[go: up one dir, main page]

Academia.eduAcademia.edu
mlBl!I G a L E G a DOI: https://doi.org/10.17979/rgf.2000.1.0.5399 Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661 | e-ISSN 2444-9121, 2000, 1: 157-171 O elemento árabe en galego (1) Xavier Frías Conde Universidade Complutense de Madrid 1. Introdución Limiar 1 . Unha das cuestións pendentes que ten a lingiiística galega é a atención á influen­ cia do árabe no galego . A tradición dos estudios arabo-románicos aplicados a outras linguas irmás ten unha longa traxectoria, con repertorios bibliográficos inmensos, mais no tocante ao galego son ben poucos os estudios dedicados a esta realidade. É coñecida de todos tal tradición en linguas coma o castelán ou o portugués, e está abondo desenvolvida tamén en catalán. Tradicionalmente pensouse que a presencia dos árabes no territorio lingiiístico gale­ go foi algo inexistente ou ao menos efémera, tanto que non deron deixado pegada ningunha. Certamente os musulmáns conquistadores pasaron pouco tempo en Galiza, mais os arabismos no léxico e na toponímia son moi superiores ao que xeral­ mente se cre (e este é, en definitiva, o obxecto do noso traballo). Doutra banda, hai quen considera que os estudios aplicados ao portugués son válidos para xustificar os aparentemente escasos arabismos do galego. Até certo punto iso é verdadeiro, mais desde o portugués actual non se pode explicar a maioría dos casos, dado que os ara­ bismos galegos, fronte a moitos dos portugueses, teñen como caracteres de seu: 1 . Que son exclusivos do galego 2. Quen son máis antigos 3. Que presentan formas diferentes ás portuguesas Exemplos de arabismos con formas diferente en galego e portugués son: acea I azenha, azucre I açúcar, xabaril Ijavali, albaroque I alboroque, etc. O arabista por­ tugués Cunha reparou en que os arabismos galegos adoitaban presentar formas máis arcaicas que os portugueses ( 1 967: 1 3 1 ) . En galego adoitábase encontrar /a/ e /ay/ mentres que en portugués o normal era /e/ e /ey/' ; a explicación que o autor portugués lle daba era que o galego era o codialecto máis conservador (sic). Evidentemente non se pode acreditar en tal cuestión, e hai que acudir a outra expli' Nos arabismos ibero-románicos máis antigos non se percibe a imala, mais si nos posteriores. A imala é un fenómeno proprio do árabe occidental polo cal /a/ > lei > /i/. En ibero-románico resulta moi escla­ recedor ver os resultados diversos de assânya, que ten a forma castelá máis antiga azaña (agora ape­ lido), e logo ace11a (es), acea (ga), azenha (pt) até alcanzarmos a máis evoluída (e portanto de entra­ da máis serodia) sínia en catalán. 1 57 llml!!I G a L E G a d e /iloloxía Xavier Frías Conde cación: os arabismos galegos son máis antigos, dunha época en que a estabilidade do ditongo era aínda grande. Os dous exemplos toponímicos que aduce Cunha son: Galiza Portugal Zaquín Cequim, Acequins Maimón Meimão En calquera caso, apoiarémonos na outra lingua do noso dominio, como é lóxico, mais non poderemos explicar os arabismos galegos desde os portugueses, aínda que nalgunhas épocas entraron no antigo galego-portugués , porque existe abonda diferencia entre os dun lado e outro do Miño, como tamén acontece entre os do norte e os do sul de Portugal. De feito, dentro do diasistema galego-portugués poderíamos falar de tres zonas : a galega, a portuguesa setentrional e a portuguesa meridional. Máis adiante teremos ocasión de tratar desta cuestión (§28). Doutra banda, cando un consulta as etimoloxías de moitas palabras galegas nos máis dos dicionarios actuais , bota en falta os étimos árabes de moitas voces . Así, contra o que tradicionalmente se cre, un termo tan enxebre coma ceibe (e o seu irmán portugués ceive) non deriva nin do latín CELIBE nin do tamén latín SIBARE, mais do árabe sá 'ib, que significa o mesmo que a voz galega. Outro tanto podería­ mos dicir de axóuxere (co seu irmán portugués aljorge) ou de lacazán, para os que case ninguén postulou tal orixe. Por iso, apostilaremos o noso estudio cunha serie de termos que presentan unha orixe segura ou moi probábel árabe que talvez sirva para dar luz ás orixes de moitas palabras tradicionais galegas, así como a un puña­ do de topónimos . Parécenos importantísimo destacar que fai falla inaugurar unha sección de estu­ dios arabo-románicos galegos. Desde aquí só pretendemos ofrecer algúns apunta­ mentos que deben ser tidos en conta, mais sen esquecermos que o campo para tra­ ballar é inmenso. Como en tantos campos da lingiiística histórica, non podemos esquecer que estes estudios precisan dun acompañamento fundamentalmente his­ tórico. Por iso, comezamos falando no noso estudio dos mozárabes, aqueles cris­ tiáns que viviron sob o domínio musulmán e que son a chave para comprendermos por que o galego ten moitos máis arabismos do que parece. 2. Incorporamos novos conceptos que foron introducidos moi recentemente nos estu­ dios arabo-románicos ibéricos , sobretodo da man dun dos mellores arabistas actuais : Federico Corrientes ( 1 999). Sen chegarmos a compartir todos os seus cri­ terios de naturalización dos arabismos, si é certo que introduciu algunhas nomen­ claturas de grande interese e que nos parecen moi axeitadas . Así, o territorio da Hispania musulmana é chamado por el Alandalús, con mellor criterio que o tradi­ cional Al-Andalus, forma libresca, cando a primeira é a que realmente se emprega­ ba naqueles domínios, e de aí andalusí, termo acuñado, porén, por Menéndez Pida! con valor xeográfico, mais que o arabista aplica ao árabe falado en Alandalús desde o século vm até o x v , con todas as súas variantes dialectais . Igualmente, Corrientes 1 58 mlBl!I G a L E G a d e filoloxía O elemento árabe en galego (!) distingue entre os mozárabes coma grupo social e o seu falar románico de forte compoñente árabe, que el chama romandalusí, denominación que nós tamén man­ temos aquí. Por unha cuestión de nomenclatura, co termo ibero-romance referirémonos aos falares do Norte da Península, e non ao romandalusí, que é tamén ibero-románico, mais cómpre distinguir entre un grupo de falares e os outros. Transcrición do árabe Ao longo deste traballo utilizaremos termos árabes, tanto clásicos coma vulga­ res ou dialectais , que seguen os criterios que enumeramos a continuación. Tal espe­ cificación é imprescindíbel para este estudio. 3. A. Vocais As vocais breves non levan ningún tipo de acento en árabe clásico, mais toda vocal tónica do árabe andalusí leva acento: <a>, <i>, <u> As vocais longas do árabe clásico son idénticas, mais marcadas cun circunflexo (A) . Os ditongos decrecentes van sinalados <ay>, <aw>. B. Consoantes Só incluímos aquelas que precisan dalgunha explicación. <C> ftff <h> aspirada como en inglés ou alemán <ti> aspirada gutural <j> . . . .... .... !