafoga (mais tamén: o falar desafoga) Falar cun amigo desafoga Hai algúns casos, non moitos, en que ol N admite un especificador, que é un SA de diversa índole. É un uso atributivo do adxectivo. Fig. 5: SN > SA N (21) (22) (23) (24) Cinco días Que libro Boa xente Gran persoa 13 Introdución á sintagmática do galego 2.2. Sintagma determinante (SD) Ol sintagma determinante é unha categoría funcional do nome, como xa ficou dito. Trátase daquela dunha proxección do SN. Fig. 6: SD > D SN (25) (26) A xente Estes / aqueles días Entendemos por determinantes tanto os artigos como os demostrativos, tratándose, xa que logo, de clases de palabras moi semellantes. 2.3. Sintagma cuantificador (SQ) O SQ é unha categoría diferente do SD. Porén, pode darse que o SQ e o SD aparezan xuntos como proxección dun SN: Fig. 7: SQ > Q SD SD > D SN (27) Todos os días 14 Xavier Frías Conde (28) Con todo o meu amor Poden aparecer na orde anterior ou ao invés: Fig. 8: SD > D SQ SQ > Q SN (29) (30) O primeiro día Os cinco amigos 2.4. Sintagma posesivo O posesivo, usado en modo atributivo, ten que ir acompañado dun SD en galego, normalmente o artigo definido, embora os outros determinantes tamén poden precedelo. (31) (32) (33) O meu carro Un meu amigo Aquel teu compañeiro 15 Introdución á sintagmática do galego Fig. 9: SD > D SQ SQ > Q SN Ora ben, é moi frecuente que cos determinantes demostrativos e mesmo co artigo indefinido o posesivo fique despois do nome; neste caso trátase dun movemento do nome cara ao determinante: (34) Aquel amigo1 teu p1 16 Xavier Frías Conde Mais tamén pode ir diante, de xeito que non hai movemento ningún: (35) Aquel teu amigo. Ademais, en galego, os nomes de parentesco directo fan posíbel a omisión do artigo: (36) Miñas irmás 2.5. O sintagma preposicional Calquera que sexa a natureza dos sintagmas de proxección do SN, pode acontecer que este vaia introducido aínda por un SP, en moitos casos pola rexencia imposta por un predicado. Fig. 10: SP > P SN SP > P SD SP > P SQ 17 Introdución á sintagmática do galego 2.6. A extensión do SN co seu complementador Xa no inicio deste capítulo fixemos referencia a un SX que funciona como complemento (e tamén como adxunto) que sirve para a extensión do SN. A súa natureza é ben variada, tratándose nos máis dos casos dun SP (o cal implica que este é unha proxección doutro SN), dun SC ou dun SA. O SC será unha cláusula inserida, talvez de infinitivo, talvez de relativo. Fig. 11: SD > D SN SN > N SX (= SP / SA/ SC) Aquí, SX podería ser: (37) (38) (39) (40) (41) (42) novo (SA) de texto (SP) con ilustracións (SP) para a lectura (SP) que comprei (SC) para ler (SP > P SC) 18 Xavier Frías Conde Vexamos como se comportaría un SP como complemento dun SN: (38) Un libro de ø lectura / con ø debuxos / para a lectura Fig. 12: Como xa se viu anteriormente, as extensións poden ser máis dunha, como no seguinte exemplo onde un SA estende xunto cun SP: (39) Un cachorro alegre de tigre 19 Introdución á sintagmática do galego Fig. 13 Poida que apareza mesmo un especificador e un complemento do SN: (40) Un pobre home traballador Fig. 14. 20 Xavier Frías Conde 3. Sintagma adxectival, sintagma adverbial e proxeccións 3.1. Sintagma adxectival Antes de comezar co desenvolvemento deste sintagma, convén distinguir entre o seu uso atributivo e predicativo. O uso atributivo é aquel en que o A (SA) é especificador ou complemento dun SN, mentres que o seu uso predicativo é aquel en que é complemento dun SV. Neste segundo caso debe ter unha función sintáctica (atributo, predicativo etc.) Canto á súa forma, como acontece con todos os sintagmas, ten un núcleo, que neste caso, loxicamente, é un adxectivo. Esta estrutura mínima certamente responde á seguinte estrutura: Fig. 15. 