[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tejeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTejeda
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 27°59′51″N 15°36′50″O / 27.9974, -15.6139
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaLas Palmas Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.844 (2023) Editar o valor en Wikidata (17,85 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie103,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.050 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFrancisco Juan Perera Hernandez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal35... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE35025 Editar o valor en Wikidata

Páxina webtejeda.es Editar o valor en Wikidata

Tejeda é un concello das Illas Canarias, na provincia das Palmas, no centro da illa de Gran Canaria. Segundo o INE, en 2013, o concello tiña unha poboación de 2028 habitantes.

No actual municipio desenvolveuse unha agrupación indíxena con centro no roque Bentayga, celeiro-fortaleza dende a que se controlaba a caldeira de Tejeda ao completo. Este lugar foi un dos últimos focos de resistencia durante as batallas que se libraron para a conquista da illa, soportando un asedio de varias semanas.

O municipio tivo saída ao mar ata o ano 1815, cando a parte sur do municipio se escinde administrativamente de Tejeda, pasando a formar un municipio independente coa denominación de Mogán.

A escaseza da auga para o regadío, foi unha dificultade para o crecemento económico, e o desenvolvemento dunha actividade agrícola que permitise o establecemento dun núcleo de poboación aínda maior. A forma xeolóxica do val permite que a auga recollida durante o inverno verta rapidamente en dirección oeste, cara ao municipio de La Aldea de San Nicolás pero a cota na que se encontra o pobo non permite un mellor aproveitamento da auga para os cultivos locais.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Ano Poboación
1991 2.361
1996 2.552
2001 2.400
2002 2.402
2003 2.351
2004 2.374
2006 2.286
2007 2.239