[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

La Oliva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLa Oliva
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 28°37′00″N 13°56′00″O / 28.6167, -13.9333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaLas Palmas Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación29.099 (2023) Editar o valor en Wikidata (81,71 hab./km²)
Xeografía
Superficie356,13 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude219 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1500 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataClaudina Morales Rodriguez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal35640 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE35014 Editar o valor en Wikidata

Páxina weblaoliva.es Editar o valor en Wikidata

La Oliva é un municipio español pertencente á provincia das Palmas, nas Canarias. Está situado no norte da illa de Fuerteventura. La Oliva foi a capital da illa ata 1880.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Montaña de Tindaya.

Neste municipio atópanse dous parques naturais, o Parque Natural de Corralejo, que inclúe as súas singulares dunas, e o Parque Natural do Illote de Lobos, que comprende a illa de Lobos en toda a súa extensión, que lle pertence administrativamente.

A Montaña de Tindaya, un dos principais xacementos de manifestacións rupestres da illa, era considerada máxica polos guanches.

A vexetación do municipio está caracterizada pola matogueira espinos (como a aulaga ou a matamoros).

Destacan as praias do Cotillo e Corralejo o que permitiu o desenvolvemento turístico do municipio. Nas súas costas danse as condicións necesarias para a práctica de deportes como o surf, o windsurf, submarinismo etc.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Os principais núcleos de poboación son Corralejo (13.618 habitantes), Villaverde (1.525 habitantes) e La Oliva (1.295 habitantes) (INE 2008).

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
2.464 2.287 1.964 2.250 3.790 10.578 22.351

Lugares de interese cultural

[editar | editar a fonte]
  • Casa de los Coroneles: fundada en 1650, en tempos señoriales, o edificio albergaba aos coroneis das milicias. Ostentaban o poder militar e a partir do século XVIII tamén o civil.
  • Casa de la Cilla: antigo almacén, actualmente é sede do Museo do gran. Este museo está dedicado ás tarefas agrícolas ao redor da obtención do gran.
  • Monumento a Unamuno: Miguel de Unamuno estivo desterrado uns meses en Fuerteventura en 1924. É obra do escultor Juan Borges Linares e está situada en Montaña Queimada.
  • Centro de Arte Canario: expón arte contemporánea desenvolvido por artistas canarios.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]