William Huggins
Aparencia
William Huggins nado en Londres o 7 de febreiro de 1824 e finado o 12 de maio de 1910, foi un astrónomo británico.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Construíu un observatorio privado no número 90 de Tulse Hill, ao sur de Londres, onde realizou un amplo traballo de observación sobre as liñas de absorción e emisión espectral de varios corpos celestes. Foi o primeiro en distinguir entre nebulosas e galaxias, mostrando como algunhas (como Orión) teñen espectros característicos dos gases, mentres que outras, como Andrómeda, teñen espectros característicos das estrelas . Tamén foi o primeiro en intentar medir a velocidade radial das estrelas. Huggins presidiu a Royal Society entre 1900 e 1905.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Margaret Lindsay Huggins, que foi a súa colaboradora.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Huggins, William". Volume 2.
- ↑ Huggins, W. (1905-04-22). Address Delivered by the President, Sir William Huggins, K.C.B., O.M., F.R.S., at the Anniversary Meeting on November 30th, 1904. Royal Society of London.
- ↑ An able assistant. Cambridge University Press. 2011-02-17. pp. 170–191.