21 Introdución á sintagmática do galego O sintagma adxectival pode presentar proxeccións en moi poucos casos, limítanse a SP, moi a miúdo en locucións: (41) (42) De branco A serio Fig.16 Con todo, a natureza adxectival dos núcleos anteriores pode ser dubidosa e cabería preguntarse se non se trata de adverbios. Porén, o que si pode presentar o SA é un especificador cuantificador (á diferenza do que acontecía co SN, estes cuantificadores non forman sintagma): (43) (44) (45) (46) (47) Moi alta Abondo alta Pouco alta Un pouco alta Relativamente alta 22 Xavier Frías Conde Fig. 17. Algúns destes cuantificadores hanse colocar despois do A: (48) (49) (50) Alto de máis Alto dabondo Alto a esgalla Fig. 18. O SA si pode presentar complementos como extensións xeralmente por medio de SP. Tal SP pode continuarse, como xa vimos que acontecía co SN, con SSCC ou SSNN. Tal acontece tanto co uso atributivo canto co uso predicativo, embora co segundo sexa máis frecuente. Fig. 19: A SP SP > P SC 23 Introdución á sintagmática do galego (51) (Moi) difícil de entender Fig. 20: A SP SP > P SD (52) Moi conveniente para o contribuínte. 24 Xavier Frías Conde 3.2. Sintagma adverbial (SAdv) O sintagma adverbial é, en gran medida, idéntico ao SA canto á súa estrutura. Dunha banda, admite cuantificadores no oco funcional do especificador e, da outra banda, prolóngase con complementos introducidos con SSPP. O sintagma adverbial, como tal, só pode ter un uso predicativo. Cando non é así, só pode funcionar como simple adverbio, sen se proxectar en sintagma, moi a miúdo especificador verbal. Non imos, daquela, estender as explicacións a respecto deste sintagma. 3.3. A comparación: o sintagma comparativo Tanto o SA como o SADV poden ser comparados. Para iso, é preciso introducir unha categoría específica, o sintagma comparativo (SCOMP). A dita categoría require dous elementos comparativos. Para a introdución do segundo termo da comparación servirémonos do SC. Por tanto, a estrutura básica dunha comparación dun adxectivo ou adverbio responde á seguinte construción: Fig. 21. (53) Máis alto ca min 25 Introdución á sintagmática do galego Fig. 22. (54) Máis alto do que eu pensaba Esta estrutura co SCOMP permítenos entender as formas sintéticas do tipo (55) Boísimo 26 Xavier Frías Conde como un movemento de A cara a COMP formando unha amalgama: Fig. 23. 27 Introdución á sintagmática do galego 4. A estrutura básica da frase 4.1. A cláusula como proxección do predicado: o sintagma complementador Todo predicado proxéctase até formar unha frase ou período. Daquela, todos os elementos que poida ter unha cláusula, tantos os obrigatorios canto os opcionais, xiran arredor do predicado que, como xa cabe esperar, desenvolve a partir dun SV. Ora ben, nas máis recentes teorías xerativistas, a cláusula non se inicia co sintagma flexivo (ver abaixo), mais co sintagma complementador (SC), unha categoría funcional que fica por riba dela. O SC era no seu inicio utilizado para se referir apenas aos complementadores (=conectores) das cláusulas dependentes, mais arestora serve tamén para explicar unha serie de fenómenos, en boa medida de natureza pragmática. Non obstante, trátase dunha macrocategoría que, polo de agora, non imos desglosar, mais que inclúe certos sintagmas moi frecuentes, como o sintagma tópico (STop), o sintagma interrogativo (SInt) ou o sintagma focal (SFoc). 28 Xavier Frías Conde 4.2. Sobre o sintagma flexivo Se non fosen tidos en conta os elementos flexivos da frase, teriamos cláusulas de infinitivo como esta: (56) Os nenos comer chocolate Son abondos os elementos que permiten que o exemplo (17) se transforme no (18): (57) Os nenos comían chocolate Os dous elementos principais que aparecen en (10) e que permiten a calquera falante nativo validar a devandita cláusula son nomeadamente o tempo e a concordancia entre o suxeito e mais o verbo. Como xa ficou dito anteriormente, estes elementos han ser tidos en conta máis adiante, mais polo de agora ímonos limitar a traballar coa macrocategoría flexión, proxectada como sintagma flexivo (SF) e que recolle, entre outros fenómenos, o tempo e o a concordancia, mais tamén o aspecto e o modo, isto é, as características do verbo–predicado. 