Toques
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Souto | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.074 (2023) (13,68 hab./km²) | ||||
Xentilicio | toquense | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 78,49 km² | ||||
Altitude | 78,49 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Ángel Penas | ||||
Eleccións municipais en Toques | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15806 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15083 | ||||
Sitio web | toques.gal | ||||
Toques é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.248 habitantes (1.387 no 2010, 1.485 no 2006, 1.512 no 2005, 1.530 no 2004, 1.550 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é toquense.
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total 2014 | 1.248 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 85 (6.81 %) |
Entre 15 e 64 anos | 759 (60.82 %) |
Maiores de 65 anos | 404 (32.37 %) |
Evolución da poboación de Toques Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
2.940 | 3.131 | 3.264 | 2.454 | 1.530 | 1.405 | 1.343 | 1.302 | 1.265 | 1.248 | |||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello, de 77,9 km², abrangue dez parroquias. Limita ao norte co concello de Sobrado a través dos montes de Bocelo, ao suroeste co concello de Melide e ao leste cos concellos de Palas de Rei e Friol a través da serra do Careón e os montes de Corno do Boi.
O río Furelos, afluente do Ulla, percorre o concello de norte a sur desde o nacemento nas brañas do Porto Salgueiro até Furelos, xa no concello de Melide. Entre os seus afluentes están o río da Toca e o río Pequeno ou Montelén.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A mámoa do Forno dos Mouros é un monumento megalítico ben conservado, situado preto de Muruxosa e rehabilitado en 2009. O castro da Graña é un poboado castrexo, escavado na década de 1990.
A igrexa de Santo Antoniño de Toques é un templo románico do século XII.
O concello está atravesado pola vía primitiva do Camiño de Santiago, que pasa polas parroquias de Vilouriz e Vilamor, uníndose en Melide ao camiño francés.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía do concello de Toques céntrase na gandaría vacún e no sector forestal.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Toques.
-
Vista do conxunto.
-
Forno dos Mouros, vista xeral. En primeiro termo o Camiño Real.
-
Igrexa parroquial de Santa Eufemia do Monte.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Toques
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Toques vexa: Lugares de Toques.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toques |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |