[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

dieta

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «dieta».
Bodegón con uvas, pan, figos, bebidas e peixe, obra de Luis Meléndez que mostra un exemplo da dieta humana no século XVIII
dieta1
  • Pronuncia: /ˈdjɛta̝/ (AFI)

Substantivo feminino

dieta (sg: dieta; pl: dietas)

  1. Conxunto de alimentos que unha persoa consome de forma habitual, por razóns culturais, gastronómicas ou de saúde.
  2. Conxunto de alimentos que cosome un animal.
  3. Réxime alimentario que segue unha persoa ou varias.
  4. Réxime especial para baixar de peso ou para tratar certas enfermidades.
  5. Privación parcial ou total, temporal, de certos alimentos, xeralmente por saúde.

Termos relacionados

dieta absoluta, dieta atlántica, dieta basal, dieta branda, dieta hídrica, dieta hiposódica, dieta láctea, dieta líquida, dieta mediterránea, dieta terapéutica, dietética, dietético, dietista, dietoterapia.

dieta2
Afonso VIII de Galicia e León, que convocou en 1188 as Cortes do seu reino, a primera Dieta europea
  • Pronuncia: /ˈdjɛta̝/ (AFI)

Substantivo feminino

dieta (sg: dieta; pl: dietas)

  1. Asemblea de deliberación e/ou lexislativa de certos Estados medievais que, nalgúns casos, permanecen na actualidade, como en Alemaña ou o Xapón.

Traducións


Castelán

Substantivo feminino

dieta (sg: dieta; pl: dietas)

  1. Axuda de custo.


Italiano

Substantivo feminino

dieta

  1. Dieta.