4.3. A estrutura básica da frase: o lugar do SC e do SF. Fica, por tanto, xustificada a necesidade absoluta da existencia do SF para a construción de frases correctas. Porén, como indicamos no primeiro parágrafo, aínda por riba do SF teremos que ter en conta o SC. 29 Introdución á sintagmática do galego Porén, esta visión da frase co SC como máxima proxección –lembremos que o SC, igual que o SF, son macrocategorías que poden ser desglosadas– non foi así nos primeiros tempos da Gramática Xerativa (GX), onde no punto álxido se situaba unha categoría abstracta: frase (O), o cal levaba a unha representación como a que se ve na figura 3: (58) O can comía carne Fig. 24. Trátase dunha estrutura extremadamente simplificada. Obsérvese que mesmo daquela non se formulara aínda a existencia do sintagma determinante. Esta estrutura é a propia da primeira etapa da GX e que serviu de punto de partida cara ás concepcións que hoxe en día se teñen da estrutura sintagmática dunha cláusula. 30 Xavier Frías Conde Mais a partir dos anos 80, coa segunda fase da GX, Principios e Parámetros, O é substituído por un eventual sintagma temporal (ST), máis tarde sintagma flexivo (SF). E será xa durante a terceira etapa, O Programa Minimalista, cando se introduza aínda por riba o SC como teito da frase, como máxima proxección da cláusula a partir dun verbo–predicado. Desta maneira, a reinterpretación da figura 24 é a figura 25: Ø Fig. 25. 31 Introdución á sintagmática do galego Á diferenza da representación propia da primeira etapa da GX, a adición dos sintagmas envolve tamén outros procesos, como os movementos. Concretamente no gráfico de enriba hai dous, o do predicado 4 e o do suxeito, dado que este vén normalmente diante do predicado e, por tanto, se ve arrastrado cara a unha posición superior. O lugar de que procede o operador que se move vén marcado como pegada, (p) nas árbores sintáticas. Outra cuestión de capital importancia é que no SV se reflicte o núcleo orixinario da cláusula, é dicir, alí onde se percibe a estrutura semántica que serve de punto de partida á posterior estrutura sintáctica. Os roles semánticos son traducidos para funcións no SV. Mais como xa indicamos, o SV, sen proxeccións, non permite construír unha cláusula. Alén diso, o facto de o SD ser o suxeito e o SN ser o obxecto vén dado pola súa posición (xeración) no SV. 4 Marcado como p1 (=pegada, marca que deixa o movemento) que sobe a F para tomar os trazos de tempo e concordancia, pois outramente teriamos, como xa ficou dito, un infinitivo. Sobre isto imos ocuparnos máis adiante. 32 Xavier Frías Conde Iso permítenos comprender que o SD, especificador do V é o suxeito, mentres que o SN5 é complemento. Precisamente desta cuestión trataremos a seguir pormenorizadamente. 4.4. Suxeito e obxecto como especificador e complemento respectivamente do SV Nos máis dos casos, o suxeito é xerado como especificador e o obxecto é xerado como complementador do SV (e dicimos nos máis dos casos, porque non todos os suxeitos xorden como especificadores, mais polo de agora non nos imos ocupar desta cuestión). Na estrutura máis básica, a do SV, que recolle a grella temática 6, podería ser representado así: 5 Podería perfectamente tratarse doutro SD: o can comía a carne. Cadansúa función sintáctica viría igualmente marcada pola súa posición a respecto do V: especificador ou complemento. 