<f�/: . .�11 .Ii.� a.11.é..�... � .. 11.1:�1:1.:()<lui.n o co �?... °.. . . ''j'' . ��a.11�.é.� · ...�11. ��!P�.!(). .�. �1:.: . �11.t.i.�()/'ef/ <q> !q! do árabe clásico, conservada no Norte de Á frica e no Iraque . . . como !ri francesa, uvular <r> como o noso Ir! simple, mais en todas as posicións <� > gutural !f! <s> /1}/ <X> /x/ <3> o son <'> . ... . . . . ·:�a.ir.i:��·:, "3ain" p�a.<i�...�l()t�! :..... . . . ................ . .............. . ......... . .... . ........ . 159 Xavier Frías Conde Emm!Ide G a/ Li l oEl G a oxía Condicións previas 4. Á hora de achegarse ao coñecemento da masa de arabismos que aparecen no gale­ go moderno, hai unha serie de premisas que é preciso deixar sentadas de antemán. En primeiro lugar, non podemos comezar a buscar étimos no árabe clásico, por moito que se trate do primitivo, aquel que foi primeiramente codificado e no que se redixiu o Alcorán. Os máis dos nosos termos están tomados do árabe andalusí (mais, atención, si houbo arabismos de transmisión libresca tomados da lingua !ite­ raria)'. Iso lévanos a nos plantexar se a influencia do árabe andalusí sobre o gale­ go (coma sobre o resto dos romances ibéricos) foi de substrato ou de adstrato, mais sobre esta cuestión habemos voltar máis adiante. Non podemos esquecer que o andalusí, aínda que foi lingua predominante ao comezo e influíu fortemente no romandalusí (vid. §5), sufriu pouco e pouco a influencia do romance, primeiro o romandalusí' e despois o ibero-romance. Deste xeito, non é de estrañar que o sufixo romandalusí { -ayr} ( <-ARIU ) pasáse a formar parte do repertorio de sufixos andalusís. 5. En segundo lugar, hai que definir claramente cal é o papel que tiveron en todo este proceso os mozárabes, desprazados en masas cara ás zonas do norte cristián, decote coma repoboadores, dado que a súa língua era románica mais estaba forte­ mente tinxida de arabismos. Agás nos casos de transmisión libresca (e mesmo aquí ocasionalmente tamén), eles son os verdadeiros transmisores de arabismos. O problema d o árabe andalusí e d o árabe c lásico, tanto na Idade Media c o m a na actualidade, é seme­ l lante ao que se deu durante moitos séculos na Romania, onde os romances eran cada vez máis dife­ rentes do l atín e ao mesmo tempo entre eles. Mentres na Romania os vulgares i lustres deron triunfa­ do (ao menos algúns deles coma linguas estatais) sobre a lingua nai, na Arabofonía non se dan as con­ dicións para que ningún dos dialectos adquira a categoría de literario fronte á lingua ! iteraria, única que aparece na escrita, usándose os dialectos para a mera comunicación cotiá e oral; desde hai algun­ has décadas, o vulgar exipcio conta co prestixio de ser o dialecto usado no cinema e por tanto o mellor comprendido polo resto da Arabofonía, usándose coma vehículo para moitas actividades !iterarias e artísticas, sobretodo de carácter popular, mais aínda está moi lonxe de imporse ao árabe clásico. Doutra banda, cómpre ter en conta que as diferenzas intradialectais son ás veces tan intensas que un falante iraquí non poderá comprender un alxeriano ou un tunecino se falan cadanseu dialecto, e será aínda peor se estes se encontran cun chadiano. As áreas dialectais árabes, aínda que están fóra do noso ámbito de estudio, convén telas en conta para explicar algúns fenómenos. Tradicionalmente divídese en dúas grandes zonas, a Occidental, que inclúe desde o Magrebe até Libia, e a Oriental, que comeza en Exipto e espállase por Asia até a lende con Irán, aproximadamente. Loxicamente, o andalusí per­ tenceu ao árabe occidental, polo tanto, con abondas semellanzas cos dialectos marroquinos actuais; mais sábese que tivo, nos seus comezos, unha forte influencia iemení. 3 Sería longuísimo e por riba está fóra do noso ámbito, mais non podemos deixar de citar certos termos que aínda están vivos en árabe coloquial (e nalgúns casos clásicos) e que proveñen da época mozára­ be; así, os meses do ano: yanayr, febray1; ou termos comúns coma furn (<forn(u)), sabbât (<çapatu), etc . Durante a época final nazarita, o andalusí estaba altisimamente contaminado de romancismos, coma se pode apreciar nos estudios de Alcalá. 1 60 O elemento árabe en galego (!) EJlll!!Ide G aL EGa /iloloxía Non se entende o papel dos mozárabes sen acudirmos ás explicacións modernas como a de linguas en contacto. O romandalusí é o feixe de dialectos románicos evoluídos libremente no territorio baixo dominio musulmán. Cando se produce a invasión árabe, estas masas de poboación mantéñense fieis á súa lingua, mais coma ela está en inferioridade -desde un ponto de vista de prestixio- a respeito do árabe, os termos novidosos tómanse da lingua dos conquistadores (despois voltaremos sobre este aspecto en §7). Tal situación daríase en moitos outros territorios, e por nos referir apenas a dous casos concretos, citaremos os de Turquía e Irán. Obsérvese coma o turco até comezos do século xx se escribía con grafia árabe e o farsi ou neopersa aínda se fai . Nunha lingua túrquica (a primeira) e noutra indoeuropea (a segunda), toda unha masa de léxico e mesmo estruturas árabes foron entrando a formar parte de ambas as linguas, até lles conferir unha identidade moi típica. De feito, o urdu distínguese fundamentalmente do hindi pola grande cantidade de arabismos que posúe'. Unha situación semellante é a que se deu no romandalusí. B otamos en falta que nos estudios existentes se empreste pouca atención a este elemento arábigo e apenas se vexa nel a parte románica (que, sen dúbida, é a principal e maioritaria, mais non a única), o cal daría luz a moitos elementos árabes que influíron mesmo na fonolo­ xía dos dialectos e que despois se espellan nos romances ibéricos . A influencia árabe non só chegou ao léxico no caso do romandalusí, mais tamén á morfoloxía e á sintaxe. Por pormos un caso, coñecéronse en romandalusí os plurais en { -at } para as palabras femininas, do mesmo xeito que sobre os lexemas árabes ían engadidos sufixos románicos. Ubicación xeo-histórica 6. Os árabes estiveron na Península Ibérica desde o século vm até o xv1, como é ben sabido. Dise tradicionalmente que, nas linguas ibero-románicas, o léxico de orixe árabe é a segunda fonte de adquisición de léxico non latino. Tal afirmación, no tocante ao galego, debe ser analizada con vagar, porque, pese a todo, o número de arabismos en galego é sensibelmente inferior ao do portugués e castelán sen dúbida, mais tamén do catalán . Mais o papel histórico dos árabes no chan ibérico é fundamental por outras razóns, visto que eles evitaron a desfragmentación dia­ lectal da Península en infinidade de dialectos, como ocorreu en Francia ou ltalia. Afirma Vicente García de Diego ao respeito ( 1 950: 56): S i n la invasión mahometana, España sería igual que Francia, un tablero d e varias decenas de dialectos vulgares, formados según las características de cada región. 4 O inglés, desde outra óptica e con outras i n fluencias, é unha lingua xermánica cunha aparencia única dentro da familia pola fortísima influencia francesa e latina; nalgúns contextos, o seu léxico latino­ románico chega ao 50%. No caso oposto aos idiomas fortemente influídos polo árabe está o maltés, no cal. sobre unha base árabe, pousa unha forlísima influencia románica (principal mente italiana). 161 I Cllll!!Ide GaLEGa /iloloxía Xavier Frías Conde A influencia árabe en galego percíbese fundamentalmente -mais non exclusiva­ mente- no léxico e escasamente na morfosintaxe, aínda que alterou substancial­ mente o ritmo acentuai dos romances ibéricos . O árabe, non obstante, non introdu­ ciu novos fonemas nos ibero-romances', mais deuse unha adaptación nestes. 7. Tradicionalmente, a influencia do árabe foi considerada coma un adstrato en relación ás lenguas ibero-románicas. Non obstante, a situación é bastante máis complexa, dado que dependendo do momento histórico, a situación do árabe verbo dos romances foi desigual. Cronoloxicamente a situación vai variando segundo a situación política, sendo máis forte a posición dos musulmáns nos primeiros tempos e impóndose poste­ riormente os reinos cristiáns. Distinguimos, xa que logo, varias fases, aínda que non estean perfeitamente delimitadas e cheguen mesmo a se sobreporen. 1ª Fase : A relación entre o romandaiusí e o andaiusí é de superestrato. Podemos considerar que tal fase dura desde o século vm ao Xll, aproximada­ mente: Andalusí ··········· Relación de superestrato Romandalusí 2º Fase: O avanzo dos ibero-romances cara ao sul e a incorporación de comunidades de mozárabes aos poboadores chegados había pouco inicia a entrada de arabismos nas linguas do norte, mais que xa foran parcialmente romanceados canto á súa forma. Portanto, o romandalusí constitúese en subs­ trato, co léxico árabe xa incorporado. Dura do século IX até o xv : 5 Aínda que talvez si en romandalusí. Ao menos, tal parece a confusión de transcricións usadas polos escribáns e polas diverxencias que presenta un mesmo vocábulo segundo as l inguas de recepción. S irva coma arguimento que se o árabe andalusí adquiriu fonemas novos dos romances, non hai razón para pensar que os dialectos románicos meridionais non fixesen o mesmo. En calquera caso, este é un ponto escuro e sobre o que non nos deteremos porque precisaría dunha pescuda aparte . 1 62 llJlll'l!Ide G a/ Li l oEl G a oxía O elemento árabe en galego (!) Ibero-romance (galego) Relación d e substrato Romandalusí Co elemento árabe xa incorporado no seu ser románico. 3ª Fase: Coincidindo coa fase anterior, as traducións permiten a entrada de léxico culto de orixe árabe (portanto procedente da língua clásica), que se sitúa coma un adstrato en relación aos ibero-romances. Esta fase dura desde o século XI até o xv : Ibero-romance (galego) Relación de adstrato � � Árabe clásico Romandalusí Co elemento árabe xa incorporado no seu ser románico. Así e logo, a situación estrática do árabe a respeito dos romances é tripla: primei­ ro superestrática, segundo substrática e terceiro adstrática. Calcúlase que en español e portugués debe haber uns catro mil arabismos entre palabras primitivas e derivadas e arredor duns mil e cincocentos topónimos en España e Portugal de procedencia arábica. O número de arabismos do galego é moi inferior, mais non tanto como se puider pensar, segundo xa indicamos ; e igual­ mente a toponímia árabe de Galiza é sensibelmente inferior á do resto da Península; asemade, o número de topónimos árabes de Galiza e zonas lingi.iisticamente gale­ gas é abondo superior ao que xeralmente se supón. 1 63 O elemento árabe en galego (!) EJlll'D!Ide GaLEGa /iloloxía O elemento árabe en galego (1) Xavier Frías Conde Universidade Complutense de Madrid 1. Introdución Limiar 1 . Unha das cuestións pendentes que ten a lingiiística galega é a atención á influen­ cia do árabe no galego . A tradición dos estudios arabo-románicos aplicados a outras linguas irmás ten unha longa traxectoria, con repertorios bibliográficos inmensos, mais no tocante ao galego son ben poucos os estudios dedicados a esta realidade. É coñecida de todos tal tradición en linguas coma o castelán ou o portugués, e está abondo desenvolvida tamén en catalán. Tradicionalmente pensouse que a presencia dos árabes no territorio lingiiístico gale­ go foi algo inexistente ou ao menos efémera, tanto que non deron deixado pegada ningunha. Certamente os musulmáns conquistadores pasaron pouco tempo en Galiza, mais os arabismos no léxico e na toponímia son moi superiores ao que xeral­ mente se cre (e este é, en definitiva, o obxecto do noso traballo). Doutra banda, hai quen considera que os estudios aplicados ao portugués son válidos para xustificar os aparentemente escasos arabismos do galego. Até certo punto iso é verdadeiro, mais desde o portugués actual non se pode explicar a maioría dos casos, dado que os ara­ bismos galegos, fronte a moitos dos portugueses, teñen como caracteres de seu: 1 . Que son exclusivos do galego 2. Quen son máis antigos 3. Que presentan formas diferentes ás portuguesas Exemplos de arabismos con formas diferente en galego e portugués son: acea I azenha, azucre I açúcar, xabaril Ijavali, albaroque I alboroque, etc. O arabista por­ tugués Cunha reparou en que os arabismos galegos adoitaban presentar formas máis arcaicas que os portugueses ( 1 967: 1 3 1 ) . En galego adoitábase encontrar /a/ e /ay/ mentres que en portugués o normal era /e/ e /ey/' ; a explicación que o autor portugués lle daba era que o galego era o codialecto máis conservador (sic). Evidentemente non se pode acreditar en tal cuestión, e hai que acudir a outra expli' Nos arabismos ibero-románicos máis antigos non se percibe a imala, mais si nos posteriores. A imala é un fenómeno proprio do árabe occidental polo cal /a/ > lei > /i/. En ibero-románico resulta moi escla­ recedor ver os resultados diversos de assânya, que ten a forma castelá máis antiga azaña (agora ape­ lido), e logo ace11a (es), acea (ga), azenha (pt) até alcanzarmos a máis evoluída (e portanto de entra­ da máis serodia) sínia en catalán. 1 57 llml!!I G a L E G a d e /iloloxía Xavier Frías Conde cación: os arabismos galegos son máis antigos, dunha época en que a estabilidade do ditongo era aínda grande. Os dous exemplos toponímicos que aduce Cunha son: Galiza Portugal Zaquín Cequim, Acequins Maimón Meimão En calquera caso, apoiarémonos na outra lingua do noso dominio, como é lóxico, mais non poderemos explicar os arabismos galegos desde os portugueses, aínda que nalgunhas épocas entraron no antigo galego-portugués , porque existe abonda diferencia entre os dun lado e outro do Miño, como tamén acontece entre os do norte e os do sul de Portugal. De feito, dentro do diasistema galego-portugués poderíamos falar de tres zonas : a galega, a portuguesa setentrional e a portuguesa meridional. Máis adiante teremos ocasión de tratar desta cuestión (§28). Doutra banda, cando un consulta as etimoloxías de moitas palabras galegas nos máis dos dicionarios actuais , bota en falta os étimos árabes de moitas voces . Así, contra o que tradicionalmente se cre, un termo tan enxebre coma ceibe (e o seu irmán portugués ceive) non deriva nin do latín CELIBE nin do tamén latín SIBARE, mais do árabe sá 'ib, que significa o mesmo que a voz galega. Outro tanto podería­ mos dicir de axóuxere (co seu irmán portugués aljorge) ou de lacazán, para os que case ninguén postulou tal orixe. Por iso, apostilaremos o noso estudio cunha serie de termos que presentan unha orixe segura ou moi probábel árabe que talvez sirva para dar luz ás orixes de moitas palabras tradicionais galegas, así como a un puña­ do de topónimos . Parécenos importantísimo destacar que fai falla inaugurar unha sección de estu­ dios arabo-románicos galegos. Desde aquí só pretendemos ofrecer algúns apunta­ mentos que deben ser tidos en conta, mais sen esquecermos que o campo para tra­ ballar é inmenso. Como en tantos campos da lingiiística histórica, non podemos esquecer que estes estudios precisan dun acompañamento fundamentalmente his­ tórico. Por iso, comezamos falando no noso estudio dos mozárabes, aqueles cris­ tiáns que viviron sob o domínio musulmán e que son a chave para comprendermos por que o galego ten moitos máis arabismos do que parece. 2. Incorporamos novos conceptos que foron introducidos moi recentemente nos estu­ dios arabo-románicos ibéricos , sobretodo da man dun dos mellores arabistas actuais : Federico Corrientes ( 1 999). Sen chegarmos a compartir todos os seus cri­ terios de naturalización dos arabismos, si é certo que introduciu algunhas nomen­ claturas de grande interese e que nos parecen moi axeitadas . Así, o territorio da Hispania musulmana é chamado por el Alandalús, con mellor criterio que o tradi­ cional Al-Andalus, forma libresca, cando a primeira é a que realmente se emprega­ ba naqueles domínios, e de aí andalusí, termo acuñado, porén, por Menéndez Pida! con valor xeográfico, mais que o arabista aplica ao árabe falado en Alandalús desde o século vm até o x v , con todas as súas variantes dialectais . Igualmente, Corrientes 1 58 mlBl!I G a L E G a d e filoloxía O elemento árabe en galego (!) distingue entre os mozárabes coma grupo social e o seu falar románico de forte compoñente árabe, que el chama romandalusí, denominación que nós tamén man­ temos aquí. Por unha cuestión de nomenclatura, co termo ibero-romance referirémonos aos falares do Norte da Península, e non ao romandalusí, que é tamén ibero-románico, mais cómpre distinguir entre un grupo de falares e os outros. Transcrición do árabe Ao longo deste traballo utilizaremos termos árabes, tanto clásicos coma vulga­ res ou dialectais , que seguen os criterios que enumeramos a continuación. Tal espe­ cificación é imprescindíbel para este estudio. 3. A. Vocais As vocais breves non levan ningún tipo de acento en árabe clásico, mais toda vocal tónica do árabe andalusí leva acento: <a>, <i>, <u> As vocais longas do árabe clásico son idénticas, mais marcadas cun circunflexo (A) . Os ditongos decrecentes van sinalados <ay>, <aw>. B. Consoantes Só incluímos aquelas que precisan dalgunha explicación. <C> ftff <h> aspirada como en inglés ou alemán <ti> aspirada gutural <j> . . . .... .... !<f�/: . .�11 .Ii.� a.11.é..�... � .. 11.1:�1:1.:()<lui.n o co �?... °.. . . ''j'' . ��a.11�.é.� · ...�11. ��!P�.!(). .�. �1:.: . �11.t.i.�()/'ef/ <q> !q! do árabe clásico, conservada no Norte de Á frica e no Iraque . . . como !ri francesa, uvular <r> como o noso Ir! simple, mais en todas as posicións <� > gutural !f! <s> /1}/ <X> /x/ <3> o son <'> . ... . . . . ·:�a.ir.i:��·:, "3ain" p�a.<i�...�l()t�! :..... . . . ................ . .............. . ......... . .... . ........ . 159 llJlll'l!Ide G a/ Li l oEl G a oxía O elemento árabe en galego (!) Ibero-romance (galego) Relación d e substrato Romandalusí Co elemento árabe xa incorporado no seu ser románico. 3ª Fase: Coincidindo coa fase anterior, as traducións permiten a entrada de léxico culto de orixe árabe (portanto procedente da língua clásica), que se sitúa coma un adstrato en relación aos ibero-romances. Esta fase dura desde o século XI até o xv : Ibero-romance (galego) Relación de adstrato � � Árabe clásico Romandalusí Co elemento árabe xa incorporado no seu ser románico. Así e logo, a situación estrática do árabe a respeito dos romances é tripla: primei­ ro superestrática, segundo substrática e terceiro adstrática. Calcúlase que en español e portugués debe haber uns catro mil arabismos entre palabras primitivas e derivadas e arredor duns mil e cincocentos topónimos en España e Portugal de procedencia arábica. O número de arabismos do galego é moi inferior, mais non tanto como se puider pensar, segundo xa indicamos ; e igual­ mente a toponímia árabe de Galiza é sensibelmente inferior á do resto da Península; asemade, o número de topónimos árabes de Galiza e zonas lingi.iisticamente gale­ gas é abondo superior ao que xeralmente se supón. 1 63 Xavier Frías Conde mmDI dGe a/ Li l oEl G a oxía O árabe andalusí 8. Anteriormente fixemos mención da importancia que ten o árabe andalusí nos estudios arabo-románicos. Portanto, á pregunta de por que é necesario partir do árabe andalusí, respóndese sinxelamente afirmando que os arabismos ibero-romá­ nicos se axustan ás características dialectais deste dialecto árabe, xa extinto. Non se poden explicar desde o árabe clásico topónimos coma Xurés (ga) ou Gerês (po)6, porque nin o romance os deformou tantísimo como para mudar o lugar do acento, nin o árabe clásico antigo os pronunciaba así. Aínda así, para calquera voz cómpre acudir ao árabe clásico antigo: { l } JARAS para posteriormente amosar a forma andalusí: {2} JARÁS [d3 re ' nes] e acabar nas formas romances derivadas : { 3 } Gerês (po), e a galega Xurés con disimilación e reinterpretación de termina­ ción -es no canto da esperábel -ez. 9. O andalusí foi un feixe de dialectos, tal como o definiu Corrientes ( 1 977: 1 -2), quen afirma: El árabe hispánico es un haz dialectal resultante de la interferencia del sustrato y la interacción de los dialectos traídos a la Península Ibérica en el siglo v 1 1 1 por unos cuantos miles de árabes. [ . . . ] Hemos llamado al árabe hispánico haz dialec­ tal y no dialecto [ . . . ] [porque] el núcleo común predominaba y las características locales eran mínimas . O mellor coñecido de todos eles é o nazarí, o dialecto de Granada tal como se fala­ ba á fin da Reconquista e aínda nos comezos do século xv1, mercé ao labor recom­ pilatorio do clérigo Pedro de Alcalá. A influencia románica deste dialecto (e a que xa fixemos referencia) non só se percebe no léxico, mais tamén na entrada de fonemas descoñecidos do árabe antigo como /pi e !tf!. A teor das mostras de P. de Alcalá, o árabe andalusí encontrábase nun estado de romanceamento bastante semellante ao que presenta hoxe en día o maltés a respei­ to dos dialectos itálicos, onde, ademais, as vocais longas e as consoantes velares desapareceron, nun proceso xa comezado e en ocasións culminado en andalusí segundo veremos despois. 6 Da mesma orixe q u e Jerez en castelán. 1 64 1iJ111D1de G a/ Li l oEl oGx íaa O elemento árabe en galego (!) O romandalusí e os mozárabes Se no parágrafo anterior se viu a importancia do árabe andalusí, non o é menos a do romandalusí na transmisión dos arabismos . A grande maioría dos arabismos ibero-románicos penetran através dos mozárabes'. A primeira grande adaptación fonética sófrena xa aquí, aínda que posteriormente poden seguir sufrindo varia­ cións canto á súa forma nos romances setentrionais. 10. O proceso pódese esquematizar do seguinte modo: , Arabe c lá s ic o anti g o .________________ __,I _ · · · · · · · · · · · · · · · : Árabe andalusí Dialectos romandalusís Ro m an ce s do n o rte �[ .__________ _ _______ -<· · · · · · · · · · · · � Os mozárabes son os principais -mais non os únicos- transmisores de arabismos por posuíren unha língua minoritaria románica nos territorios musulmáns que tiñan o árabe coma lingua oficial. Este, o árabe, era unha lingua de prestixio e a maioría dos mozárabes eran bilingiies (as clases baixas, do árabe andalusí e as altas, ade­ mais, do árabe clásico). Portanto, acollen unha morea de termos do árabe, como língua superestrática que é, e incorpóranos para os seus dialectos románicos. Cando os mozárabes ora emigran para zonas do norte, ora mestúranse cos colonizadores provenientes das zonas setentrionais, abandonan os seus dialectos , mais os arabis­ mos que incorporaran son transmitidos ás linguas dos conquistadores. 7 N o n convén esquecer q u e houbo un número importante d e mouriscos, xeralmente bilingUes, q u e fica­ ron a vivir nas zonas reconquistadas. Eles tamén son transmisores de arabismos, mais axen dun xeito semellante aos mozárabes. Doutra banda, o grande número de antropónimos árabes que aparecen na documentación medieval son de mozárabes nos máis dos casos. Nomes como Mafomede, Mafamude, Brafime e outros moitos son lingUisticamente árabes, mais os seus portadores adoitan ser cristiáns che­ gados de terras de mouros. 1 65 Xavier Frías Conde ml!ID!I G a L E G a d e filoloxía As primeiras migracións de mozárabes diríxense ao Reino de León, onde irán dei­ xando a súa pegada. Nestes primeiros momentos, todos os romances do centro e do oeste peninsular énchense de arabismos e a súa presencia na toponimia é ben des­ tacada. Mais cando o Reino de Castela se converte en hexemónico, volta os seus ollos cara ao norte de Europa, concretamente cara a Francia, substituíndo bastan­ tes dos arabismos recebidos por termos de orixe francesa ou occitana. O caso máis coñecido é o do antigo alfaiate, que foi substituído por xastre (<SARTOR), tanto en galego coma en castelán, mais consérvase o termo aínda en portugués. Esta ten­ dencia estendeuse polo astur-leonés e mais o galego, mais quedou fóra o portugués, ao xa ser Portugal reino independente de Castela; iso explica que en portugués aínda se conserve esa voz e outras moitas (alfaiate <ALXAYYÁ\). Non obstante, a presencia de mozárabes en Portugal está documentada desde o século vm até o x11, desde o Algarve até Entre-Douro-e-Minho, especialmente na rexión de Coímbra. A influencia do mozárabe no portugués é enorme, xa que foi a que o fixo, en boa medida, evoluír desde o galego-portugués medieval até tornarse nunha nova língua. Desde un ponto de vista da repoboación, convén ter en conta os datos históricos que existen da presencia de mozárabes (e en menor medida de mouriscos) no cua­ drante noroccidental da Penísula coma repoboadores nos máis dos casos. Neste sentido, son interesantísimos e moi esclarecedores os datos fornecidos por Pedro Cunha Serra ( 1 967) en distintos apartados do seu estudio sobre a topo-antro­ ponimia do noroccidente peninsular. Así, comeza dicindo sobre dos tres tipos de repoboadores da zona noroccidental peninsular ( 1 967 : 98): Nada mais se torna mais necessário acrescentar para desde j á podermos discri­ minar com nitidez três elementos que intervieram no povoamento da região que considerámos : o "moçárabe", o cristão que, em território de muçulmanos, com eles convivia legal ou contratualmente; o "muladi", o cristão renegado, o ex­ cristão ou muçulmano-novo ; e o "mouro", o muçulmano cuja estirpe procedia do exterior da Península, em sua maioria berbere. O estudio interesantísimo de Cunha baséase nos topónimos árabes, xeralmente antropónimos na súa orixe, que veñen dos nomes e apelidos portados por mozára­ bes, seguindo unha opinión moi espallada entre estudiosos anteriores, entre os que se contan Herculano, Menéndez Pida! e Gómez-Moreno. Isto non ten nada de sor­ prendente, pois se atendemos para os nomes de persoa e os apelidos que se dan, por exemplo, nas Filipinas, comprobamos que todos eles son casteláns, aínda que esta língua estea morta alí. Explícase pola oficialidade que impón a língua do superes­ trato, magar esta non dea triunfado a posteriori. 