[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Scotiabank Arena

Scotiabank Arena
Scotiabank Arena
Datos
Coordenadas43°38′36″N 79°22′45″O / 43.643333333333, -79.379166666667
LocalizaciónToronto, Ontario Canadá
Construción
Inauguración19 de febreiro de 1999
ArquitectoBrisbin Brook Beynon
Custo$265 millóns USD
Estadio
Superficie62 000 m 2
CapacidadeHoquei: 18 819
Baloncesto: 19 800
PropietarioMaple Leaf Sports & Entertainment
OperadoraMaple Leaf Sports & Entertainment
LocalíaToronto Maple Leafs (NHL) (1999-presente)
Toronto Raptors (NBA) (1999-presente)
Toronto Rock (NLL) (2001-presente)
Toronto Phantoms (AFL) (2001-2002)
Webhttps://www.scotiabankarena.com/
Eventos
All-Star da NHL (2000)
editar datos en Wikidata ]

O Scotiabank Arena, a miúdo denominado simplemente coma SBA e coñecido anteriormente como Air Canada Centre, é un pavillón multifuncional situado en Toronto, Ontario. É a cancha de xogo dos Toronto Maple Leafs da NHL, e dos Toronto Raptors da NBA. O seu nome débese ao seu principal patrocinador, as liñas aéreas canadenses Air Canada.

O deseño do Scotiabank Arena realizouse pensando tanto no hóckey sobre xeo coma no baloncesto. Púxose a primeira pedra en 1997 e foi inaugurado o 19 de febreiro de 1999. O seu propietario é o mesmo que o do equipo da NHL dos Toronto Maple Leafs.

Os eventos máis significativos que se realizaron neste pavillón son o All Star da NHL en 2000 e a final do Campionato do Mundo de Hoquei de 2004.

Ademais, realizáronse infinidade de concertos de música, destacando os de Avril Lavigne, KISS, Aerosmith, Bon Jovi, Guns N' Roses, Depeche Mode, David Bowie, Hilary Duff, Coldplay, U2, Paul McCartney, Radiohead, Madonna, The Rolling Stones, Elton John, Oasis, Shakira, Metallica, Iron Maiden, Red Hot Chili Peppers, Billy Talent, e John Mayer.

O 9 de outubro de 2009 Kylie Minogue actuou por primeira vez no ACC así como no Canadá.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]