6 A grella temática é a estrutura semántica subxacente. No exemplo anterior, o predicado ler require dúas valencias, unha externa, X–alguén e outra interna, Y–algo. Cando se dá o salto da semántica para a sintaxe, esta estrutura orixinal fica reflectida no SV e é coñecida con esa denominación xa mencionada de grella temática. 33 Introdución á sintagmática do galego Fig. 26. A estrutura anterior, aínda semántica, carece de conxugación. Para a cláusula ter unha estrutura aceptábel, é preciso conxugar o verbo, incluíndo os elementos xa citados da concordancia e do tempo. Para iso é preciso introducir o SF. O SF posúe os trazos da conxugación necesarios, como se ve no gráfico 6. Tal movemento é o que permite que se atopen distintos tempos verbais: (59) Luís le libros. (60) Luís leu libros (61) Luís está a ler libros. O punto de partida sería, daquela, a introdución do tempo (flexión): 34 Xavier Frías Conde Fig. 27. convértese en 28: Fig. 28. Cómpre analizar cal é a diferenza entre 27 e 28. 35 Introdución á sintagmática do galego En 6, tanto o suxeito como o verbo están no seu lugar de xeración, mais xa en 7 sobre cara a F para tomar a flexión de presente de indicativo con concordancia da 1PS. O lugar primitivo de V ten unha pegada, o cal envolve que ningún outro elemento pode ser colocado aí. Consecuentemente, o suxeito, especificador de SV, móvese a unha posición superior, tamén de especificador, acompañando o V na súa viaxe. Estes dous movementos son, porén, diferentes. O verbo, un núcleo, móvese a outro núcleo, mentres que o suxeito só se pode mover a unha posición que non sexa nuclear. Podería acontecer que o suxeito non se movese, o cal daría lugar a unha cláusula un tanto estraña como esta: (62) ? Le Luís libros. Esta frase non é incorrecta, embora sexa abondo marcada. Reflicte que houbo só movemento do verbo, mais non do suxeito. Obsérvese en 7 como os movementos van indexados (utilizamos 1 e 2). As frechas non son obrigatorias, mais axudan a seguir visualmente o movemento dos operadores con máis facilidade. 36 Xavier Frías Conde Estes movementos son constantes en moitas linguas, non só en galego, mais nomeadamente nas románicas. Do proceso anterior podemos extraer dúas regras: Regra 1: O verbo conxugado ascende sempre á posición máis alta: núcleo do SF > F. Regra 2: O suxeito soe acompañar o verbo neste movemento. Cando hai verbos auxiliares (etiquetados como SAux), estes soben á posición de F (expresado dunha maneira simplificada), de maneira que V non fica baleiro: (63) Luís pode ler libros alemáns Fig. 29. Como se aprecia doadamente, V está ocupado polo infinitivo ler, e só o suxeito ascende. 37 Introdución á sintagmática do galego 4.5. Un paso máis: SC Omitimos nos exemplos SC porque non precisábamos del para explicar estes movementos básicos. Porén, como xa dixemos, SC é unha macrocategoría que recolle fenómenos como topicalización, interrogación, focalización, etc. Non sería estraño que en galego o verbo, ao se construír unha pregunta, ascendese até o núcleo de SC (xa dixemos que é unha macrocategoría). De facto, a frase 15) podería ser totalmente correcta caso se tratase dunha pregunta. Retomamos a devandita frase, mais o SC será etiquetado como sintagma interrogativo (SINT): (64) Le Luís libros? Fig. 30. 38 Xavier Frías Conde Danse dous movementos do verbo; o primeiro é de V > F; o segundo, F > INT. Poderiamos mesmo engadir un pronome interrogativo como que, en cuxo caso, o núcleo do SC podería ficar ou non baleiro (neste exemplo non) mais non o seu especificador. Neste caso, teríamos que adicionar o SFOC para acoller o pronome interrogador.: (65) Que le Luís? Fig. 31. 