[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tina Modotti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTina Modotti

Tina Modotti fotografada por Edward Weston en 1921
Nome orixinal(it) Assunta Adelaide Luigia Modotti Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoAssunta Adelaide Luigia Modotti Mondini
16 de agosto (ou 17) de 1896
Udine, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1942 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfotógrafa, actriz de cinema, actriz de teatro, actriz, activista, modelo, artista Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarBrigadas Internacionais Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
América Latina en la Internacional Comunista 1919-1943 (en) Traducir
American Women Artists, Past and Present: A Selected Bibliographic Guide (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0595322 BNE: XX879857 Discogs: 2246821 WikiTree: Saltarini_Modotti-1 Find a Grave: 18403 Editar o valor en Wikidata


Tina Modotti, nada en Udine o 16/17 de agosto de 1896 e finada na Cidade de México o 5 de xaneiro de 1942, foi unha fotógrafa italiana, modelo, actriz e activista política revolucionaria.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Giuseppe Modotti e Assunta Mondini, tivo catro irmáns. Aos 12 anos tivo que abandonar a escola e traballar nunha fábrica téxtil para axudar a súa familia. Aos 17 anos emigrou á cidade de San Francisco. No ano 1915 casou co poeta Roubaix de L'Abrie Richey. Despois desprazaríase a Hollywood, onde traballou pouco tempo como actriz. En 1921 Tina mantén unha estreita relación laboral co fotógrafo Edward Weston, con el traballou como modelo, ademais de aprender del fotografía e de aí comezar a desenvolver a súa propia obra.

Entre os anos 1923-1930 permanecerá en México, converténdose en activista revolucionaria, ademais de se asociar co Partido Comunista Mexicano en 1927. México será o lugar onde realizará a maior parte da súa obra e onde se converterá en activista revolucionaria.[1] Tivo amizade con artistas como: Antonieta Rivas Mercado, Diego Rivera, David Alfaro Siqueiros, José Clemente Orozco, Blanca Luz Brum, Vittorio Vidali, Nahui Ollin, María Tereza Montoya e Frida Kahlo.[2] Colaborou co Partido Comunista Mexicano en 1927.[3] Apoiou activamente a loita de Augusto César Sandino e axudou a fundar o primeiro comité antifascista italiano. En 1928 coñece a Julio Antonio Mella, dirixente estudantil cubano, cando se forma o comité en apoio aos anarquistas Sacco e Vanzetti.

Julio Antonio Mella foi asasinado a noite do 10 de xaneiro de 1929 na esquina de Abraham González con Morelos, de dous tiros de revólver calibre 38.[4] Tina foi detida porque foi considerada baixo o suposto de que coñecía o asasino ou era a súa cómplice, ao final isto só funcionou como unha manobra para despistar. A policía, non obstante, decidiu descartar as declaracións de tres testemuñas en favor da de Modotti debido a que era «imposíbel que uns veciños visen o que din que viron o xoves un pouco despois das nove, xa que a lúa era moi pequena e baixa...». Máis tarde foi liberada sen cargos.[5]

En 1934 partiu cara a España. Durante a Guerra Civil Española alistouse no Quinto Rexemento e traballou nas Brigadas Internacionais, co nome de María ata a fin da guerra. Margarita Nelken, nunha das gabanzas que se fan da súa actividade, relata como atendía os nenos que chegaron a Almería tras o éxodo do pobo de Málaga que se viu acosado durante o traxecto a pé polos bombardeos das forzas franquistas.

En 1939 regresou como asilada a México, onde continuou a súa actividade política, a través da Alianza Antifascista Giuseppe Garibaldi. En 1940, o presidente Lázaro Cárdenas anulou a súa expulsión. Morreu dun ataque cardíaco o 5 de xaneiro de 1942 no interior dun taxi.

Xunto con Weston, foi mentora do fotógrafo mexicano Manuel Álvarez Bravo. A escritora mexicana Elena Poniatowska escribiu unha biografía novelada intitulada "Tinísima". Víctor Hugo Rascón Banda escribiu unha obra de teatro chamada "Tina Modotti".

O interese que proxectou Modotti nas súas obras foi un reflexo do compromiso ideolóxico que tiña cara aos grupos sociais máis vulnerábeis, exercendo o seu labor como editora e fotógrafa para a revista Mexican Folkways e o xornal El Machete en 1924, este labor levaríaa a ser considerada como precursora do fotoxornalismo crítico en México. Logrou unha identificación inmediata con México e os seus habitantes que se ve reflectida na súa obra.[1]

O seu traballo foi captado por artistas como Diego Rivera e José Clemente Orozco, os que entre os anos 1927-1930[6] lle confiarían o labor de fotografar as súas obras, cuxo traballo representa certo valor histórico, ao testificar a realización das obras destes dous muralistas mexicanos.