1 66 Xavier Frías Conde mmDI dGe a/ Li l oEl G a oxía O árabe andalusí 8. Anteriormente fixemos mención da importancia que ten o árabe andalusí nos estudios arabo-románicos. Portanto, á pregunta de por que é necesario partir do árabe andalusí, respóndese sinxelamente afirmando que os arabismos ibero-romá­ nicos se axustan ás características dialectais deste dialecto árabe, xa extinto. Non se poden explicar desde o árabe clásico topónimos coma Xurés (ga) ou Gerês (po)6, porque nin o romance os deformou tantísimo como para mudar o lugar do acento, nin o árabe clásico antigo os pronunciaba así. Aínda así, para calquera voz cómpre acudir ao árabe clásico antigo: { l } JARAS para posteriormente amosar a forma andalusí: {2} JARÁS [d3 re ' nes] e acabar nas formas romances derivadas : { 3 } Gerês (po), e a galega Xurés con disimilación e reinterpretación de termina­ ción -es no canto da esperábel -ez. 9. O andalusí foi un feixe de dialectos, tal como o definiu Corrientes ( 1 977: 1 -2), quen afirma: El árabe hispánico es un haz dialectal resultante de la interferencia del sustrato y la interacción de los dialectos traídos a la Península Ibérica en el siglo v 1 1 1 por unos cuantos miles de árabes. [ . . . ] Hemos llamado al árabe hispánico haz dialec­ tal y no dialecto [ . . . ] [porque] el núcleo común predominaba y las características locales eran mínimas . O mellor coñecido de todos eles é o nazarí, o dialecto de Granada tal como se fala­ ba á fin da Reconquista e aínda nos comezos do século xv1, mercé ao labor recom­ pilatorio do clérigo Pedro de Alcalá. A influencia románica deste dialecto (e a que xa fixemos referencia) non só se percebe no léxico, mais tamén na entrada de fonemas descoñecidos do árabe antigo como /pi e !tf!. A teor das mostras de P. de Alcalá, o árabe andalusí encontrábase nun estado de romanceamento bastante semellante ao que presenta hoxe en día o maltés a respei­ to dos dialectos itálicos, onde, ademais, as vocais longas e as consoantes velares desapareceron, nun proceso xa comezado e en ocasións culminado en andalusí segundo veremos despois. 6 Da mesma orixe q u e Jerez en castelán. 1 64 1iJ111D1de G a/ Li l oEl oGx íaa O elemento árabe en galego (!) O romandalusí e os mozárabes Se no parágrafo anterior se viu a importancia do árabe andalusí, non o é menos a do romandalusí na transmisión dos arabismos . A grande maioría dos arabismos ibero-románicos penetran através dos mozárabes'. A primeira grande adaptación fonética sófrena xa aquí, aínda que posteriormente poden seguir sufrindo varia­ cións canto á súa forma nos romances setentrionais. 10. O proceso pódese esquematizar do seguinte modo: , Arabe c lá s ic o anti g o .________________ __,I _ · · · · · · · · · · · · · · · : Árabe andalusí Dialectos romandalusís Ro m an ce s do n o rte �[ .__________ _ _______ -<· · · · · · · · · · · · � Os mozárabes son os principais -mais non os únicos- transmisores de arabismos por posuíren unha língua minoritaria románica nos territorios musulmáns que tiñan o árabe coma lingua oficial. Este, o árabe, era unha lingua de prestixio e a maioría dos mozárabes eran bilingiies (as clases baixas, do árabe andalusí e as altas, ade­ mais, do árabe clásico). Portanto, acollen unha morea de termos do árabe, como língua superestrática que é, e incorpóranos para os seus dialectos románicos. Cando os mozárabes ora emigran para zonas do norte, ora mestúranse cos colonizadores provenientes das zonas setentrionais, abandonan os seus dialectos , mais os arabis­ mos que incorporaran son transmitidos ás linguas dos conquistadores. 7 N o n convén esquecer q u e houbo un número importante d e mouriscos, xeralmente bilingUes, q u e fica­ ron a vivir nas zonas reconquistadas. Eles tamén son transmisores de arabismos, mais axen dun xeito semellante aos mozárabes. Doutra banda, o grande número de antropónimos árabes que aparecen na documentación medieval son de mozárabes nos máis dos casos. Nomes como Mafomede, Mafamude, Brafime e outros moitos son lingUisticamente árabes, mais os seus portadores adoitan ser cristiáns che­ gados de terras de mouros. 1 65 Xavier Frías Conde ml!ID!I G a L E G a d e filoloxía As primeiras migracións de mozárabes diríxense ao Reino de León, onde irán dei­ xando a súa pegada. Nestes primeiros momentos, todos os romances do centro e do oeste peninsular énchense de arabismos e a súa presencia na toponimia é ben des­ tacada. Mais cando o Reino de Castela se converte en hexemónico, volta os seus ollos cara ao norte de Europa, concretamente cara a Francia, substituíndo bastan­ tes dos arabismos recebidos por termos de orixe francesa ou occitana. O caso máis coñecido é o do antigo alfaiate, que foi substituído por xastre (<SARTOR), tanto en galego coma en castelán, mais consérvase o termo aínda en portugués. Esta ten­ dencia estendeuse polo astur-leonés e mais o galego, mais quedou fóra o portugués, ao xa ser Portugal reino independente de Castela; iso explica que en portugués aínda se conserve esa voz e outras moitas (alfaiate <ALXAYYÁ\). Non obstante, a presencia de mozárabes en Portugal está documentada desde o século vm até o x11, desde o Algarve até Entre-Douro-e-Minho, especialmente na rexión de Coímbra. A influencia do mozárabe no portugués é enorme, xa que foi a que o fixo, en boa medida, evoluír desde o galego-portugués medieval até tornarse nunha nova língua. Desde un ponto de vista da repoboación, convén ter en conta os datos históricos que existen da presencia de mozárabes (e en menor medida de mouriscos) no cua­ drante noroccidental da Penísula coma repoboadores nos máis dos casos. Neste sentido, son interesantísimos e moi esclarecedores os datos fornecidos por Pedro Cunha Serra ( 1 967) en distintos apartados do seu estudio sobre a topo-antro­ ponimia do noroccidente peninsular. Así, comeza dicindo sobre dos tres tipos de repoboadores da zona noroccidental peninsular ( 1 967 : 98): Nada mais se torna mais necessário acrescentar para desde j á podermos discri­ minar com nitidez três elementos que intervieram no povoamento da região que considerámos : o "moçárabe", o cristão que, em território de muçulmanos, com eles convivia legal ou contratualmente; o "muladi", o cristão renegado, o ex­ cristão ou muçulmano-novo ; e o "mouro", o muçulmano cuja estirpe procedia do exterior da Península, em sua maioria berbere. O estudio interesantísimo de Cunha baséase nos topónimos árabes, xeralmente antropónimos na súa orixe, que veñen dos nomes e apelidos portados por mozára­ bes, seguindo unha opinión moi espallada entre estudiosos anteriores, entre os que se contan Herculano, Menéndez Pida! e Gómez-Moreno. Isto non ten nada de sor­ prendente, pois se atendemos para os nomes de persoa e os apelidos que se dan, por exemplo, nas Filipinas, comprobamos que todos eles son casteláns, aínda que esta língua estea morta alí. Explícase pola oficialidade que impón a língua do superes­ trato, magar esta non dea triunfado a posteriori. 1 66 O elemento árabe en galego (I) ll1llll!I G a L E G a d e filoloxia Arriba citouse tamén a presencia de musulmáns en Galiza, o cal non debe sorpren­ demos . Di Cunha ao respeito ( 1 967 : 1 02): Galiza: é muito conhecida urna doação de pns1oneiros escravizados feita por Ordonho Il à lgreja de Santiago em 9 1 1 ; escravos e escravas «mancipios et manci­ piellas, quos fuerunt ex gente smahelitarum et agareni» são nomeados em docu­ mento de 1 029; de 1 032 é urna lista idêntica à anterior e também procedente de Celanova; em um documento de 1 06 1 declara-se, entre o mais, que o testador inge­ nuava o seu Mauro Giraldo; de fins do séc. xi é urna genealogia dos servos sarra­ cenos que possuía o mosteiro de Sobrado; também não pode duvidar-se de que eram mouros ou tinham sido muçulmanos certos servos cujos nomes estão arrolados num documento de Celanova dos séculos xi-xii; finalmente, segundo documento de 1 220, um mouro chamado Mafometh foi doado ao mosteiro de Tojos Outos. Explicacións semellantes son fornecidas sobre León, Asturias e norte de Portugal. Non hai dúbida, xa que logo, da presencia de xentes árabes ou arabizadas en Galiza, que trouxeron un elemento lingi.iístico árabe, e por riba en datas moi tem­ perás . Isto obsérvase en que son máis numerosos os arabismos en que o jim non soa /d3/ aínda, mais /g/ segundo foi común nos primeiros tempos'. Para concluír, Cunha tira a seguinte conclusión sobre o repoboamento con xentes vidas do sul ( 1 967 : 1 07 - 1 08): Não é forçar qualquer conclusão o afirmar-se que a presença de tão grande cópia de mouros, individualmente ou em grupos, contribuiu decerto de maneira apre­ ciável para o povoamento da nossa região. Com efeito, foi j á notado que a con­ dição dos escravos mouros foi evolucionando de geração em geração ; também foi notado que servos mouros se consorciavam não só com indivíduos mouros, como também com cristãos. Tamén Corrientes insiste na importancia dos mozárabes na transmisión de arabis­ mos ( 1 999: 50). 1 1 . Hai un elemento de capital importancia que non convén esquecer e que viría apoiar esta teoría do encontro entre romandalusí e galego na Idade Media. Trátase desa ponte que houbo no terreo literario9, que, segundo algúns autores (Menéndez Pidal, Dámaso Alonso), existiu entre as carxas 'º e a lírica medieval galego-portu- 8 A pronuncia velar no canto da palatal é propria do árabe antigo. tido por iemenismo en Occidente. Esta pronuncia é aínda a típica do baixo-exipcio, o dialecto con maior prestixio no mundo árabe. 9 Os materiais bibliográficos sobre os que fundamento este parágrafo fóronme xentilmente enviados por Teresa Seara, a quen agradezo a súa inestimábel axuda. 'º Preferimos esta denominación, eminentemente erudita, en galego (xa existente) á de kha1ja ou mesmo a castelá jarcha . A adaptación fónica carcha correspóndese perfectamente coa evolución que tería existido en galego se esta palabra fora asi milada desde os primeiros tempos. Para muaxaha, esta paré­ cenos a mel lor adaptación en galego. 1 67 Xavier Frías Conde llJlll!!IdGe af Li l oEl G a oxía guesa, especialmente as cantigas de amigo. Nun dos últimos estudios sobre esta materia, onde parecen percibirse varias influencias, Corral Díaz (2000: 1 2 1 ) resu­ me a cuestión afirmando : A técnica coidada que se reflicte nos textos [refírese ás cantigas galego-portu­ guesas] parece indica-Ia existencia, máis que probable, de precedentes, que, des­ graciadamente, non se conservaron, por mor -posiblemente- do elevado custo que para a época supoñía o acto de escribir [ . . . ]. Así pois, nas Cantigas de amigo conxúganse dúas vertentes : unha tradicional, que entronca e recolle toda unha tradición anterior [itálica nosa] , e outra culta, que enlaza coa laboriosa técnica das cansós. Á mbalas dúas facetas son necesarias para unha explicación verosímil da orixe das cantigas de amigo galego-portuguesas. 12. Alén do anterior, non habería sorprendemos que haxa un número abondo gran­ de de topónimos árabes na xeografia galega e nos territorios colindantes. Teremos ocasión de expolos na última parte deste estudio, mais non podemos esquecer aqu � les topónimos que non son orixinariamente árabes, mais románicos, e que foron transmitidos por mozárabes indicando o seu lugar de orixe. Eis algúns deses topónimos tomados de Cunha ( 1 967, s.q): Cordobelas (de CoRTUBA) en Esteiro, Cedeira, A Coruña; Cumbraos (de CoNIMBRIGA, que deu en portugués Coimbra) e que deixa pegada en Lugo (Monterroso e Taboada), A Coruña (Sobrado e Mesía) e Pontevedra (Escuadra, Chapa) ; Toldao ou Toldaos (de TOLETU) todos en Lugo (O Incio, Taboada, Pantón, Triacastela, Rendar e Láncara), aos que cómpre engadir un Toledo que Cunha ( 1 967) cita en Ourense, mais sen especificar onde. Tamén indica a súa procedencia Moldes, de MoLLITES, forma latinizada de muladí, nome co que se coñecía os cristiáns renegados convertidos para o islami smo; exis­ ten Moldes en B arxas (Baixo Bierzo), Castropol -dous lugares- (Eonavia), O Carballiño, Valga, A Estrada, Alba, Pontevedra (Pontevedra), Melide, Pobra do Caramiñal, Brión, Negreira (Coruña) e Boborás (Ourense) . No norte de Portugal hai abondas mostra máis. O mesmo podemos dicir dos Vilar de Mouros espallados por Galiza, como os de Coruña (Capela) e Lugo (Sober). Son semellantes Vilamoure (Punxín, Ourense), Mouriscado (Mondariz, Pontevedra), Moura (un pico en Quintela de Leirado, Ourense e tamén unha vila en Viana do Bolo, Ourense), Busdemouros (Vilanova de Ozco s , Eonavia), Portodemouros (Viladecruces, Pontevedra). 13. Anteriormente xa fixemos mención ao carácter de lingua en contacto do roman­ dalusí (§5). Son moitos os estudios dedicados a el, sendo os máis importantes os de Galmés Fuentes ( 1 983), mais neste caso só se fai o estudio do elemento románico do romandalusí. Por iso, botamos en falta elementos como o tratamento dos sufi­ xos románicos (e que en boa medida tamén pasaron para o andalusí) con perda de vocal final e que en moitos casos dan aos arabismos aparencia de híbridos arabo­ románicos. Corrientes ( 1 999: 50) é quen máis lonxe chega no recoñecemento do 1 68 O elemento árabe en galego (1) [lm!D!I de G af Li l oEl G a oxia elemento árabe do romandalusí -obsérvese a denominación, a que xa fixemos men­ ción. Este autor di que se trata dunha lingua xeneticamente románica mais adstrá­ tica e culturalmente moito permeábel á interferencia do árabe a todos os niveis gra­ maticais, así como en aspectos léxicos e semánticos. E sinala ( 1 999: 5 0) algo que é de capital importancia: que a morfoloxía do árabe e dos seus dialectos implica, directa ou indirectamente, os arabismos do románico. Tamén Corrientes ( 1 999: 52) presenta varias deles que posteriormente teremos ocasión de ver en certas voces. En xeral, carecen de vocal final no masculino (norma do árabe) mais presentan unha vocal { -a } para o feminino, aspecto este en que coinciden románico e árabe. Así temos : -el, -ela (<-ELLU, -A) -ol, -ola ( <-OLU, -A) -aq, -aqa (<-ACU, -A) -oq, -oqa ( <-OCU, -A) -ayr, -ayra (<-ARIU, -A) Incluamos -ayq, -a, irmán do galego -ego, -a, ambos do latin -AECU. Esta mestura de elementos encóntrase en tixela - tixola [tigela] , que vén dunha raíz *TAJINELLA ou *TAJINOLA, que se compón de TAJÍN (=ola) co sufixo -ELLA ou -OLA. Polo mozárabe pódese explicar por que en español se encontra en certos casos o ditongo /ey/ e en galego-portugués os monotongos /e/ e lo/. A razón xace na trans­ misión desde o romandalusí e porque había algúns dialectos que xa coñecían a monotongación e outros que aínda conservaban os ditongos románicos primitivos /ay/-/ey/ e /aw/-/ow/, especialmente os primeiros, porque dos segundos non se ten certeza debido ao complexo sistema alfabético árabe, que non permite facer estas distincións. A situación dos ditongos , no século x m , segundo Galmés Fuentes ( 1 98 3 : 1 4 1 - 143, 1 9 1 - 1 92, 225-226) nos distintos dialectos mozárabes é bastante conservadora. En Valencia, B aleares , Sevilla e Granada, conservábase /ay/ (frecuentemente en Granada xa presentaba a forma [ey ], como aínda se aprecia na toponimia), e tamén /aw/, xa fose primaria ou secundario, sen que haxa noticias de [ow] . En troques, en Toledo ( 1 9 8 3 : 79), parece que o normal é /ey/ con bastantes casos documentados de le/ xa monotongado, maguer se mantén /aw/. Parécenos, así e todo, que lo/ debeu alcanzarse nalgunha zona, probabelmente en territorio portugués (entre o centro e o sul), por dúas razóns : 1 . Porque o portugués d o sul pronuncia carpinteiro como /karpin'teru/, alén de que <ou> na lingua padrón soa sempre lo/, pronunciación que irradia 1 69 Xavier Frías Conde llJIBl!I GaLEGa de /iloloxía desde o sul; ambas as pronuncias son, ao noso modo de ver, atribuíbeis ao substrato mozárabe. 2. Porque só desde o romandalusí se explican formas monotongadas como: alfoz (<AUt AWZ) ou xeque 1 1 (dAYX) e aldea (antigo por aldeia, onde hai unha iode antihiática, típica do portugués; compárese co galego e asturia­ no aldea <ADDAY3A), alxofre [aijofre] (<ALJÁWHAR) Aínda que xeralmente o español e o catalán trataron o ditongo segundo os seus hábitos fonéticos e os monotongaron, encóntranse algúns exemplos de ditongo conservado, tanto no léxico coma na toponímia, tais que: AZZÁYT > azeite (po), aceite (ga, es), e derivado azzaytún > aceitona (ga), azei­ tona (pt), aceituna (es). ALBÁYTARY > albéitar, (es) albeite (ga), alveitar (po). ALMUDÁYNA > Almudaina (Baleares), mais Almudena (Madrid), co ditongo trata­ do segundo os hábitos casteláns. A��°YFA > aceifa (es), ceifa (ga, po). O normal é que en español e catalán haxa monotongación mentres que en galego­ portugués se conservan os ditongos decrecentes : ASSAWT > azoute (ga), açoite (po), azote (es). AZ-ZÁ3UQ > azougue (ga), açougue (po), azogue (es). ALBUt!ÁYRA > Albufeira (po), Albufera (ct) . Unha segunda razón de por que se conserva o ditongo en certos casos en castelán e catalán explica porque son formas entradas en momentos serodios da lingua, cando a tendencia á monotongación xa non estaba vixente. Neste sentido, hai que ter en conta a observación de Corrientes ( 1 999: 26) en que a conservación dos ditongos en certos casos (non se trata do caso galego, loxicamente) é debida á cons­ ciencia de as voces árabes seren cultismos entre os mozárabes. Outro dos elementos característicos dos arabismos existentes en ibero-romance é o paso de /st/ e l'i'¡,t,f a /tst/ e finalmente a /ts/, que se aprecia en palabras como musta3arabí > moçárabe > mozárabe 14. Coidamos que é mester atribuír -ao menos parcialmente- ao romandalusí o amalgamamento do artigo árabe al na maioría de los arabismos en galego-portu­ gués e castelán, que é moito máis escaso en catalán e inexistente, agás nos casos de empréstimos casteláns, noutros romances como o occitano, francés, italiano, sici­ liano e sardo. 11 Non obstante, coñécese unha forma antiga portuguesa xeique (Michaelis 1 946: 305 ) . 1 70 ll!IBl!I de G a/ Li l oEl oGx íaa O elemento árabe en galego (!) Este amalgamamento foi obxecto de numerosos estudios tirándose conclusións moi diversas. Aporta Steiger ( 1 948- 1 949 : 1 -62) unha explicación de tipo psicosocial que resulta pouco convincente, aínda que fornece un curioso paralelismo entre as linguas ibero-romances e o berébere, que tamén incorpora o artigo árabe aos seus empréstimos, como en lmenún, lebtix, lmiismiis. Esta teoría é recollida por Corrientes ( 1 999: 59), mais quitándolle valor ao argumento psicosocial e acudindo a outro de tipo lingtiístico que parece máis convincente, onde o artigo árabe fun­ ciona en berébere coma un prefixo indispensábel nos substantivos . Vistas así as cousas, parece unha explicación abondo razoábel, mais non podemos esquecer o papel do romandalusí, que tamén o ten. Admitindo a primeira parte, fica unha segunda que, como sinala Noll ( 1 996), é importantísima: os arabismos son un ele­ mento dignificador do romandalusí, e con esa etiqueta, pasan do romandalusí para o galego (e resto de linguas ibero-románicas agás catalán en moitos casos). No romandalusí, por mor da influencia superestrática árabe, deuse unha evolución das formas do artigo indefinido sufrindo unha curiosa evolución : ILLU > elo !LLOS > elos ILLA > ela ILLAS > elas � > el > al Desta maneira, o artigo romandalusí coincide co árabe, que presenta invariabel­ mente a forma al (dun xeito semellante ao inglés que ten invariabelmente the). Esta forma única do artigo romandalusí al documéntaa copiosamente Galmés Fuentes ( 1 983 : 1 1 3) . Obsérvese ademais a súa presencia constante en infinidade de topóni­ mos mozárabes en toda a Península: Almonte, Alpuente, Alconchel, etc. Polo tanto, os mozárabes identificaban o artigo proprio co árabe e así o transmitiron, e o mesmo fixeron cos topónimos antes citados ou outros termos de orixe non árabe como alpendre, alcaiata, etc. A tendencia a interpretar al coma parte integrante de moitos vocábulos alcanzou a bastantes termos (máis casteláns que galego-portu­ gueses e mesmo ocasionalmente cataláns) como almorzo (ga), almoço (po), almuerza (es), pero catalán esmorzar, de * ADMORDIU. Noutros casos a súa inclusión debe atribuírse a influencia romandalusí -cando non se trata sen máis da propria voz romandalusí: alpiste (<PISTUM ) , alpechín (<FAECJNUS ) , a lfiestra ( <FENESTRA) ; en portugués aparece en alporão, alpantesma, etc . e por imitación nalgunhas outras coma alcipreste (<cYPREssu ) ou dial. alcordar (<ACCORDARE) . Este fenómeno está perfectamente documentado en todo o ibero-románico. En definitiva, o típico amalgamento do artigo al en ibero-romance responde a dous factores : 1) o elemento berébere, e 2) a influencia romandalusí. 171