39 Introdución á sintagmática do galego Obsérvese, ademais, como o ascenso do verbo vai por banzos, dado que a frase interrogativa previamente requiría que V tivese ascendido para F. Se o movemento tivese sido directo, o resultado sería unha frase agramatical como esta: (66) * Que ler Luis? Non obstante, o movemento do comp. do SV cara ao especificador do SC si é directo, como se aprecia na figura 10. Con todo, os sintagmas aquí mostrados, SInt e STop poden ser representados, co gallo de simplificar, como SC. 40 Xavier Frías Conde 5. A frase básica estendida 5.1. A negación A negación require un sintagma propio, o sintagma negativo (SNEG), cuxo emprazamento na cláusula é variábel. Cando existe un só verbo (SV), xérase inmediatamente por riba do SV, mais se houber outros verbos (por exemplo en SF), o SNEG xérase por riba, porque en galego, como nas demais linguas románicas, o SNEG ten que acompañar o primeiro verbo. Mais non só iso, en galego, como en todo o románico, o verbo modificado directamente sobe até SNEG. (67) Non puiden falar con eles. Fig. 32. 41 Introdución á sintagmática do galego 5.2. A diátese A diátese en galego, como no resto do romance, impleméntase por medio do sintagma diatetizador (SDIAT), de natureza verbal. Existen, porén, dous tipos de núcleos: verbais e clíticos. 5.2.1. Estruturas pasivas O núcleo das cláusulas pasivas é un verbo: ser, que non ofrece problemas canto ao seu comportamento. Porén, o participio do predicado require concordancia. Neste caso, na GX existe o Sv 7, coñecido como cuncha verbal, ao que non fixemos referencia até agora, mais que introduciremos nesta ocasión para reflectir como o verbo, na forma do participio, adquire concordancia. O proceso da pasivización é moi complexo, pois teñen que se dar os seguintes pasos: 1. Semanticamente, prescíndese da primeira valencia (a externa); isto implica que o oco funcional do suxeito fica baleiro. 7 A cuncha verbal é unha ferramenta moi frecuente na GX que permite explicar moitos fenómenos, como a concordancia do participio ou a existencia de dous obxectos. Non faremos máis referencias a ela porque nesta introdución non precisamos introducila como estrutura fundamental. Convén dicir que na literatura xerativista, o Sv albergou a diátese, o cal, ao noso entender, é errado. 42 Xavier Frías Conde 2. A introdución do DIAT cancela a asignación de caso acusativo ao complemento do SV, o cal toma caso nominativo por defecto, co cal se comporta como un verdadeiro suxeito. 3. A partir de aí, o habitual é que o novo suxeito ascenda (aínda que non é obrigatorio). 4. O predicado ten que ascender a Sv para asumir a concordancia. Todos os procesos anteriores aparecen no seguinte exemplo: (68) Esa roupa foi lavada onte. Fig. 33. 43 Introdución á sintagmática do galego Adicionamos aquí o sintagma de concordancia de obxecto (SConcO) para explicar a concordancia do participio co objeto inicial, que despois sobe á posición de especificador do SF. Continuaremos coas formas pasivas comparadas con outras formas diatéticas no capítulo 7. 5.2.2. Voces medias En galego, como no resto do romance, existen dúas voces medias: a impersoal e a ergativa. Non trataremos aquí da diferenza entre elas8. A diferenza estrutural entre a media e a pasiva radica precisamente en que o núcleo do SDIAT é un clítico, o cal, pola súa propia natureza, responde ás leis do galego de colocación proclítica ou enclítica. Ten daquela movementos un tanto complexos, de adición a unha forma verbal. Tomaremos como modelo unha construción media impersoal. Neste caso, temos que facer referencia ao sintagma de concordancia de obxecto (SConcO), dado que en moitos casos existe concordancia de obxecto, que non de suxeito, neste tipo de construcións. Cómpre ademais mencionar que esta diátese media –mais non así a ergativa– non cancela a asignación de caso. 8 Véxase a ese respecto Frías Conde, X. (2010) Compendio de sintaxe galega. Romania Minor : Pontevedra. 44 Xavier Frías Conde Imos propor un exemplo un bocadiño complexo en que o verbo auxiliar (núcleo de SF) arrastra consigo NEG e tamén DIAT: (69) Non se puido limpar a fachada. Fig. 34. Voltaremos a estas cuestións no capítulo 7. 5.3. A interpretación do lugar ocupado polos clíticos Xa anteriormente citamos que o SF é unha macrocategoría que inclúe a concordancia. En galego, como no resto dos romances, existe a concordancia de obxecto (na figura 34 temos un exemplo), aínda que o máis normal é que a concordancia de obxecto se dea a través do sintagma de concordancia de obxecto (SConcO) a que xa fixemos mención. 45 Introdución á sintagmática do galego Este sintagma ten como núcleo un clítico, cuxo comportamento en galego canto ao pleonasmo responde á súa forma implícita ou explícita. Isto quer dicir que cando o obxecto está presente, o normal é que teña forma implícita. No exemplo 49, a forma implícita é precisamente o clítico. (70) Lavei os pratos mentres que no exemplo 50 a forma implícita é o obxecto. (71) Laveinos pro Porén, ambos han estar explícitos cando o obxecto é focalizado (pleonasmo). Eis a análise deste caso tan común en galego: Fig. 35. 46 Xavier Frías Conde 6. A frase complexa Unha frase pode constar de unha ou de varias cláusulas, onde sempre unha é a principal e o resto son dependentes, caso haxa máis de unha. O modo en que a cláusula dependente se relaciona coa principal é duplo: 1. 2. por inserción, típico dunha cláusula completiva e mais dunha relativa. por anexión, onde a cláusula dependente fica fóra da grella temática. 6.1. Cláusula inserida Son as típicas frases en que a cláusula dependente cumpre unha función sintáctica da cláusula principal, por norma obxecto, coñecidas como cláusulas completivas. No seguinte exemplo, os predicados teñen candaseu suxeito, diferente xa que logo. (72) Quero que me visites mañá. Fig. 36. 47 Introdución á sintagmática do galego Tamén pode darse que se trate dunha cláusula de infinitivo, en cuxo caso ambos os predicados teñen o mesmo suxeito e o lugar do segundo é representado por PRO.. (73) Quero visitarte, Fig. 37. 48 Xavier Frías Conde Tamén as cláusulas relativas entran neste grupo, mais non posúen un mero C, mais un SD que compre a función do referente; trátase, xa que logo do especificador do SC. (74) O auto que1 mercou un auto1 non funciona. Fig. 38. 6.2. Cláusula anexa Fican na periferia da cláusula principal. Poden ir diante, como STOP (75) Cando chamen, colle ti o telemóbil. 49 Introdución á sintagmática do galego Fig. 39. Este tipo de frases admite moi a miúdo a inversión; (76) Colle ti o telemóbil cando chamen. Ou detrás, como adxunto do SV, (77) Trouxemos pintura para pintar as paredes. Fig. 40. 50 Xavier Frías Conde Ou até dun SN ou un SA. (78) Estou farto de ouvir as mesmas mentiras. Fig.41. 6.3. As construcións de infinitivo conxugado Xa vimos enriba que entre os sintagmas existentes entre o SV e SF poden darse o SConcS e o SConcO. O segundo serve basicamente para colocar os clíticos e tamén para subir V como participio cando ten concordancia na voz pasiva. Canto ao primeiro, serve para colocar o infinitivo conxugado en ausencia de SF. É grazas a el que se pode 51 Introdución á sintagmática do galego representar este tipo de construcións tan típicas do galego-portugués. Estas son tres mostras segundo os tres tipos principais: 1. 2. 3. como adxunto do SV con SP. como complemento de certos verbos impersoais, sen SP como complemento de SSAA ou SSNN con SP. (79) Levei algo de café para descansardes despois da quenda. Fig. 42. 52 Xavier Frías Conde (80) Convén deixardes os paquetes aquí. Fig. 43. (81) Xa son horas de marcharmos. Fig. 44. 