Selección de fútbol sub-23 de España
España | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | |||
Confederación | {{{Confederación}}} | ||
Código FIFA | ESP | ||
Alcume | |||
Clasificación FIFA | {{{Ranking}}} | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | |||
Máis encontros | Luis Enrique (14) | ||
Máximo goleador | Kiko Narváez (7) | ||
Estrea internacional España España 0 - 3 Iugoslavia Novi Sad, Iugoslavia; 18 de xuño de 1969 | |||
Maior vitoria España España 5 - 0 Libia El Ejido, España; 1 de xullo de 2005 | |||
Maior derrota España España 0 - 4 Arxentina Birmingham, Estados Unidos; 27 de xullo de 1996 |
A selección de fútbol sub-23 de España, tamén coñecida como selección olímpica, é o equipo de fútbol representativo de España na categoría de idade igual ou menor aos 23 anos. Dende 1992 é o equipo encargado de representar a España nos Xogos Olímpicos.
Xestionado pola Real Federación Española de Fútbol, é a continuación da selección sub-21, que disputa en ano preolímpico o Europeo clasificatorio para as Olimpíadas, obtendo praza se finaliza entre os catro primeiros postos. Ambas selecciones comparten corpo técnico, conformando o último paso das categorías inferiores da selección nacional. Para os Xogos Olímpicos, a normativa permite a inclusión de tres futbolistas maiores de 23 anos.
España participou en catro Xogos Olímpicos desde 1992, logrando o oro en Barcelona 1992 e a prata en Sydney 2000 e Toquio 2020.
Historia
[editar | editar a fonte]A selección sub-23 de España naceu en 1969, como selección filial da selección absoluta. Disputou o seu primeiro partido fronte a Iugoslavia na Challenge Cup de selecciones sub-23, competición precursora da Eurocopa sub-21.[1]
Sete anos despois, en 1976, produciuse un cambio na denominación para competicións da UEFA, pasando a ser a selección sub-21 a encargada de participar no Europeo da categoría e converténdose no filial da selección absoluta.[2] Con todo, desde 1992, a categoría sub-23 pasou a ser a categoría olímpica para o fútbol, sendo a selección sub-23 a encargada de representar a España cada catro anos nos Xogos Olímpicos.
Xogos Olímpicos de 1992
[editar | editar a fonte]O adestrador László Kubala fixo as funcións de seleccionador durante os partidos amigables de preparación para os Xogos Olímpicos de 1992, os primeiros disputados por selecciones sub-23 trala nova normativa do COI. Unha vez se chegou á concentración en Cervera de Pisuerga e á competición propiamente dita, o seleccionador nacional Vicente Miera colleu as rendas do equipo, con Kubala como axudante, e cun grupo que incluía destacados xogadores como Cañizares, Guardiola, Amavisca, Luis Enrique ou Manjarín..[3]
Tras lograr comodamente o primeiro posto na fase de grupos, España eliminou a Italia de Cesare Maldini nos cuartos de final e a Ghana nas semifinais. Na final, disputada no Camp Nou, o equipo español derrotou a Polonia por 3-2, cun gol de Abelardo e dous de Kiko, facéndose así coa primeira medalla de ouro olímpica en fútbol da súa historia.[4]
Xogos Olímpicos de 1996
[editar | editar a fonte]Nos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta, España defendía o ouro logrado catro anos antes en Barcelona, actuando como técnico o seleccionador da absoluta, Javier Clemente. Durante este torneo permitiuse por primeira vez a inclusión de tres futbolistas maiores de 23 anos. O equipo español rematou a fase de grupos na segunda posición, empatado a 7 puntos coa primeira clasificada, Francia. Nos cuartos de final enfrontouse á Arxentina, na que destacaban futbolistas como Simeone, Ariel Ortega, Claudio López, Javier Zanetti ou Hernán Crespo. O conxunto ibérico conseguiu manter o empate sen goles na primeira parte, pero na segunda encaixou catro goles, caendo así eliminada.[5]
Xogos Olímpicos de 2000
[editar | editar a fonte]Nos Xogos Olímpicos de 2000 España eliminou nos cuartos de final a Italia e nas semifinais aos Estados Unidos, volvendo así a unha final oito anos despois, cunha nómina de xogadores entre os que estaban futuros campións do mundo como Xavi, Puyol, Marchena ou Capdevila. Na final, disputada contra o Camerún no Estadio Olímpico de Sydney, o resultado foi de empate a dous despois do tempo regulamentario e da prórroga. Na posterior quenda de penaltis, os cameruneses saíron vencedores, despois de non fallar ningún lanzamento.[6]
Xogos Olímpicos de 2012
[editar | editar a fonte]Tras non lograr a clasificación nin para Atenas 2004 nin para Pequín 2008, a selección española reapareceu nuns Xogos Olímpicos en Londres 2012. O combinado español, que contaba entre as súas filas con 3 xogadores que chegaban de proclamarse campións da Eurocopa ese mesmo verán (Jordi Alba, Javi Martínez e Juan Mata),[7] ficou encadrada no grupo D xunto ás seleccións do Xapón, Honduras e Marrocos. Con todo, non conseguiu gañar ningún dos tres partidos da primeira fase, dos cales só empatou un, quedando así última do grupo e eliminada. O fracaso do equipo español provocou a destitución do seleccionador Luis Milla, que foi substituído por Julen Lopetegui.[8]
Xogos Olímpicos de 2020
[editar | editar a fonte]España non logrou clasificarse para Río 2016, volvendo a unhas Olimpíadas en 2021, na edición adiada de Toquio 2020. Dirixido por Luis de la Fuente, o equipo español conseguiu o primeiro posto na fase de grupos e eliminou a continuación a Costa de Marfil e o Xapón. Acadou así unha nova final, onde se enfrontou ao Brasil capitaneado por Dani Alves, no estadio Internacional de Iocoama. Matheus Cunha adiantou aos brasileiros no tempo de desconto da primeira parte e Oyarzabal empatou na segunda parte. O partido foi á prórroga, decidíndose a favor do Brasil grazas a un gol de Malcom.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "UEFA European Under-21 Championship: full history". UEFA (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2022.
- ↑ "La evolución del Europeo sub-21". UEFA (en castelán). 28 de maio de 2021. Consultado o 9 de outubro de 2022.
- ↑ Martínez, Sergio (5 de agosto de 2017). "El oro de la selección española de fútbol en los Juegos" (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2022.
- ↑ "Polonia - España 1992". FIFA (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2022.
- ↑ "España cae con estrépito ante Argentina". El País (en castelán). 27 de xullo de 1996. Consultado o 9 de outubro de 2022.
- ↑ "España - Camerún 2000". FIFA (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2022.
- ↑ Silván, Nacho (3 de xullo de 2012). "Mata, Javi Martínez y Jordi Alba, en la lista previa para los Juegos". Marca (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2022.
- ↑ "Luis Milla, destituido en la sub 21". El Mundo (en castelán). 7 de agosto de 2012. Consultado o 9 de outubro de 2022.
- ↑ "Brasil - España 2020". FIFA (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial da selección sub-21 (en castelán).