[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sinestesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A sinestesia é un tropo que consiste en mesturar elementos que se corresponden con percepcións de diferentes sentidos "fría mirada" ou tamén sentimentos con percepcións sensoriais (visuais, olfactivas, gustativas...) como "amarga vitoria", "doce vinganza".

Dous exemplos tirados da literatura galega poderían ser as frases: "Primaveras amargas" ou ben "áxiles cadros", da pluma de Manuel Antonio, na súa obra de poesía de vangarda titulada De catro a catro.

Na obra Ás de bolboreta (2009) de Rosa Aneiros, podemos atopar un parágrafo construído sobre a figura da sinestesia aplicada para a descrición da voz de Ana, unha das personaxes:

Roberto [...] turraba con intensidade bisemanal na teima de escoitar a voz de Ana [...]. Tan só polo pracer de oír a súa voz de veludo vermello cerimonia e tacto de herba fresca de onda o río. Solemne e orgullosa como un fío de auga que escorrega lentamente polos sucos de po dunha fiestra entreaberta.[1]
  1. Rosa Aneiros (2009). Ás de bolboreta. p. 80. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]