53 Introdución á sintagmática do galego 6.4. As estruturas ditranstivas Á hora de representar as frases con máis dun obxecto, atopámonos co problema de que a estrutura básica do SV non admite máis do que un complemento, mais é ben sabido que as frases chamadas ditransitivas (con obxecto directo e obxecto indirecto; ou ben, con obxecto directo e obxecto oblicuo). Para iso, úsase o sintagma da cuncha verbal, representado como Sv, diferente, por tanto, do SV, onde v non é o verbo lexemático que proxecta dous obxectos, nunha especie de desdobramento. (82) Enchín a botella con auga onte á noite. Fig. 45. (83) Xa contei un conto aos cativos antes de adormeceren. 54 Xavier Frías Conde Fig.46. SF ten dous especificadores no exemplo de riba. 55 Introdución á sintagmática do galego 7. A diátese 7.1. O concepto O concepto de diátese envolve que a primeira valenza sexa ignorada, reemprazada ou deslocada. A voz media: o seu diatetizador é o clítico se. ➢ Impersoal: elimina o suxeito e fica o obxecto sen caso, mais con diátese. ➢ Ergativa: elimina o suxeito, mais o obxecto ocupa espazo do expletivo coa inserción da diátese. A voz pasiva: elimina o suxeito, que pode reaparecer; o obxecto ocupa o posto do expletivo. O diatetizador é o verbo ser. Daquela, teoricamente unha construción transitiva pode ser transformada nas outras tres: 56 Xavier Frías Conde Tanto a voz media ergativa canto a voz pasiva son transformacións da voz activa transitiva. 7.2. Voz media impersoal A voz media presenta como rasgo distintivo a eliminación do SUBJ e o uso do diatetizador se. Dáse sempre unha estrutura [DIAT][PRED][OBJ] (84) Contratáronse traballadores cualificados > contratáronselles Desde que houber un SD ou un SN, hai concordancia de obxecto. (85) Quebráronse as cadeiras da cafetería. 57 Introdución á sintagmática do galego Fig. 47. 7.3. Voz media ergativa Unha construción ergativa é unha construción falsamente reflexiva, isto é, a presenza de se (ou outro clítico con forma reflexiva) non indica reflexividade. Esta confusión é moito maior en español por mor da obrigatoriedade do clítico aparentemente reflexivo: (86) (87) (88) El barco se hundió (*a sí mismo) La lámpara se ha fundido (*a sí misma) La silla se ha roto (* a sí misma) A ergatividade galega prescinde en moitos casos do se. Os exemplos anteriores resultan: (89) (90) (91) O barco afundiu A lampadiña fundiu A cadeira rompeu 58 Xavier Frías Conde Fig. 48. Obsérvese como se trocamos a orde dos elementos, temos en galego unha oración con SUBJ [pro] (92) (93) (94) Afundiu o barco Fundiu a lampadiña Rompeu a lampadiña 59 Introdución á sintagmática do galego Fig. 49. Un dos problemas máis graves do galego respecto destas construcións é que en galego se introduciu masivamente se por influencia do español en moitos casos, nomeadamente con verbos entrados en tempos máis recentes na lingua. Os exemplos que expomos a seguir son perfectamente válidos en galego sen o uso de se como mostras ergativas: (95) O neno está a desenvolver a un ritmo normal (96) Moita xente adheriu á campaña 9 9 En portugués non podería ser doutra maneira: Muitas pessoas aderiram à campanha. 60 Xavier Frías Conde (97) A ferida infectou rapidamente (98) Divorciaron hai un par de anos (99) Os dinosauros extinguiron hai moitos séculos No resto dos casos, a ergatividade común en galego distínguese da ergatividade en castelán precisamente pola ausencia de se: (100) [Casamos /*casámonos] hai dous anos (101) [Cala/ *cálate] xa Porén, existen casos en que é obrigatorio o clítico: (102) Érgome moi cedo todas as mañás (103) O tren desprázase a moita velocidade. Como xa foi visto, do punto de vista estrutural, a voz media ergativa participa de elementos comúns coa voz media impersoal e coa voz pasiva. Coa primeira comparte o feito de ter un diatetizador sintético e coa segunda o movemento do OBJ1 para a posición de SUBJ debido á ausencia desta valencia externa. 7.4. A voz pasiva A súa estrutura é a máis complexa entre os distintos tipos de diáteses, embora teña un uso limitado de máis en galego. 61 Introdución á sintagmática do galego O participio ten que concordar co OBJ1 orixinal, que perde o seu caso acusativo e toma caso nominativo (104) Os documentos foron destruídos Fig. 50. Pode incluír un ADJ, até o punto de que a súa omisión pode resultar nunha frase incorrecta. (105) (106) O discurso foi lido en inglés. *O discurso foi lido. 62 Xavier Frías Conde Fig. 51. E o suxeito orixinal, convertido para OBJ4, que é o obxecto axentivo, moi a miúdo obrigatorio. Neste exemplo, danse o OBJ4 e o ADX: (107) Fun asaltada por uns estraños na rúa. 63 Introdución á sintagmática do galego Fig. 52. 64 Xavier Frías Conde Índice Limiar .......................................................................... 3 1. A teoría da X–barra................................................. 5 1.1. Conceptos básicos............................................... 5 1.2. A teoría da X–barra.............................................. 7 1.3. Sintagmas funcionais ......................................... 10 2. O sintagma nominal e as súas proxeccións.......... 12 2.1. Sintagma nominal (SN) ...................................... 12 2.2. Sintagma determinante (SD) ............................. 14 2.3. Sintagma cuantificador (SQ) .............................. 14 2.4. Sintagma posesivo............................................. 15 2.5. O sintagma preposicional .................................. 17 2.6. A extensión do SN co seu complementador ...... 18 3. Sintagma adxectival, sintagma adverbial e proxeccións ........................................................... 21 3.1. Sintagma adxectival ........................................... 21 3.2. Sintagma adverbial (SAdv) ................................ 25 3.3. A comparación: o sintagma comparativo ........... 25 4. A estrutura básica da frase ................................... 28 4.1. A cláusula como proxección do predicado: o sintagma complementador .................................... 28 4.2. Sobre o sintagma flexivo.................................... 29 4.3. A estrutura básica da frase: o lugar do SC e do SF.......................................................................... 29 4.4. Suxeito e obxecto como especificador e complemento respectivamente do SV ................... 33 4.5. Un paso máis: SC .............................................. 38 5. A frase básica estendida....................................... 41 65 Introdución á sintagmática do galego 5.1. A negación ......................................................... 41 5.2. A diátese ............................................................ 42 5.2.1. Estruturas pasivas .......................................... 42 5.2.2. Voces medias ................................................. 44 5.3. A interpretación do lugar ocupado polos clíticos 45 6. A frase complexa .................................................. 47 6.1. Cláusula inserida ............................................... 47 6.2. Cláusula anexa .................................................. 49 6.3. As construcións de infinitivo conxugado ............ 51 6.4. As estruturas ditranstivas................................... 54 7. A diátese ............................................................... 56 7.1. O concepto ........................................................ 56 7.2. Voz media impersoal ......................................... 57 7.3. Voz media ergativa ............................................ 58 7.4. A voz pasiva ...................................................... 61 66