chanceler
Aparencia
- Etimoloxía: do francés chancelier, do latín tardío cancellarius.
- Pronuncia: /t͡ʃanθeˈlɛɾ/ (AFI)
chanceler (sg: chanceler; pl: chanceleres)
- (Historia) Antigamente, persoa encargada de rexistrar, expedir e selar os documentos reais.
- (Política) Xefe do goberno, en Alemaña e Austria.
- (Política) Ministro responsable de todos os asuntos económicos e financeiros no Reino Unido.
- (Política) Nalgúns países suramericanos, ministro de asuntos exteriores.
- (Política) Título complementario do ministro de xustiza francés.
- (Política) Xefe da Chancelaría Federal de Suíza, o xefe da administración do Consello Federal de Suíza.
- (Dereito) Funcionario de alto rango do corpo consular, que traballa en misións diplomáticas.
- Alto cargo universitario, de carácter cerimonial normalmente, antigamente representante papal ou real.
- (Relixión) Responsable do rexistro das actas dunha diocese, e dos seus asuntos xurídicos.
- (Historia) Responsable de alto nivel que había nunha escribanía ou nunha corporación.
- (Dereito) Presidente do xurado en Escocia.
- (Dereito) Nos Estados Unidos, maxistrado superior dun tribunal de equidade, ou tamén chamado tribunal de chancelaría.