XXXTentacion
Jahseh Dwayne Ricardo Onfroy, nado en Plantation, Florida o 23 de xaneiro de 1998 e finado en Deerfield Beach, Florida o 18 de xuño de 2018, foi un rapeiro estadounidense máis coñecido polo seu nome artístico "XXXTentacion" ou sinxelamente "X".
Onfroy lanzou a súa primeira canción na plataforma de distribución de son SoundCloud en 2014.[1] XXXTentacion foi unha figura popular do chamado «SoundCloud rap» e o emo rap.[2] Á parte de ter un éxito póstumo á súa morte, tras chegar co seu tema «SAD!» ó número un de Billboard.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Onfroy naceu o 23 de xaneiro de 1998 en Plantation, Florida. Onfroy foi criado principalmente pola súa avoa Tiffany Rodes, debido á situación financeira da súa nai, en Pompano Beach, Florida e Lauderhill, Florida.[4] Onfroy era de orixe exipcia, india, alemá, xamaicana e italiana. Cando Onfroy tiña seis anos, apuñalou a un home que tentaba atacar á súa nai e finalmente foi posto nun programa xuvenil antes de ser obrigado a vivir coa súa avoa.
O interese de Onfroy na música comezou inicialmente despois de que a súa tía o convencese para comezar a asistir ó coro da escola e máis tarde ó coro da igrexa. Axiña o botaron do coro da escola, despois de atacar a outro estudante.[5] Onfroy foi expulsado da escola secundaria despois dunha serie de altercados. Posteriormente, a súa nai inscribiuno nos Sheridan House Family Ministries por máis de seis meses. Onfroy comezou a escoitar nu metal, hard rock e rap durante o seu tempo en Sheridan House, o que o levou a tentar aprender piano e guitarra.
Onfroy asistiu a Piper High School até o décimo grao. El describíase a si mesmo como un «inadaptado» durante ese tempo, citando o tranquilo que estaba a pesar de ser popular e participar regularmente en pelexas.[6][7]
Morte
[editar | editar a fonte]O 18 de xuño de 2018, Onfroy marchaba a unha concesionaria de motos en Deerfield Beach cando dous asaltantes lle dispararon dende unha SUV de cor escura nun aparente roubo.[8] As autoridades cren que houbo até tres coches seguindo a Onfroy antes de ingresar á concesionaria RIVA Motorsports. Testemuñas informáronlle á policía que os sospeitosos tomaron unha bolsa Louis Vuitton do seu vehículo.[9] O tiroteo ocorreu ao leste da cidade de Parkland; os sospeitosos fuxiron da escena.[10] O Departamento de Bombeiros do Condado de Broward levouno rapidamente a Broward Health North.[11] Inicialmente, informouse que Onfroy atopábase en estado crítico tras o tiroteo, e a Oficina do Xerife do condado de Broward confirmou posteriormente a súa morte.[12][13]
Discografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Why Is XXXTENTACION Getting All This Hype?".
- ↑ "The Rowdy World of Rap’s New Underground". ISSN 0362-4331.
- ↑ "XXXTentacion vuelve al #1 de las listas Billboard después de su muerte". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 09 de xullo de 2018.
- ↑ Burford, Corinna. "The Complete History (So Far) of XXXTentacion’s Controversial Career". Vulture (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2018.
- ↑ No Jumper (27 de abril de 2016). "No Jumper - The Xxxtentacion Interview". Consultado o 24 de febreiro de 2018.
- ↑ "Fresh Out Of Jail, XXXTentacion Calls Out Drake!! | K Foxx | 1035 The BEAT". Archived from the original on 03 de abril de 2017. Consultado o 09 de xullo de 2018.
- ↑ "XXXTentacion's 2017 XXL Freshman Freestyle and Interview - XXL".
- ↑ "Rapper XXXTentacion shot dead in Florida, police say".
- ↑ "TMZ". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2018. Consultado o 09 de xullo de 2018.
- ↑ "Report: XXXTentacion Dead Following Shooting".
- ↑ "Rapper XXXTentacion Shot Dead in Broward County".
- ↑ "XXXTentacion Reportedly Shot Dead in Miami".
- ↑ "Rapper XXXTentacion shot dead in Deerfield Beach".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: XXXTentacion |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)