[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

escano

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
  • Etimoloxía: do latín scamnu(m).
  • Pronuncia: /esˈkano̝/ (AFI)

Substantivo masculino

escano ----

singular plural
escano escanos
  1. Moble longo, cunha estrutura sinxela e na que poden sentarse varias persoas á vez.
    • Sinónimos: banco.
    • Observacións: adoita aplicarse ó banco que había nas cociñas tradicionais fronte á lareira, no que se sentaban as persoas maiores a comer ou simplemente a quentarse e falar.
  2. Calquera moble de madeira que serve para sentarse.
  3. Cadeira na que se sentan os deputados e senadores no Parlamento.
  4. Féretro que había nas igrexas para leva-lo corpo dos veciños pobres ó cemiterio.

Traducións