Tiso de Apolonia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | I milenio Esmirna, Turquía |
Morte | 251 Sozópolis, Turquía (pt) |
Causa da morte | decapitación tortura |
Actividade | |
Ocupación | Diácono |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 14 de decembro |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Tiso[1], ás veces Tirso[1] (en grego antigo: Θύρσος, romanizado: Thúrsos, literalmente «tirso», «contemplador»; en latín: Thyrsus), finado en Apolonia contra 251, é venerado como mártir cristián.
Haxiografía
[editar | editar a fonte]Foi asasinado pola súa fe en Apolonia, Frixia, durante a persecución do emperador Decio.
Leucio (Λεύκιος Leúkios) e Calínico (Καλλίνικος Kallínīkos) foron martirizados canda el. A tradición di que Tirso soportou moitas torturas e foi sentenciado a ser serrado pola metade. Porén, a serra non penetrou, pois volveuse tan pesada que os verdugos non puideron usala.
Leucio, despois de reprochar o gobernador Cumbricius, foi colgado, gradado nos seus costados e logo decapitado.
Calínico, sacerdote pagán, converteuse despois de ver o martirio de Tirso e tamén foi decapitado.
Veneración
[editar | editar a fonte]As reliquias de Tirso foron levadas a Constantinopla. Algunhas delas foron levadas a Francia. De feito, a catedral de Sisteron, nos Alpes de Alta Provenza, está consagrada a Notre-Dame et Saint Thyrse. No século XII tamén se lle dedicou a igrexa de Châteauponsac (na rexión de Lemosín).[2] O seu culto fíxose popular na Península Ibérica desde a Idade Media. Inicialmente coñecido como Santo Tirso, permaneceu así só en Portugal. En España é coñecido como San Tirso, ou Santiso en Galiza e Asturias.
Tirso tiña un oficio litúrxico completo no rito mozárabe.
Padroádego
[editar | editar a fonte]- Na provincia de León está a localidade de San Tirso. É tamén o patrón de Benazolve, Garaño, Lugán, Matueca de Torío, Sobrepeña, Villahibiera, Moldes, Sopeña de Carneros e Puebla de Lillo.
- Na provincia de Zamora é o patrón de Barrio de Rábano, Cervantes e Arquillinos. Nas localidades de Milla de Tera celébrase o día de Santo Tirso. En Dornillas ten dedicada unha ermida.
- Na provincia de Ourense é o patrón de Lardeira, Santa Cristina e Veigamuíños.
- En Arnedillo (A Rioxa) celébrase unha romaría á ermida do santo a última fin de semana de xaneiro.
- En Asturias existen varias vilas como Santiso de Abres e San Tisu.
- En Toñanes (Cantabria) atópase o templo parroquial de San Tirso.
- Na Serra de Cantabria (Áraba), a 1300 metros de altitude, está a ermida de San Tirso.
- En Portugal leva o seu nome unha cidade fundada polos beneditinos na Idade Media, no actual distrito do Porto.
Onomástica
[editar | editar a fonte]A Igrexa católica celebra a súa onomástica o 14 de decembro. En España, concretamente na Rexión de León, celébrase o 28 de xaneiro.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de san Tirso en Châteauponsac (Francia)
-
Interior da igrexa de San Tirso (Oviedo)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.
- ↑ "scarlet.be/amdg/sankt/jan28.html". amdg.be. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2007. Consultado o 18 de agosto de 2008.
- ↑ "T". Arzobispado de Mérida-Badajoz (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 5 de xullo de 2008. Consultado o 8 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tiso de Apolonia |
- AUG.edu Augusta State University: foto dunha imaxe policromada de San Tirso sostendo unha serra, en Palas de Rei (Galiza
- AUG.edu Foto doutra escultura en pedra branca na Praza do Concello, en Palas de Rei
- SaintPatrickDC.org Santos do 28 de xaneiro: Thyrsus, Leucius e Callinicus