[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

terra

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «terra».
O planeta Terra visto desde o espazo.
  • Pronuncia: /ˈtɛ.rɐ/l (AFI)

Substantivo feminino

terra (sg: terra; pl: terras)

  1. (Astronomía) Planeta do sistema solar que xira sobre si mesmo e ao arredor da súa estrela, o Sol, na terceira órbita máis interna, no que habitan os homes e os demais seres vivos; é o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do sistema, e tamén o máis grande dos terrestres ou telúricos.
    • Exemplo: A Lúa é un satélite da Terra.

    • Sinónimos: mundo.
    • Observacións: con este significado, escríbese con maiúscula.
  2. Superficie deste planeta non cuberta polo mar.
  3. Capa máis superficial da codia terrestre, formada pola acción dos axentes ambientais (abióticos e bióticos) sobre as rochas, formada por un conxunto de partículas minerais e orgánicas, que constitúen o solo.
    • Sinónimos: solo.
    • Exemplo: Esta terra é moi fértil.

    • Exemplo: Os nenos emporcáronse por estaren xogando con terra.

    • Exemplo: Ten moita riqueza en terras.

  4. Lugar de orixe, país, comarca ou nación onde nace unha persoa ou co que ten unha forte relación.
    • Exemplo: Volveu á terra despois de moitos anos.

    • Exemplo: Lémbrase da súa terra con nostalxia.

  5. (Xeografía) Espazo xeográfico ou político delimitado e con características xeográficas ou culturais similares.
  6. (Física) Punto de referencia, nun circuíto eléctrico ou electrónico, cun potencial elétrico de 0 volts.
    • Sinónimos: masa.
    • Exemplo: Para protexer o aparello deberías usar un conector con toma de terra.

Termos relacionados

Terra de labor na illa de Xava, (Indonesia).
Pista de tenis de terra batida (estadio Roland Garros, París).
Terra de Fogo en Suramérica.
Mapa de 1759 da Terra Santa, ou Palestina, mostrando os territorios históricoas das 12 tribos de Israel.

Traducións


Portugués

Substantivo feminino

terra (sg: terra; pl: terras)

  1. Terra.