Sauber F1
Nome completo | Stake F1 Team Kick Sauber |
---|---|
Bandeira coa que compite | Suíza |
Base en | Hinwil, Zürich, Suíza |
Xefe de Equipo | Andreas Seidl (CEO) Alessandro Alunni Bravi (Conselleiro xeral) |
Director Técnico | James Key (director ténico) |
Pilotos | 24. Guanyu Zhou 77. Valtteri Bottas |
Pilotos de probas | Théo Pourchaire Zane Maloney |
Chasis | C44 |
Motor | Ferrari 066/12 |
Pneumáticos | P |
Debut | Gran Premio de Suráfrica de 1993 |
Carreiras | 483 (480 saídas)[N 1] |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 1[N 2] |
Pole positions | 1[N 3] |
Voltas Rápidas | 5[N 4] |
Puntos totais | |
Posición no campionato | 10ª (0 ptos.) |
Sauber Motorsport AG é unha empresa de enxeñería suíza de deporte de motor. Fundado en 1970 (como PP Sauber AG) por Peter Sauber, evolucionou das subidas de montaña á World Sports Car Championship ata chegar á Fórmula 1 en 1993. Sauber operou co seu propio nome desde 1993 ata 2005 e desde 2011 ata 2018. Participaron como BMW Sauber desde 2006 ata 2010 e como Alfa Romeo F1 Team de 2019 a 2023 nun acordo de colaboración con BMW e Alfa Romeo respectivamente. Sauber correrá como Stake F1 Team durante as tempadas 2024 e 2025,[1] e será o equipo de fábrica de Audi a partir de 2026.
Logo de non gañar ningú Gran Premio como independente, o equipo vendeuse a BMW en 2005, e competiu como BMW Sauber de 2006 a 2009, quedando segundo en 2007 e terceiro en 2008 no Campionato de Construtores, e anotando a súa única vitoria no Gran Premio do Canadá de 2008. Ao final da tempada 2009, pouco exitosa, BMW retirouse da Fórmula Un e o futuro do equipo permaneceu incerto durante varios meses, ata que vendeuse de novo a Peter Sauber e logrou unha participación para 2010. Con todo, debido ao Acordo da Concordia, o equipo permaneceu como "BMW Sauber" para a tempada 2010.[2][3] En marzo de 2010, Peter Sauber anunciou os seus plans para cambiar o nome do equipo durante a tempada, pero a FIA anunciou que tería que esperar ata o final da tempada para cambiar o seu nome.[4] Ao comezo da tempada de Fórmula 1 de 2011, o equipo retirou BMW do seu nome.
Ata mediados de 2016, Peter Sauber tiña unha participación de control do 66,6% no equipo, e o resto pertenecía á entón CEO Monisha Kaltenborn, ela foi a figura líder do equipo desde a retirada de BMW.[5] O equipo vendeuse durante a tempada 2016 á firma de investimento suíza Longbow Finance S.A, e Pascal Picci asumiu o papel de Peter Sauber como presidente do consello e presidente. Kaltenborn permaneceu como director do equipo e CEO de Sauber.[6] Audi comprou unha participación minoritaria no equipo en xaneiro de 2023 para preparar a súa entrada na Fórmula 1.[7]
A firma suíza de investimentos Longbow Finance S.A. é a actual propietaria maioritaria de Sauber. O equipo opera nunha instalación de 15.600 m² en Hinwil, Suíza.[8]
Automóbiles deportivos
[editar | editar a fonte]Peter Sauber comezou a construír coches deportivos na década de 1970. Logo de usar os motores turbocharged V8 de Mercedes nos anos 80, o seu equipo converteuse no equipo oficial da fábrica de Mercedes-Benz, revivindo a lenda das frechas de prata. Gañaron as 24 Horas de Le Mans e o Campionato Mundial de Sports Prototipos de 1989 e 1990, competindo contra Jaguar e Porsche. Entre outros, pilotos como Heinz-Harald Frentzen, Michael Schumacher, Karl Wendlinger, Jochen Mass, Jean-Louis Schlesser e Mauro Baldi correron para Sauber.
Sauber participou noutras series de carreiras antes da súa participación na Fórmula Un, incluíndo o Campionato de Sportscar de Suíza e o Campionato do Mundo de Sportscar. O primeiro coche de Sauber, o C1, construíuse en 1970. Sauber, en sociedade con Mercedes, gañou a carreira das 24 horas de Le Mans en 1989 e o Campionato de Sports Prototipos en 1989 e 1990 co Sauber C9 e Mercedes-Benz C11, respectivamente.
Sauber tamén construíu unha versión do Grupo 5 do BMW M1
Fórmula Un
[editar | editar a fonte]Inicios con Mercedes e Cosworth (1993 - 1996)
[editar | editar a fonte]Sauber comezou a competir con motores Mercedes durante as tempadas 1993 e 1994, pero despois de que Mercedes mercara parte de McLaren deixáronlles de proporcionar motores e Sauber chegou a un acordo para montar motores Cosworth durante as tempadas 1995 e 1996.
Sauber con Ferrari (1997 - 2004)
[editar | editar a fonte]O equipo mantiña estreitos vínculos con Ferrari, de xeito que moitos o consideraban un "terreo de probas" da escudería italiana. Sauber utilizaba motores deseñados por Ferrari, e caixas de cambio construídas por Sauber Petronas Engineering que eran practicamente idénticas as utilizadas pola escuadra do cavallino rampante.
O equipo suízo, anos atrás, licenciaba practicamente todos os compoñentes que se podían licenciar das máquinas de Ferrari, e ata tiña a varios enxeñeiros desta escudería no seu persoal. Moitos destacaron as notorias similitudes entre os chasis de Sauber e Ferrari, aínda que non existen acusacións oficiais respecto deste tema. (A FIA establece que cada equipo debe deseñar o seu propio chasis).
En resposta a todo iso, o equipo suízo resaltou o feito de que a escudería investiu unha importante cantidade de diñeiro nun túnel de vento a Hinwil, e nunha supercomputadora de alto rendemento destinada a mellorar a aerodinámica das súas actuacións.
Nos últimos tempos, os vínculos de Sauber con Ferrari víronse debilitados. O equipo de Peter Sauber aliñouse coas outras escuderías con respecto aos cambios de regulamento que se expuxeron ao final da tempada 2004. Por outra banda, dise que o equipo unirase ao Grand Prix World Championship, a categoría "paralela" á F1 planeada para os próximos anos.
Cambio de propietario (2005 - 2009)
[editar | editar a fonte]Ao non gañar ningún Gran Premio como independente, o equipo foi vendido a BMW en 2005, aínda que decidiu manter o nome por respecto aos fans, traballadores e ata o mesmo Peter Sauber , que continuou cun papel de asesor no novo equipo dirixido por BMW. O novo nome da escuadra é BMW Sauber. Competiu como BMW Sauber desde 2006 ata 2009, anotando unha vitoria. Ao final da tempada 2009, BMW retirouse da Fórmula 1 e o futuro do equipo foi incerto durante varios meses, ata que foi vendido de novo a Peter Sauber e aceptado para competir en 2010.
Retorno (2010 - 2015)
[editar | editar a fonte]Despois de que BMW anunciase a súa retirada da Fórmula 1 ao final da tempada 2009 Peter Sauber recomprou o equipo. Con todo, debido a problemas co Acordo da Concordia, o equipo mantívose como "BMW Sauber" para a tempada 2010. En marzo de 2010, Peter Sauber anunciou plans para cambiar o nome do equipo durante a tempada, pero a FIA anunciou que tería que esperar ata o final da tempada para cambiar o seu nome. O equipo confirmou a utilización dos motores Ferrari e que o xaponés Kamui Kobayashi ía ser un dos pilotos da tempada, xunto con Pedro Martínez de la Rosa. A finais de tempada Pedro Martínez de la Rosa foi substituído por Nick Heidfeld.
Na tempada 2011 os pilotos foron Kamui Kobayashi e Sergio Pérez. Pilotos que continuaronn na tempada 2012.
O 23 de novembro de 2012, anunciouse que Nico Hülkenberg, Esteban Gutiérrez e Robin Frijns eran os novos pilotos do equipo para a tempada 2013; Hülkenberg e Gutiérrez, como parte do equipo de carreiras, e Frijns como piloto de reserva.[9] O coche do equipo para o tempada será o C32, presentouse en Hinwil o 2 de febreiro de 2013.[10] As cores foron cambiadas e o coche é agora gris, similar aos coches de Sauber na década de 1990.[11]
Venda a Longbow Finance S.A (2016-presente)
[editar | editar a fonte]- 2016
O 23 de xullo de 2015, Sauber confirmou que Ericsson e Nasr continuarian en 2016.[12]
O 20 de xullo de 2016 anunciouse que a firma suíza de investimentos Longbow Finance comprara as accións de Peter Sauber e Monisha Kaltenborn na compañía, o que converteu a Longbow Finance no único propietario de Sauber. Pascal Picci tomou o papel de Peter Sauber como presidente do consello e presidente. Monisha Kaltenborn permaneceu como director de equipo e CEO de Sauber. Á adquisición de Longbow Finance seguiu unha serie de especulacións sobre o futuro de Sauber. O equipo estivera en problemas financeiros durante anos antes do cambio de propiedade, a miúdo non podendo pagar os salarios aos membros do equipo a tempo.[6][13]
Durante a tempada, o equipo só anotou puntos nunha ocasión. O noveno posto de Felipe Nasr no Gran Premio do Brasil de 2016, anotou dous puntos para o equipo, terminou décimo no Campionato de Construtores, un punto por diante de Manor.[14]
- 2017
O 11 de novembro de 2016, Sauber anunciou que Ericsson permanecería co equipo en 2017.[15] O 16 de xaneiro de 2017, o equipo anunciou a contratación de Pascal Wehrlein, substituíndo a Nasr.[16] Logo Wehrlein lesionouse nun accidente na Carreira de Campións de 2017, o terceiro piloto de Ferrari Antonio Giovinazzi tomou o seu lugar para a primeira proba de inverno.[17] Malia que Wehrlein estaba en condicións de participar no Mundial de Fórmula 1 para o Gran Premio de Australia de 2017, retirouse logo de participar nas dúas primeiras sesións de práctica, Giovinazzi substituíuno o resto da fin de semana de carreiras.[18] Giovinazzi substituíu de novo a Wehrlein para a seguinte carreira en China.[19] Días antes do Gran Premio de Acerbaixán de 2017, confirmouse que a primeira directora feminina do equipo de F1, Monisha Kaltenborn, deixaría do equipo. Foi substituída polo ex xefe do equipo Renault, Frédéric Vasseur.
Asociación con Alfa Romeo (2018-)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Alfa Romeo F1.
En abril de 2017, confirmouse que Sauber poñería fin ao seu contrato con Ferrari e comezaría un novo contrato coa Honda.[20] No entanto, o 27 de xullo de 2017 anunciouse que Sauber cancelara a súa asociación prevista con Honda para 2018 por "razóns estratéxicas".[21] O día seguinte, Sauber confirmou o seu novo contrato multianual con Ferrari para motores actualizados a partir de 2018.[22] O 29 de novembro de 2017, Sauber anunciou que asinaran un contrato de asociación técnica e comercial multi-anual con Alfa Romeo, polo que o equipo denominarase "Alfa Romeo Sauber F1 Team" para a tempada de 2018.[23]
O 2 de decembro de 2017 anunciouse que Charles Leclerc e Marcus Ericsson pilotarían para o equipo en 2018.[24] Tatiana Calderón ascendeu a piloto de probas, logo de ser a piloto de desenvolvemento do equipo en 2017.[25]
O 8 de abril no Gran Premio de Bahrein, Ericsson quedou noveno e conseguiu 2 puntos para o equipo cunha estratexia de única parada. Dúas carreiras máis tarde, Leclerc terminou sexto no Gran Premio de Acerbaixán, que foi a posición máis alta do equipo desde o Gran Premio de Australia de 2015. A carreira que seguiu en España viu a Leclerc rematando décimo e sumando puntos consecutivos. Foi a primeira vez que Sauber terminaba nos puntos en carreiras consecutivas desde 2015. Ao longo da tempada, Sauber terminaría nos puntos en 12 ocasións e conseguiría colocar os dous coches nos puntos dúas veces.
Sauber rematou a tempada cuns respectables 48 puntos, rematando na oitava posición no Campionato de Construtores. Tras a conclusión da tempada, a Ericsson non o renovaron para a tempada seguinte e Leclerc partiu para a Scuderia Ferrari.[26]
Alfa Romeo Racing/Equipo F1 (2019-2023)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Alfa Romeo na Fórmula Un#Asociación con Sauber (2019–2023).
2019
[editar | editar a fonte]En setembro de 2018, Sauber confirmou que Kimi Räikkönen cambiaría lugar con Charles Leclerc para a tempada 2019.[27] Tamén anunciouse en setembro de 2018 que Ericsson permanecería no equipo, pero como terceiro piloto e embaixador da marca.[28] Antonio Giovinazzi substituiría a Ericsson e conduciría xunto a Räikkönen para a tempada 2019.[29] O 1 de febreiro de 2019, Sauber anunciou que competiría na tempada 2019 como Alfa Romeo Racing[30] aínda que a propiedade, licenza de carreiras e a estrutura de xestión permanecerían sen cambios.[31]
A tempada 2019 foi unha boa tempada para Alfa Romeo: conseguiron 57 puntos e remataron oitavos no Campionato de Construtores.[32] Räikkönen logrou nove puntos durante a tempada 2019, con catro Top 10 consecutivos nas catro primeiras carreiras.[33] Giovinazzi só logrou catro puntos durante a tempada.
O momento máis destacado da tempada para o equipo chegou en Brasil. Despois dunha carreira chea de acción, unha colisión entre Alexander Albon e Lewis Hamilton fixo que os dous Alfa Romeo ascenderan ao top 5. Räikkönen terminou 4º e Giovinazzi terminou 5º,[34][35] conseguindo 22 puntos para o equipo e consolidando oitavo posto no Campionato de Construtores.
2020
[editar | editar a fonte]Räikkönen e Giovinazzi permaneceron no equipo despois dunha impresionante tempada 2019.[36] Ericsson decidiu centrarse totalmente na IndyCar en lugar de ser o piloto de reserva de Alfa Romeo.[37] Ericsson asegurou que mantería vínculos con Alfa Romeo e Sauber.[38] Alfa Romeo fichou a Robert Kubica para substituír a Ericsson despois de que fose liberado por Williams.[39] Isto tamén significaba que PKN Orlen se convertería no co-patrocinador do nome de Alfa Romeo.[40][41]
Despois de que se iniciase unha investigación contra a unidade de potencia, a FIA chegou a un acordo descoñecido con Ferrari, Haas e Alfa Romeo.[42] Os detalles deste acordo descoñécense, pero fíxose para dificultar o rendemento da unidade de potencia de Ferrari.[43]
A tempada 2020 non foi unha boa tempada para Alfa Romeo. Aínda que conseguiron manter o oitavo posto no Campionato de Construtores, só conseguiron oito puntos, 49 puntos menos dos que conseguiron en 2019. Durante toda a tempada, Räikkönen só rematou nos puntos dúas veces, e Giovinazzi tres. Os dous pilotos terminaron con catro puntos e terminaron nos postos 16º e 17º na clasificación de pilotos respectivamente.
2021
[editar | editar a fonte]Alfa Romeo retivo tanto a Räikkönen como a Giovinazzi con Kubica como piloto reserva para a tempada 2021. Antes do Gran Premio da Emilia Romaña, Alfa Romeo confirmou que Callum Ilott converteríase no seu piloto de probas. O acordo de unidades de potencia de Ferrari coa FIA rematara, o que significa que a unidade de potencia debería volver ao seu uso normal.
Alfa Romeo rematou noveno no Campionato de Construtores con 13 puntos. Räikkönen anotou 10 puntos ao rematar entre os 10 primeiros en catro ocasións, mentres que Giovinazzi anotou dúas veces para recoller os tres puntos restantes. Räikkönen deu positivo por COVID-19 antes do Gran Premio de Holanda, o que obrigou a non participar no evento, así como no Gran Premio de Italia unha semana despois. Kubica quedou 15º e 14º respectivamente.
2022
[editar | editar a fonte]Despois de que Räikkönen anunciase a súa retirada e o equipo decidise non renovar a Giovinazzi, o expiloto de Mercedes Valtteri Bottas e o novato Guanyu Zhou foron fichados para a tempada 2022. O equipo entrou na tempada como Alfa Romeo F1 Team.[44] O mellor resultado de Bottas foi o quinto posto en Imola e terminou décimo na clasificación xeral, mentres que Zhou anotou puntos en tres carreiras e ocupou o 18º posto na clasificación de pilotos.
2023
[editar | editar a fonte]Sauber puxo fin á súa relación con Alfa Romeo ao final da tempada 2023 tras decidir non renovar o acordo.[45] A parella de pilotos de Bottas e Zhou renovou para a tempada. O 13 de decembro de 2022, Andreas Seidl anunciouse como o novo director executivo de Sauber a partir de xaneiro de 2023, en substitución de Frédéric Vasseur.[46] En xaneiro de 2023, Alfa Romeo anunciou un acordo de patrocinio do nome para varios anos co casino en liña Stake, renomeando o equipo como Alfa Romeo F1 Team Stake.[47][48] O equipo tamén asinou un acordo de colaboración coa plataforma de transmisión en vivo Kick,[49] que é investido polo cofundador e propietario de Stake, Eddie Craven.[50] O nome e o logotipo de Kick substituiranse nos países onde os anuncios de xogos de azar e apostas deportivas non están permitidos por Alfa Romeo F1 Team Kick.[51]
Stake F1 Team (2024–2025)
[editar | editar a fonte]2024
[editar | editar a fonte]Sauber anunciou que Zhou e Bottas firmaron para a tempada 2024.[52][53] Sauber entrará na tempada como Stake F1 Team Kick Sauber (pero pasará a ser Stake F1 Team no día a díae), continuando os acordos de patrocinio asinados por Alfa Romeo con Stake e Kick na tempada anterior.[54][55] Kick tamén adquiriu os dereitos de nomeamento do chasis durante dúas tempadas, o coche de 2024 chamouse Kick Sauber C44.[56]
Equipo de fábrica de Audi (2026–)
[editar | editar a fonte]O 26 de outubro de 2022, anunciouse que Sauber competirá como o equipo de fábrica Audi a partir de 2026, utilizando a unidade de potencia de Audi.[57] En xaneiro de 2023, Audi anunciou a adquisición dunha participación minoritaria no Grupo Sauber.[7]
Resultados nas carreiras
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Resultados de Sauber na Fórmula 1.
(Grosa indica campionatos gañados.)
* Tempada en progreso.
* Alfa Romeo posuíu os dereitos de nomeamento de Sauber de 2019 a 2023. Non obstante, o nome oficial da empresa seguiu sendo Sauber Motorsport AG durante este tempo.
Monoprazas
[editar | editar a fonte]A seguinte galería mostra os diferentes modelos que usou Sauber Mercedes na Fórmula 1.
- 1993-1997
- 1998-2003
- 2004-2012
- 2013-2017
- 2018-presente
-
Sauber C37 (2018)
-
Sauber C44 (2024)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cooper, Adam (1 de xaneiro de 2024). "Renamed Stake F1 team reveals new logo". Motorsport.com (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2024.
A nova identidade marcouse orixinalmente na entrada da FIA o mes pasado como Stake F1 Team Kick Sauber. Esa segue a ser a súa identidade oficial completa, incluído o nome do chasis de Kick Sauber, pero a equipación suíza usará a versión curta no día a día.
- ↑ Elizalde, Pablo; Noble, Jonathan (31 de xaneiro de 2010). "BMW Sauber to retain name for now". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 31 de xaneiro de 2010.
- ↑ "FIA Formula One World Championship – Entry List". fia.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 3 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2010. Consultado o 3 de marzo de 2010.
- ↑ Noble, Jonathan (16 de marzo de 2010). "Sauber poised to request name change". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 17 de marzo de 2010.
- ↑ Elizalde, Pablo (16 de maio de 2012). "Peter Sauber transfers third of Group Sauber stake to CEO Monisha Kaltenborn". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 16 de maio de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 Noble, Jonathan (20 de xullo de 2016). "Sauber F1 team announces change of ownership". Motorsport.com (Motorsport Network). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2016.
- ↑ 7,0 7,1 Mehta, Amar (2023-01-30). "Formula 1: Audi buys minority stake in Sauber ahead of 2026 F1 entry". CNBC (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2023-01-31. Consultado o 2023-07-28.
- ↑ "Facilities". Sauber Group. Consultado o 14 de xullo de 2023.
- ↑ Benson, Andrew (23 de novembro de 2012). "Mexican Esteban Gutierrez signs on at Sauber". BBC Sport (BBC). Consultado o 23 de novembro de 2012.
- ↑ "February launch for new Sauber". Formula1.com (Formula One Administration). 3 de xaneiro de 2013. Consultado o 4 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Swiss launch for new-look Sauber C32". Formula1.com (Formula One Administration). 2 de febreiro de 2013. Consultado o 2 de febreiro de 2013.
- ↑ "Extensions of contracts with Marcus Ericsson and Felipe Nasr". Sauber F1 Team. 23 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2022. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ Kalinauckas, Alex (20 de xullo de 2016). "ANALYSIS: KALTENBORN REMAINS AT THE HELM AS SAUBER SECURES F1 FUTURE WITH NEW BACKERS". James Allen on F1 (James Allen). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2016.
- ↑ "2016 Constructors Standings". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Ericsson to stay at Sauber for 2017". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 21 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2016.
- ↑ "Wehrlein joins Sauber for 2017 season". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Giovinazzi to test for Sauber in place of Wehrlein". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 24 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de febreiro de 2017.
- ↑ Noble, Jonathan (25 de marzo de 2017). "Australian GP: Sauber F1's Pascal Wehrlein replaced by Giovinazzi". Autosport.com. Consultado o 25 de marzo de 2017.
- ↑ "Preview – 2017 Formula One Heineken Chinese Grand Prix & Gulf Air Bahrain Grand Prix". Sauber F1 Team. 3 de abril de 2017. Consultado o 6 de abril de 2017.
- ↑ "Honda confirms Sauber F1 engine deal for 2018". 30 de abril de 2017. Consultado o 30 de abril de 2017.
- ↑ "Sauber cancels planned Honda partnership". GPUpdate.net (en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2017.
- ↑ "Sauber confirms new Ferrari engine deal". ESPN.com. Consultado o 28 de xullo de 2017.
- ↑ "Alfa Romeo to return to F1 with Sauber". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés) (Formula One World Championship Limited). 29 de novembro de 2017. Consultado o 29 de novembro de 2017.
- ↑ "Honda confirms Sauber F1 engine deal for 2018". 30 de abril de 2017. Consultado o 30 de abril de 2017.
- ↑ "Tatiana Calderón becomes Test Driver of the Alfa Romeo Sauber F1 Team". Sauber F1 Team. 6 de marzo de 2018. Consultado o 6 de marzo de 2018.
- ↑ "Leclerc to replace Raikkonen at Ferrari for 2019". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2021-07-15.
- ↑ "BREAKING: Sauber Announces 2-Year Raikkonen Deal". EssentiallySports. 2018-09-11. Consultado o 2021-07-15.
- ↑ "Ericsson to remain with Sauber as third driver and ambassador". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2021-07-15.
- ↑ "F1 2019: Antonio Giovinazzi to partner Kimi Raikkonen at Sauber". Sky Sports (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2018.
- ↑ Collantine, Keith (febreiro 2019). "Alfa Romeo Sauber F1 Team becomes Alfa Romeo Racing". RaceFans. Consultado o 1 de febreiro de 2019.
- ↑ "Formula 1: Sauber renamed Alfa Romeo Racing from start of 2019 season". bbc.co.uk (BBC Sport). BBC News. 1 de febreiro de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2019.
- ↑ "Standings". Formula1.com (en inglés). Consultado o 2021-07-15.
- ↑ "Raikkonen: 'Not a lot went according to plan this season'". Crash (en inglés). 2019-06-05. Consultado o 2021-07-15.
- ↑ "Amazing Alfa's Brilliant Brazilian Grand Prix" (en inglés). 2019-11-19. Consultado o 2021-07-15.
- ↑ "F1 Results - 2019 Brazilian Grand Prix". BBC Sport (en inglés). Consultado o 2021-07-15.
- ↑ "Giovinazzi staying in unchanged Alfa Romeo lineup for 2020". Reuters (en inglés). 2019-11-04. Consultado o 2021-07-15.
- ↑ Grandprix.com. "Ericsson's F1 role to change for 2020". www.grandprix.com (en inglés). Consultado o 2021-07-15.
- ↑ "Marcus Ericsson to take another step away from F1!". www.gpblog.com (en inglés). Consultado o 2021-07-15.
- ↑ Cowper, Sian (2020-01-01). "Alfa Romeo names Kubica as reserve driver". 3Legs4Wheels (en inglés). Consultado o 2021-07-15.
- ↑ "ORLEN becomes Title Sponsor of Alfa Romeo Racing - PKN ORLEN". www.orlen.pl. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-15.
- ↑ Khorounzhiy, Valentin (1 de xaneiro de 2020). "Alfa Romeo F1 team rebranded as Kubica joins in reserve role". motorsport.com. Consultado o 1 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Why the FIA struck a confidential deal over Ferrari's power unit · RaceFans". RaceFans (en inglés). 2020-03-02. Consultado o 2021-07-15.
- ↑ "FIA reaches agreement with Ferrari after power unit investigation · RaceFans". RaceFans (en inglés). 2020-02-28. Consultado o 2021-07-15.
- ↑ Tudose, Sergiu (2022-01-21). "Alfa Romeo F1 Unveils New Team Name and Logo for Upcoming 2022 Season". autoevolution (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2022-01-22. Consultado o 2023-07-28.
- ↑ "Alfa Romeo to end Sauber partnership at end of 2023 season". www.formula1.com (en inglés). 26 de agosto de 2022. Arquivado dende o orixinal o 4 de febreiro de 2023.
- ↑ "McLaren boss Andreas Seidl joins Sauber as Chief Executive Officer". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2022-12-13.
- ↑ "Record-breaking title partnership sees launch of Alfa Romeo F1 Team Stake for 2023 and beyond". Sauber Group (en inglés). 2023-01-27. Arquivado dende o orixinal o 2023-01-27.
- ↑ Wood, Will (2023-01-27). "Crypto betting firm Stake join Alfa Romeo as former sponsor Orlen moves to AlphaTauri · RaceFans". RaceFans (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-02-15.
- ↑ "Alfa Romeo F1 Team Stake is now live on stream with KICK.com". Sauber Group (en inglés). 2023-01-27. Arquivado dende o orixinal o 2023-01-27.
- ↑ Liao, Shannon (2022-12-06). "Top Twitch creator endorses platform connected to crypto gambling site". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2023. Consultado o 23 de agosto de 2023.
- ↑ Rathore, Nischay (2023-02-02). "Sponsorship Trouble Forces Alfa Romeo to Play the Sneaky Game in 2023 F1 Season". EssentiallySports. Arquivado dende o orixinal o 9 de xullo de 2023. Consultado o 2023-07-09.
- ↑ "Alfa Romeo F1 Team Stake pays tribute to the new Alfa Romeo 33 Stradale with dazzling Monza livery". Sauber Group (en inglés). 2023-09-14. Consultado o 2023-09-14.
- ↑ Benson, Andrew (2023-09-14). "Alfa Romeo retain Bottas and Zhou for 2024". BBC Sport (en inglés). Consultado o 2023-09-14.
- ↑ Cooper, Adam (2023-12-15). "Sauber to run under Stake F1 Team name in 2024-25". Motorsport.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2023-12-15. Consultado o 2023-12-15.
- ↑ Cooper, Adam (2024-01-01). "Renamed Stake F1 team reveals new logo". Motorsport.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2024-01-01. Consultado o 2024-01-01.
- ↑ "Streaming giant, Kick.com, secure Sauber Motorsport chassis naming rights for 2024 and 2025". Sauber Group (en inglés). 2023-12-15. Arquivado dende o orixinal o 2023-12-15. Consultado o 2023-12-15.
- ↑ "Audi and Sauber confirm partnership from 2026 Formula 1 season". Sky Sports (en inglés). 26 de outubro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2022. Consultado o 2023-07-28.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ A cifra total inclúe 70 carreiras nas que o equipo competiu como BMW Sauber.
- ↑ O equipo gañou a súa única carreira como BMW Sauber.
- ↑ O equipo logrou a súa única pole position como BMW Sauber.
- ↑ A cifra total inclúe 2 voltas rápidas logradas como BMW Sauber.
- ↑ Sauber dropped Broker as title sponsor mid-season.
- ↑ BMW remained in the team's official title due to issues with the Concorde Agreement.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sauber F1 |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxinaoficial Arquivado 12 de xuño de 2016 en Wayback Machine. (en inglés) (en alemán)
- Sauber team profile on BBC Sport
- Sauber team page on skysports.com