Segundo Manuel Álvarez Bravo, Tina Modotti tivo dous períodos: o romántico e o revolucionario. O primeiro, influenciado por Weston, onde fotografaba flores, obxectos e detalles arquitectónicos; e o segundo, xurdido en México, iniciando a súa relación co movemento de muralistas mexicanos para retratar o traballo destes artistas poñendo énfase tanto nos detalles como nos traballadores e nos indíxenas.[7] Ademais do seu traballo independente, captar imaxes de indíxenas e mestizos e documentar a loita social dos menos privilexiados con gran coidado na composición e o armado das escenas, mais sen poses nin actitudes forzadas.[8] Hai un período de transición no que se produciron algunhas das súas fotos máis memorábeis, como as mans dun campesiño agarrando unha pa ou as mans dunha lavandeira.[9]

Exhibicións fotográficas

[editar | editar a fonte]

O traballo de Modotti foi redescuberto nos Estados Unidos cando 90 fotografías clásicas foron exhibidas no Museo de Arte de Filadelfia en 1996. Martha Chahroudi, a comisaria do museo de fotografía, organizou a mostra. Para recadar fondos para a mostra, a cantante Madonna poxou o seu Mercedes-Benz 1963. Madonna tornouse a maior coleccionista do traballo de Modotti. Antes da presentación do seu traballo nos EUA, as fotografías de Modotti foran expostas en Italia, Polonia, Alemaña e Austria alén doutros países. A maior delas foi a Kunst Haus Wien o 30 de xuño de 2010 en Viena, Austria. Mostra con 250 imaxes moitas nunca antes expostas. A exhibición estivo baseada nas coleccións da Galería Bilderwelt, Berlín e Spencer Throckmorton, NYC e foron comisariadas por Reinhard Schultz.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Tina Modotti no filme The tiger's coat (1920)

Actuou en 3 películas:[10]

  • The Tiger's Coat (1920)
  • Riding with Death (1921)
  • I can explain (1922)

Durante este tempo, as actrices eran frecuentemente obrigadas a achegar os seus propios traxes e para eses filmes, Modotti que era unha hábil costureira, proveu chales extravagantes, capas de satén, suxeitadores adornados, boinas con plumas, pantalóns de harén e galas tinxidas artesanalmente.

Aparicións en obras de ficción

[editar | editar a fonte]

En 2002, estreouse a película Frida (2002), dirixida por Julie Taymor, na que Ashley Judd interpreta a fotógrafa. Un ano despois, o autor de banda deseñada español Ángel de la Calle, publicou o primeiro volume da biografía Modotti, una mujer del siglo XX, cuxa segunda e última parte viu a luz en 2007.[11]

  1. 1,0 1,1 http://museografo.com/tina-modotti-fotografa-y-luchadora-social/ Arquivado 15 de marzo de 2015 en Wayback Machine.. Penélope Yara. Tina Modotti: fotógrafa y luchadora social. Data de acceso: 5 de xaneiro de 2015. data: 19 de setembro de 2013
  2. Rodríguez y Méndez de Lozada, Nieves. Las fotografías inéditas de Tina Modotti. Publicación: Anales del Instituto de Investigaciones Estéticas. 2008. Volume=30. Número=93. Páxinas=213-224. http://www.scielo.org.mx/pdf/aiie/v30n93/v30n93a9.pdf Data de acceso: 5 de marzo de 2016
  3. Saborit, Antonio. Una mujer sin país. Las cartas de Tina Modotti a Edward Weston, 1921-1931 Editorial=Cal y Arena. Isbn=9789684932296. México. (En español)
  4. Cuba: ¿Un complot internacional de mentirosos?
  5. La Jornada. La mujer en el techo.
  6. González Cruz, Maricela. Tina Modotti y el muralismo mexicano. https://books.google.com.mx/books?id=Z5DfZYCfiWwC&printsec=frontcover&vq=%22Tina+Modotti%22&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q=%22Tina%20Modotti%22&f=false. 1999. Ed. IIE-UNAM. México. isbn=9683669255, 9789683669254. Consultado o 4-03-2016.
  7. González Cruz Manjares, Maricela. Tina Modotti y el muralismo, un lenguaje común. Anales del Instituto de Investigaciones. 2001. Número=78. Páxinas=175-181. http://www.analesiie.unam.mx/pdf/78_175-188.pdf Arquivado 10 de xullo de 2007 en Wayback Machine.. Consultado o 5 de marzo de 2016}}
  8. Modotti, Tina. Tina Modotti. Una fotógrafa revolucionaria. 2013. Ed. Ocean Sur. Isbn=9781921700699
  9. http://oscarenfotos.com/2014/03/29/tina-modotti-leyendo-la-leyenda/#_edn12 Óscar Colorado Nates. Leyendo la leyenda: Tina Modotti Consultado o 6 de xaneiro de 2015.
  10. http://www.imdb.com/name/nm0595322// Arquivado 21 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. Tina Modotti. Consultado o 5 de xaneiro de 2015. IMDb. Arquivo: http://web.archive.org/web/ http://www.imdb.com/name/nm0595322// Arquivado 21 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.. Data do arquivo: 24 de novembro de 2015
  11. Darias, Manuel (02/05/2010). Ángel de la Calle, Diario de Avisos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

En español:

En inglés: