[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

imperio romano

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «imperio romano».
Mapa do Imperio romano.
En verde escuro: Imperio romano; en verte claro: territorios en disputa

O Imperio romano (en latín: Imperium romanum) foi un imperio da antigüidade sucesor da República romana e caracterizado por un sistema autocrático.

Gobernou extensas terras ao longo de Europa e do sur do Mediterráneo.

Xurdiu tras a vitoria de Octavio Augusto sobre Marco Antonio no ano 27 a.C. e, aínda que Octavio nunca se proclamou emperador, de feito, asumiu todos os poderes do estado e inaugurou a primeira dinastía de emperadores, a dinastía Xulia-Claudia.

O Imperio romano foi destruído definitivamente no ano 476 tras a caída de Roma nas mans dos bárbaros.