Zas
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Zas | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.308 (2023) (32,23 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 133,68 km² | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | André Apóstolo | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Manuel Muíño Espasandín | ||||
Eleccións municipais en Zas | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15850 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15093 | ||||
Páxina web | concellodezas.org | ||||
Zas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2020 tiña 4.393 habitantes[1] (4.902 no 2014, 5.295 no 2010, 5.674 no 2006, 5.780 no 2005, 5.867 no 2004, 5.978 no 2003). O xentilicio é zaseiro ou salense.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]Limita cos concellos de Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Vimianzo, Laxe e Cabana de Bergantiños. Aínda que non ten litoral, atópase na zona central da Costa da Morte. Ten unha forma alongada en dirección norte-sur. O cumio máis elevado é o Pico de Meda (567 m). Polo norte do concello pasa o río Grande, e polas parroquias do sur o río Xallas.
Parroquias de Zas |
---|
Demografía
[editar | editar a fonte]Padrón municipal 2020 | 4.393 habitantes[1] |
---|---|
Menores de 15 anos | 336 (7,65 %) |
Entre 16 e 64 anos | 2.533 (57,66 %) |
Maiores de 65 anos | 1.524 (34,69 %) |
Evolución da poboación de Zas Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.691 | 6.275 | 8.004 | 7.329 | 5.867 | 5.385 | 5.219 | 5.109 | 4.983 | 4.902 | 4.846 | 4.756 | 4.671 | 4.581 | 4.472 | 4.393 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]Amais do concello de Zas e da parroquia na que radica a súa capitalidade, Santo André de Zas, hai en Galicia outras dúas freguesías con ese nome: San Mamede de Zas (en Negreira) e San Xiao de Zas de Rei (en Melide).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Segundo a teoría máis estendida entre os investigadores, o actual nome de Zas procede do xermánico SALAS, plural de SALA (‘pazo, residencia principal’) e faría referencia a un asentamento humano. Esta forma evolucionaría a Saas, resultado dunha síncope do ele intervocálico tamén rexistrada noutros topónimos galegos actuais como Saa, Saamil ou Saavedra, e de aí, por contración do a duplo, converteríase en Sas (existen outros casos de Sas en Galicia, así como Sa, Samil ou Sasdónigas, de idéntica orixe). A escrita Zas respondería a unha ultracorrección do seseo explosivo propio das falas máis occidentais como a soneirense.[5][6]
Con todo, o filólogo Paulo Martínez Lema, na súa tese de doutoramento sobre a toponimia de Bergantiños, Nemancos, Soneira e Xallas no tombo de Toxos Outos propón unha etimoloxía fitonímica a partir do latino SALIX (‘salgueiro’) na súa declinación en ablativo SALICE, nun proceso análogo ao dos topónimos Saceda e Sacido.[7] Esta hipótese encontra sustento no feito de que a forma documentada máis antiga, nos séculos XII e XIII sexa Saz, na que non hai pegada do suposto hiato resultante da síncope da consoante lateral. Tamén apoia esta teoría a aparición dunha referencia ao nome da parroquia como “Sn Andres de Sauces” de 1745, cando a forma Zas xa se estaba impoñendo na escrita, que podería deberse a un coñecemento da etimoloxía pola parte do escribán. Para explicar a ortografía actual, Martínez Lema pensa no fenómeno da metátese (Saz>Zas) ou, de novo, por ultracorrección do seseo.[8][9]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arqueolóxico
[editar | editar a fonte]Consérvanse restos megalíticos de hai uns 5.000 anos, sendo a máis coñecida a Arca da Piosa, situada na parroquia de Muíño. Tamén se conservan algúns castros, coma o de Santo Adrián.
Patrimonio arquitectónico
[editar | editar a fonte]Ao sur do concello está a Ponte de Brandomil, da época medieval e construída segundo bases romanas.
Entre os moitos edificios relixiosos do concello, salienta a Igrexa de Gándara (románica), a Igrexa de Lamas (cunha ábsida renacentista e unha nave barroca), e a Igrexa de Zas (de 1540).
Pazos
[editar | editar a fonte]- Torres do Allo, pazo do século XVI de estilo gótico-renacentista, na parroquia do Allo. O descoñecido arquitecto foi o mesmo que deseñou a fachada do Hospital Real de Santiago de Compostela. Salientan a fachada e as dúas torres.
- Pazo das Edreiras, do século XVII, no lugar das Edreiras, na parroquia de San Martiño de Meanos; conta cunha fermosa escalinata.
- Pazo de Daneiro, do século XVII, no lugar de Daneiro, na parroquia de San Cremenzo de Pazos, que salienta polo xardín e a hedra que cobre a súa fachada.
- Pazo de Follente, do século XVIII, no lugar de Follente, na parroquia de Mira, recentemente restaurado, salienta unha larga galería.[10]
- Pazo de Romelle ou Torres de Romelle, no lugar de Romelle, na parroquia de Loroño, do século XVI (reformado no XVIII).
Etnografía
[editar | editar a fonte]Zas conta co museo do liño, no que se poden ver as distintas fases do cultivo e fiado do mesmo: a sementeira en abril - a colla en xullo - o lagado e enxugado - o tascado e o espadelado - O rastreado - A fiadura - a lavadura do fío e o tecido. Trátase dun museo vivente onde se pode asistir a demostracións de fiado e tecido.[11]
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Na vila de Zas lévase a cabo o encontro de música folk da Festa da Carballeira, que en 2019 celebrou a súa XXXVI edición.[12]
Economía
[editar | editar a fonte]Zas susténtase nunha economía agrícola e gandeira, de explotacións minifundistas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Zas.
-
Hórreos das Torres do Allo.
Lugares de Zas
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Zas vexa: Lugares de Zas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-23.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 62. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-23.
- ↑ "Instituto Nacional de Estadística. (National Statistics Institute)". ine.es. Consultado o 2021-05-23.
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponimia de Galicia. Galaxia. ISBN 9788498650921.
- ↑ "Zas | Allos con bugallos". Portal das Palabras. Consultado o 2020-09-14.
- ↑ Martínez Lema, P. (2010): A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV), pp. 394-397. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
- ↑ Domínguez Rial, E. e Lema Suárez, X. Mª. (2017) Zas polo miúdo: ZAS, Santo André. pp. 6-9. Concello de Zas
- ↑ "O Seminario de Onomástica responde: Zas | Toponimia". toponimia.xunta.gal. Consultado o 2021-06-02.
- ↑ Merino, María (14 de xaneiro de 2011). "El rico patrimonio de Zas". Turismo en Pueblos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2015. Arquivado 16 de novembro de 2015 en Archive.is
- ↑ "Museo del lino" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2018. Arquivado 09 de setembro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Santi74bb. "XXXVI Festa da Carballeira (2019)". Festa da Carballeira de Zas. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domínguez Rial, Evaristo; Lema Suárez, Xosé M.ª (2020). Zas polo miúdo (PDF). Concello de Zas.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |